Baixo o lema "Rosalía tamén é nosa" O EDLG do noso centro, en colaboración co departamento de Lingua Galega, organiza diversas actividades para conmemorar o 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro. Do 18 ao 22 de febreiro haberá lectura de poemas por profesorado e alumnado voluntario na biblioteca do centro. Ademais, o xoves 21 celebraremos un concurso de recitado durante o segundo recreo na biblioteca do centro (bases aquí.) O mércores 20, o alumnado de 3º ESO participará nun roteiro poético do IES do Milladoiro a Ortoño, onde Rosalía pasou parte da súa infancia. Durante o percorrido realizarán fotos e gravacións coas que posteriormente editarán vídeos con poemas de Rosalía. Estes serán compartidos nas redes co cancelo #RosalíaTaménÉNosa e na rede do concello de Ames. O venres 22, o alumnado de 3º ESO súmase á iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega e realizará unha mani-FESTA-ción simbólica, na que amosará con pancartas como a obra de Rosalía segue tendo vixencia, denunciando inxustizas con versos de Rosalía. Primeiras lecturas de poemas de Rosalía na nosa biblioteca.
|
|||