O luns 13 de maio tivo lugar na Biblioteca do centro a entrega de premios aos gañadores da VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo. Na categoría reservada ás receitas de cociña francesa as gañadoras foron Nerea, Lorena, Eva e Ari de 1ºESO B e C, que obtiveron o 1º premio de prato doce cos seus Macarons. As alumnas Laura e Nerea, de 3ºESO D, obtiveron o segundo premio cun Île flotante. A receita Cordon Bleu, realizada polas alumnas de 3º ESO A Valentina e Annabelle, obtivo o primeiro premio de prato salgado nesta categoría. Pola súa banda, na categoría de cociñas do mundo, o galardón foi para o Cheesecake con forma de tomate de Uxío López, de 2º de Bacharelato. Margarita Porto, profesora de tecnoloxía do centro, acadou o premio destinado ao profesorado coa receita Croque Monsier. Os premios para o alumnado son vales canxeables por material escolar ou libros. |
|||