A biblioteca do IES do Milladoiro sumouse unha vez máis á conmemoración do Día das Bibliotecas, que desde 1997 se celebra o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola “Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil” á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. O lema deste ano,"Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!. |
|||