Ola a todos. Imos a intentar manter un ritmo de traballo e para sentirnos mellor dentro das posibilidades de cada un, faremos algo de exercicio. Para TÓDOLOS NIVEIS: 1.- Mándovos uns enlaces que nos poden servir de axuda para facer exercicio na casa. Isto nos axudará a superar no terceiro trimestre a proba de resistencia. · https://www.youtube.com/watch?v=EvhtTOzWxHM&feature=youtu.be · https://www.youtube.com/watch?v=Zcr7PAZNEy0&feature=youtu.be · https://www.youtube.com/watch?v=eWjd8C2SB0Y&feature=youtu.be · https://www.youtube.com/watch?v=3ggir4HiG6U&feature=youtu.be
2.- Investigación e recompilación de actividades, retos motrices que se poidan facer co propio peso e actividades na casa como por exemplo, zigzag entre obstáculos (latas de refrescos), cunha pelota pequena ou ben exercicios con raquetas de praia , exercicios de puntería etc. Importante a imaxinación. 3º DE ESO. A-B-C Quedounos pendente o traballo en grupo de “Acrosport”. Nestes días debemos seleccionar figuras que faremos a volta en grupo de cara a elaboración do vídeo con todas e que por falta de tempo non se fixo.
4º DE ESO. Ide buscando e practicando pasos de “Aerobic” para elaborar a coreografía grupal correspondente o contido do terceiro trimestre.
1º BACHARELATO. Para o alumnado de primeiro de bacharelato, non esquezades a sesión que lle corresponde a cada parella para o terceiro trimestre seguindo a mesmas normas que xa tiñamos no segundo, (obxectivo, modelo de sesión, tres partes ben detalladas etc.) Se tendes dubidas podedes contactar comigo no seguinte correo. ed.fisica.milladoiro@gmail.com E o mais importante de todo, coidádevos. Esperamos que isto remate pronto. |
|||