Convocamos ás familias do alumnado que participará na excursión a Andorra a unha reunión informativa o martes 16 de xaneiro de 2018 ás 18:15 no salón de actos do noso centro.
Nela daremos as últimas recomendacións. Recordamos:
- Todas as comidas están incluídas, agás as das viaxes de ida e de volta en autobús. É recomendable, polo menos á ida, levar uns bocadillos da casa.
- Documentación. Non é obrigatorio o pasaporte. O alumnado que non o teña, debe levar o seu DNI e o permiso ou autorización para a viaxe que hai que solicitar na Garda Civil. Para solicitalo, o pai, a nai ou o titor legal do alumno ou alumna debe acudir ao cuartel da Garda Civil co seu DNI, o do alumno en cuestión e o libro de familia. Nos casos de separación ou divorcio deben acudir os dous proxenitores.
- Aínda que é recomendable, non é necesaria a tarxeta sanitaria europea, pois o seguro cobre os posibles gastos médicos. Se alguén quere levala, debe pedila na Seguridade Social. É gratuíta. Andorra ten un acordo coa Seguridade Social española, polo que acepta a tarxeta sanitaria europea. (Pódese pedir por internet: aquí).