Na ESO, dende o 6 ata o 22 de xuño do 2022 o Departamento de Tecnoloxía chegou ao acordo de deseñar para estes días dous tipos de actividades: • unhas actividades de reforzo para o alumnado que non alcanzaron a nota mínima necesaria para aprobar a materia; é dicir, que non alcanzaron as competencias mínimas propostas na programación. • Outras actividades de ampliación para aquel alumnado que si acadaron as competencias. Ao final da realización das actividades de reforzo se fará unha proba para comprobar que dito alumnado adquiriu as competencias non acadadas anteriormente. A nota final do alumnado pendente, nas avaliacións que ten suspensas, terá en conta tanto as actividades realizadas na aula durante nese período (20% da nota) como a nota sacada na proba obxectiva que se realizará ao final de ditas actividades (80% da nota). Con respecto ao alumnado que xa ten aprobada a materia, nestes días se realizarán actividades de ampliación que poden subir a nota ata un máximo de 0,5 puntos sobre a nota final xa obtida. No Bacharelato, como hai proba extraordinaria en xuño a programación non se modifica. |
|||