Do XIX ao XXI: Mani-FEST-acción simbólica contra as inxustizas

Rematamos as actividades de homenaxe a Rosalía cunha proposta que fixo a Asociación de Escritores da Lingua Galega: unha Mani-FEST-acción simbólica para mostrar como moitas das inxustizas sociais que reivindicaba Rosalía no século XIX continúan vixentes hoxe. Aproveitando versos da poeta, o alumnado de 3º ESO realizou unhas pancartas para a nosa particular mani-FEST-acción no IES que rematou cun fotocol na entrada do centro, onde se deixaron pegadas as cartolinas na última semana de febreiro.