Que é o EDLG? O EDLG é o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, órgano que debe existir en todos os centros de ensino desde o ano 1991. A lexislación actual (Decreto para o plurilingüismo 79/2010, artigo 15) regula a súa composición e funcionamento. Obxectivos do EDLG O EDLG ten como misión organizar actividades para fomentar o uso da lingua galega en toda a comunidade educativa. No IES do Milladoiro deseñamos unha programación con obxectivos a nivel de centro, alumnado, profesorado e familias. Destacamos: - Fomentar o uso progresivo da lingua galega na comunidade educativa - Dignificar o galego e eliminar prexuízos cara a el - Garantir o mantemento do galego para a comunidade galegofalante - Ofrecer espazos de aprendizaxe e uso para a comunidade non galegofalante Quen conforma o EDLG? Todo EDLG debe estar formado por profesorado, alumnado e persoal non docente. No IES do Milladoiro, no momento da súa constitución, conta coas seguintes persoas (que poden ir incrementándose conforme avanza o curso): Profesorado: Ardariz, Sofía (Francés) Fernández, Maruxa (Lingua galega) Formoso, Valentina (Lingua galega)- Coordinadora Otero, Beatriz (Lingua castelá) Alumnado: Iago Blanco- 1º ESO C Marta Méndez- 1º ESO C Andrea García. 1º ESO C Paula Quinteiro- 1º ESO C Iria Ferreiro Castro- 1º ESO B Damián del Río- 1º ESO D Sofía Paola Chang Gómez- 1º ESO B Manuel Caamaño- 3º ESO D Carolina Montoto- 3º ESO D
Persoal non docente: Jesús Dono Quintela
Nota: Calquera persoa que se queira sumar ao EDLG só ten que comunicarllo a calquera das profesoras que integran o Equipo. Espazo EDLG: O lugar de reunión e traballo co alumnado vai ser a Aula de desdobres 2 (Planta 0)
|
|||