Educación Relixiosa

A FIGURA DO APÓSTOLO SANTIAGO E A EVANXELIZACIÓN DE GALIZA

 

Cando falamos da evanxelización de Galiza é imposible obviar a figura de Santiago Apóstolo, xa que é un dos principais artífices da chegada do cristianismo á Península Ibérica. Neste 3º trimestre os nenos e nenas de Relixión estamos rematando a nosa viaxe a través do tempo para coñecer as crenzas relixiosas dos nosos ancestros. Sin ningunha dúbida o credo cristian é a máis importante crenza relixiosa da nosa terra, chegou ata nós, no século I cando Galiza estaba dominada polos romanos.

Segundo vemos no mapa, así era como estaba constituida Hispania durante a época da romanización. No século I un home chamado Xacobe fillo do Zebedeo, un dos discípulos máis queridos por Xesús e, según contan as crónicas, un viaxeiro incansable, chegou ata a  Gallaecia.  Considérase que a orixe da evanxelización da Península Ibérica está por un lado, nas viaxes de San Paulo que andivo polas terras do Mediterráneo na Tarraconensis e na  Cartaginensis e por outro lado nas viaxes de Xacobe que chegou as terras do norte e predicou por terras galegas esparcindo a semente da mensaxe de Xesús o seu mestre. Pero si en vida impulsou o cristianismo na nosa terra, foi despois de morto cando acadou un mérito indiscutible.

Os nenos e nenas de 2º de Reli, coñecimos a historia da viaxe milagrosa dos restos de Santiago e da fundación da cidade de Compostela por un video de debuxos animados titulado: Historia de Santiago de Compostela que podedes ver no seguinte enlace:

http://www.youtube.com/watch?v=l9KNKBeCxuQ

Con esta historia marabillosa aprendimos moitas cousas sobre a nosa historia relixiosa, de como se fundou a catedral de Santiago, da importancia do descubrimento da tumba do Apóstolo, e de como todo isto daría lugar ao Camiño de Santiago como unha das vías de peregrinación máis importantes da historia do cristianismo:

 

Santiago Apóstolo, catedral de Santiago de Compostela

 

O Camiño de Santiago

 

Como homenaxe ao Apóstolo decidimos facerlle un retrato que coloreamos con rotuladores finos, decoramos con rotuladores dourados e prateados, e para rematar lle puxemos unha cartulina a modo de marco:

 

   

 

A continuación podedes ver o resultado na galería de imaxes:

 

 

CURIOSIDADES LINGÜÍSTICAS:

Sabías que existen dous topónimos moi cercanos a nós, que teñen a súa orixe na lenda do traslado miragroso do corpo do Apóstolo a Galiza? estes dous nomes como podedes supoñer son Compostela e Padrón.

Conta a historia que os discípulos de Santiago entraron en Galiza polo río Sar e que ataron a barca na que chegaron a un pedrón que atoparon á altura de Iria Flavia para seguiren o camiño a pé. Pois este pedrón que significa "pedra grande" dou nome ao lugar, ao que hoxe coñecemos por Padrón. Pedrón e un derivado de pedra que ven do latín petra e significaba "rocha". E o termo Compostela se cre que ven do latín campus stellae que significa "campo de estrelas" en referencia ás luces que segundo Paio ( o hermitaño que descubriu a tumba do Apóstolo) brotaban do mausoleo cando foi descuberto e brilaban tanto como estrelas.

Sabías que os nomes de Iago, Santiago, Xaime e Xacobe son todos o mesmo? Pois sí, todos eles veñen do latín Iacobus que á súa vez ven do hebreo Yaakov que e o nome orixinal do Apóstolo Santiago, pero entón como é posible tanta variación? Pois porque xa en latin convivían duas formas para referirse ao Apóstolo Iacobus, como xa dixemos, e Iacamus.

Bueno esperamos que vos guste moito o noso traballo e que disfrutedes con estas curiosidades. Un bico moi forte e ata a próxima!

CATÁLOGO DAS IGREXAS DE RIANXO

Queredes saber cantas parroquias temos en Rianxo? Pois a continuación podedes observalo no mapa oficial, e se vos fixades ben tamén podedes ver onde están situadas as igrexas

Como este tema nos pareceu moi interesante, na clase de Reli a partires dunha presentación titulada "As nosas igrexas", aprendimos ó que era unha parroquia e vimos fotos das igrexas da nosa contorna, e tivemos a idea de debuxalas para mostrarvos como as vemos nós. Cada escola se encargou de debuxar a igrexa da súa parroquia, así por exemplo, os nenos e nenas de Quintáns e Vacariza debuxaron a igrexa de Isorna, os de Capela a do Araño, os de Rañó a de Leiro.....

Por último como quedaron tan bonitos os nosos debuxos decidimos recopilalos nun libro e regalarllo á Biblioteca de Daniel. Cando estivo todo listo a profe Celia nos levou o catálogo polas escolas para que o mirásemos. Aquí estamos mostrando orgullosos o libro que fixemos entre todos:

Logo a profe Celia levouno á Biblioteca do CRA onde fixo a entrega da nosa parte. A profe Isa coordinadora da nosa Biblioteca de "Amigos e Amigas de Daniel" aceptou o noso agasallo en nome de todo o CRA con moita ilusión:

Lle gustaron moito os nosos debuxos e nos deu as grazas polo noso traballo e a nosa xenerosidade, e así o noso catálogo pasou a formar parte da Biblioteca de Daniel.

Se queredes ver cal foi o resultado final, aquí vos mostramos un adianto e senón tamén podedes ir a nosa biblioteca en Asados a consultar o noso catálogo. Neste traballo participamos todos, incluso os máis pequenos, e nos podedes crer, non é nada fácil debuxar unha igrexa!, pero nós o intentamos. Moitos biquiños e ata a próxima!

 

A RELIXIÓN NATURAL DOS HABITANTES DOS CASTROS

Os nenos e nenas de Relixión de 2º de Primaria seguimos coa nosa viaxe a través do tempo coñecendo a espiritualidade e as crenzas dos nosos ancestros. Despois de presentarvos a figura do Druida, nos gustaría contarvos un pouco do que descubrimos a cerca da sua relixión. Desgraciadamente dende o punto de vista histórico sabemos moi pouco da súas crenzas, pois non se conserva ningún tipo de monumento relixioso ou de carácter funerario. As hipótesis nos levan a pensar que compartían moitas crenzas, tradicións e costumes co mundo celta. Por iso se cree que a súa relixión era de carácter natural ao igual ca dos celtas, isto xustificaría a falta de monumentos relixiosos. Adoraban ao Sol, á Lúa, aos ríos, aos montes, e a divinidades relacionadas co vento, coa auga, coa natureza... e os lugares onde daban culto aos seus deuses eran espazos naturais. En Galiza se consideran  como lugares sagrados da relixión castrexa o cabo de Finisterre onde ían en peregrinación para adorar a saída do Sol, ou o monte Pindo cargado dunha enorme simboloxía. 

         

 

     

 

 

 

Así mesmo se pensa que buscaban a protección dos seus deuses a traves dos amuletos que levaban e que sí se conservan, como son os torques ou as fíbulas, que a parte de seren elementos propios da súa vestimenta e ornamento, se cree que  tamén tiñan este significado relixioso de protección.

No que se refire aos seus ritos funerarios tampouco sabemos demasiado e non se conserva ningún tipo de enterramento ou monumento, polo que se pensa que, tamén ao igual que os celtas, incineraban aos seus mortos. Creían na vida despois da morte e entendían o lume como unha forma de purificación que axudaba aos difuntos a emprender o seu novo camiño.

Como homenaxe aos nosos devanceiros, xa que non tiñamos ningún tipo de edificación de carácter relixioso para reproducir, decidimos representar unha parte da súa construcción máis característica, o fogar das familias que habitaron as nosas terras: fixemos a reproducción da vivenda dun castro:

Empezamos por facer uns bocetos, debuxamos a vivenda a lápiz e a repasamos con rotulador negro:

 

 

Logo realizamos un traballo de carácter plástico: pegamos palla a modo de teito, pegamos papel de pedra para facer os muros da casa, repasamos a forma das pedras con rotulador permanente e pintamos a porta con témpera de cores e o fondo con acuarela. Para rematar recortamos a vivenda e a pegamos nuhna cartulina xunto cunha ficha explicativa. Este foi o resultado:

 

 

Bueno pois ahí tendes o resultado do noso traballo, esperamos que vos gustase moito, e que tamén,  ao longo das nosas noticias vaiades coñecendo un pouquiño da cultura e espiritualidade dos nosos ancestros. Nós pasámolo moi ben facendo esta vivenda,  e  queremos despedirnos coas fotos da actividade. Moitos biquiños e ata a próxima!

 

 

CURIOSIDADES LINGÜÍSTICAS:

 

O LUAR: sabías que existe a crenza popular de que as mulleres se quedan embarazadas coa forza do luar?

Según Rof Carballo esta crenza popular de que a Lúa co seu luar preña as mulleres pervive dende a época pre-romana. A explicación a encontramos na relixiosidade dos pobos castrexos, porque na tradición castrexa e celta a Lúa non era unha deusa feminina como na tradición romana, senón que era un deus masculino chamado Gealach, e aínda que o termo que chegou ata nós para referirnos ao gran astro nocturno ven do latín lux, lucis (luz), sendo  lúa un  termo de xénero feminino que significa "luminosa" ou "a que ilumina", o xénero masculino seguiu pervivindo nas nosas conciencias a través da masculinidade que lle atribuimos ao luar.

O malvado Milisforo

 

 

 

 

Como cada ano na área de Relixión sempre adicamos unha unidade didáctica á familia. O concepto de familia que nun principio parece tan sinxelo e cercano, non é moi fácil de definir, se partimos de que  é algo que vai variando ao longo do tempo segundo vai variando tamén a sociedade na que as familias se integran. Pero existen uns "principios básicos" que comparten todas as familias do mundo. Uns principios que se atopan en todas as familias cristianas: o amor e o respeto que se teñen os membros que as compoñen. Da igual cantos membros teña cada familia, a que se adiquen ou o nivel social do que procedan, si algo iguala a todas as familias do mundo é o amor. Esto non é nada  novo porque  xa  é algo que promulgaba Xesús de Nazaret  fai máis de  dous mil anos, pero sí  é algo impedecedeiro: o amor é o pegamento que une ás familias, sí este pegamento fallase algún día  o mundo enteiro viríase abaixo... E os nenos e nenas de Relixión coñecemos a alguén que case o consigue, pero repetimos case... é  a historia dun home chamado Milisforo. Se queredes coñecela non deixedes de ler:

 

O MALVADO MILISFORO

(versión do nenos e nenas de Relixión do CRA de Rianxo do conto El Malvado Milisforo)

 

Había unha vez un home que se chamaba Milisforo que era tan malo que decidiu facerse o amo do mundo.

E por encima de ser moi malo era moi intelixente xa que era capaz de crear máquinas e robots increíbles aos que por suposto utilizou para os seus malvados plans:

 

  

 

    

O primeiro que fixo foi inventar unha poción que quitaba as gañas de traballar, envenenou a auga e conseguiu arruinar a todos porque ninguen tiña gañas de ir a traballar:

 

 

Despois se lle ocorreu envenenar o aire cun gas tan cheirento que lle quitaba as gañas a xente de estar xunta, polo que conseguiu que se cortaran as comunicacións, soltando o seu gas no aire que contaminou a atmósfera.

 

Estaba moi contento Milisforo cando se deu conta de que só lle faltaba acabar cunha cousa para dominar o mundo por completo: AS FAMILIAS

As familias seguían xuntas e unidas a pesares dos seus inventos, das súas máquinas e dos seus venenos. Así que conseguiu que escaseara a comida, incluso el mesmo llela roubaba ás familias, pero estas compartían o pouco que tiñan:

 

 

Como vía que as familias seguían unidas tamén intentou separalas encollendo as casas:

 

  

Pero aínda así as familias se arrumbaban no pouco espazo que lles quedaba pero seguían unidas:

Entón Milisforo descubriu cal era o grande segredo das familias : o amor e o respeto que se tiñan as persoas que as formaban , e por moitas maldades que lles fixera non conseguía destruilas, porque non existe nada capaz de destruir o amor.

Fastidiado e contrariado por non poder dominar o mundo por completo abandonou o seus plans e deixou que o mundo volvera á normalidade. As familias voltaron a vivir felices despois de derrotar a Milisforo únicamente coa forza do amor:

E tan deprimido acabou Milisforo que só se lle ocorreu ir a chorar a casa dos seus pais:

Os seus pais correron a darlle unha aperta , lle perdoaron as súas maldades e o animaron a que fose máis bo. E que ata na familia do malo, máis malo todos se queren e se perdoan todo. Non é unha sorte ter unha familia?

FIN

Bueno pois que vos parece  o noso conto? Como somos moitos non era posible meter na narración todos os debuxos que fixemos, así que  a continuación podedes ver o resto na galería de fotos. En cada debuxo hai unha frase que o explica, porque cada un de nós tiña que debuxar a parte do conto que máis lle gustara e despois contarlle a profe Celia o que debuxara. Ela apuntou o que nos lle fumos dicindo.

 Esperamos que vos guste moito o noso traballo. Moitos biquiños e... ata a próxima!

A FIGURA DO DRUIDA

Ao longo deste 2º trimestre os alumnos e alumnas de 2º de Primaria de Relixión do CRA de Rianxo seguimos coa nosa viaxe a través do tempo para coñecer a espiritualidade e as crenzas relixiosas dos nosos ancestros. A través dunha presentación de imaxes titulada "A relixión natural dos pobos celtas" nos adentramos no estudo das crenzas relixiosas dos antigos moradores dos castros.

Iniciamos o noso camiño centrándonos na figura do Druida:

Os druidas eran os guías espirituais das comunidades celtas, e aínda que se pensa que os habitantes dos castros compartían moitas das crenzas dos pobos celtas, non hai constancia histórica da presenza de druidas nos asentamentos galegos. Pero si é probable que pisaran as nosas terras como peregrinos hacia os lugares de Galiza que dentro da súa cultura eles tiñan por sagrados, como é o caso de  Finisterre ou do monte Pindo. Como homenaxe a esta figura pertencente ao mundo espiritual celta decidimos elaborar un retrato pintado con acuarela ao que lle agregamos uhna cartulina a modo de marco:

 

Os druidas ademáis de seren guías espirituais eran tamén grandes sabios e conselleiros. Coñecían os designios dos deuses, dominaban a menciña natural e se cría que tiñan dotes adivinatorias e máxicas, polo que a parte de seren moi respetados eran tamén considerados como seres misteriosos que gusataban de rondar polas fragas buscando os ingredientes para elaborar as súas pocións e ungüentos, así como para se xuntaren en torno aos carballos, a árbore sagrada da cultura celta:

 

             

 

O noso retrato é tamén unha homenaxe a un dos grandes comics da historia "Asterix". Como podedes ver  o noso retrato representa ao grande "Panoramix" o druida desta tan  especial comunidade gala. A continuación podedes ver o resultado desta actividade plástica na galería de imaxes:

 

 

Para todos aqueles que aínda non coñezades os cómics de Asterix este sería un bo momento para vos achegar ás súas páxinas, sobre todo os nenos de primaria, vos atoparedes cunha grata sorpresa.

Coas letras da Paz

Como cada ano o 30 de xaneiro se conmemora o Día Mundial da Paz e da non Violencia. Este ano os nenos e nenas de Relixión do CRA decidimos profundizar no significado da celebración deste día por medio dunha poesía titulada Coas Letras da Paz  que vos mostramos a continuación:

En asamblea realizamos a lectura da poesía e reflexionamos a cerca do seu significado e da importancia que ten o concepto da Paz non só para o bo funcionamanto da nosa sociedade senón tamén para a do mundo enteiro. Para rematar decidimos elaborar un mural que tivera como centro a poesía e o decoramos coas tres letras que forman a palabra PAZ. Aquí vedes uns exemplos de como nos quedaron:

  

 

 

Nesta actividade aprendimos moitas cousas do concepto de Paz tanto por ser un dos máis importantes valores cristiáns como por ser un dos dereitos fundamentais do ser humano.Traballamos a Educación para a Paz, a Educación para a Igualdade e a Educación Moral e Cívica,  e desenrolamos a nosa competencia social e cidadá a través do traballo en grupo: traballamos xuntos, reflexionamos xuntos, axundámonos uns aos outros , compartimos o material ... Se queredes ver como o fixemos a continuación vos mostramos as galerías de fotos. Como somos moitos desta vez a profe Celia decidiu facer 3 tandas, podedes velas todas ou só na que apareza a vosa escola favorita:

Galería 1: escolas de Capela, Vacariza e Outeiro

 

Galería 2: escolas de Cruceiro, Quintáns e Cuvide

 

Galería 3: escolas de Pazo, Abuin e Rañó

 

 

Bueno esperamos que vos gustasen os nosos murais, dende aquí os nenos e nenas de Reli do CRA só vos queremos desexar un moi bo Día da Paz 2013 a todos e a todas, e como adoitaba decir Xesús "Que a Paz sexa convosco". Moitos biquiños e ata a próxima.

FELICES FESTAS

 

Como cada ano cando se achega o Nadal, aos nenos e nenas de Relixión nos gusta preparar algún agasallo para compartir coas nosas familias, este ano fixemos un adorno para a árbore de Nadal, pero desgraciadamente non deu tempo a facelo en todas as escolas, polo que moitos de nós o levamos para rematar na casa, de tódolos xeitos esperamos que vos gustase moito.

Por último, e tamén como cada ano, queremos desexarvos a todos e a todas unhas moi felices festas, que o ano novo 2013 entre nos vosos fogares cheo de amor, paz e prosperidade. Este ano a nosa felicitación é un pouco especial: a continuación podedes ver unha presentación de imaxes que o departamenteo de Relixión envía a modo de felicitación de Nadal, esperamos que vos guste:

 

Pois nada, de todo corazón moi, moi bo Nadal, e moitos bicos dos nenos e nenas de Reli. Vémonos despois das vacacións!

Pintando o Nadal

Este ano na área de Relixión quixemos acercarnos a historia do Nadal dun xeito diferente polo que ademáis de traballar esta marabillosa  historia partindo dos relatos da Biblia quixemos facelo tamén dende o punto de vista artístico. Así pois, observamos unha presentación de imaxes titlulada "A pintura no Nadal",  e alí descubrimos grandes obras de arte pictórica de temática navideña realizadas por grandes mestres de tódalas épocas.

A continuación fixemos un obradoiro de pintura onde intentamos elaborar as nosas reproduccións destes grandes cadros. Primeiro fixemos o noso "boceto" a lápiz, despois o repasamos de rotulador negro e despois pintamos os nosos cadros con témpera sólida, e o resultado non quedou nada mal. Aquí tendes uns exemplos das nosas reproduccións:

1º ANUNCIACIÓN: A Anunciación de El Greco

            

2º  O NACEMENTO: O Nacemento de Frangelico

 

             

3º  A ADORACIÓN: A adoración dos Reis Magos de Leonardo Da Vinci

        

                  

Bueno que vos parece? non digades que os nenos de Reli non estamos feitos uns artistazos. Para terminar vos deixamos coa galería de imaxes onde recollemos unha selección das nosas mellores "obras navideñas",  e lembrade que foi unha actividade onde participamos todos, incluso os nenos de tres anos. Esperamos que vos guste. Moitos biquiños e ata a próxima! 


 

 

O DOLMEN, MONUMENTO FUNERARIO

DOLMEN: monumento funerario da época neolítica. Cámara funeraria sinxela composta por varias pedras verticais sin tallar e unha lousa enorme a modo de teito que aparece na cultura megalítica europea das zonas preceltas. Este culto aos mortos nas comunidades primitivas implica a crenza nunha vida despois da morte. Según moitos estudosos, o seu signifiacado relixioso basease tanto en que expresa unha resposta ao feito da propia morte como por seren monumentos que ensalzan a memoria dos difuntos.

 

 

            Ao longo deste 1º trimestre os alumnos e alumnas de 2º de Primaria de Relixión do CRA nos embarcamos nunha viaxe a través do tempo para coñecer a espiritualidade e as crenzas relixiosas dos nosos ancestros. Partindo da cosmogonía cristiana onde consideramos a Deus como o Creador da vida e do universo comezamos a nosa viaxe nas orixes do tempo.

           A través dunha presentación de imaxes titulada “As nosas orixes” inicamos un camiño seguindo as pegadas de Deus dende o Big Bang primixenio ata a aparición do ser humano na Terra. E observamos como dende os tempos prehistóricos o home empezou a desenrolar a súa espiritualidade.

          As primeiras manifestacións relixiosas dos nosos devanceiros aparecen reflectidas nos seus rituais funerarios. Nos enterramentos prehistóricos se tiña por costume ataviar ao difunto coas suas cousas como roupa, adornos, xoias, armas....o que os científicos interpretan como unha manisfestación da crenza na vida despois da morte. Pero a súa concepción da morte era entendida como unha prolongación da propia vida, cunhas necesidades similares a esta, polo que ademais das súas cousas se lles soía deixar aos difuntos comida e auga.

             Durante o Neolítico se foron inpoñendo as sepulturas colectivas que se situaban en zonas alonxadas das aldeas á maneira dos nosos cemiterios. Ao longo do tempo a crenza no máis alá se foi traducindo tanto na complexidade arquitectónica dos enterramentos como no incremento da riqueza nas ofrendas funerarias aos defuntos. Este proceso culminaría coa construcción de grandes moles pétreas, chamadas megalitos ( como os menhires, mámoas, dólmens...) e ainda que a súa orixe e significado todavía non son plenamente coñecidos, e tamén se lle atribuen funcións topográficas para marcar o territotio, podemos consideralas tamén como os primeiros monumentos relixiosos construidos pola man do home que chegaron ata os nosos días.

A través dunha actividade de carácter plástico, decidimos como homenaxe aos nosos devanceiros elaborar o noso propio dolmen. A continuación vos mostramos o proceso.

Utilizando como fondo a silueta do dolmen de Axeitos empezamos o noso traballo. Para tratar de darlle unha textura como de pedra, decidimos engordar a fotografía con trozos de papel de xornal empapados en cola:

        


Posteriormente coloreamos con aquarela unha cartulina a modo de paisaxe natural e unificamos a cor de fondo do dolmen pintándoo de gris:

    

Logo pegamos o dolmen sobre o fondo. E con témpera e esponxa volvimos colorear a pedra para darlle un aspecto máis natural, utilizando as cores branca, marrón e verde. Por último lle pegamos terra por riba do chan para acadar unha paisaxe máis realista:

     

A continuación tratamos de recrear o efecto do musgo e do verdío ( tan característicos das pedras galegas) extendendo cos dedos purpurina verde e prateada pola superficie do dolmen.

 

Para terminar decidimos  embellecer o noso traballo colocándolle un marco, para iso utilizamos unha blonda á que lle coloreamos os bordes con témpera prateada. Este foi o resultado:

 

Esperamos que vos guste o noso traballo, foi moi laborioso pero cremos que valeu a pena. A continuación vos mostramos a galería de fotos sobre o traballo. Moitos bicos dos nenos e nenas de Relixión de 2º.

COMPROMETIDOS

Este curso os nenos e nenas de Relixión do CRA de Rianxo tamén nos sumamos á defensa do medio ambiente. Partindo dos textos bíblicos sobre a Creación nos involucramos nunha actividade de carácter ecolóxico. A través destes relatos contemplamos o mundo como un agasallo de Deus que é necesario coidar e mimar, ao igual que ás persoas.

Por este motivo decidimos facer un contrato onde nos comprometimos a axudar a Deus a coidar do mundo. Primeiro en asamblea decidimos qué compromisos íamos adquirir. Despois a profe Celia os trouxo escritos dentro de formas xeométricas que tivemos que ler, colorear e recortar:

 

Logo cando estiveron todos os compromisos coloreados e recortados, preparamos o contrato nunha cartulina de cor con rotuladores dourados e prateados, para a continuación ir pegando os nosos compromisos:

 

Cando rematamos de pegar todos os compromisos , nos quedaron uns carteis moi bonitos, entón démoslle a volta e firmamos todos, para convertelos nuns contratros en firme:

 

Unha vez que tivemos feitos os nosos contratos ecolóxicos os colocamos nun lugar visible dentro da aula para lembrarnos durante todo o ano que estamos comprometidos a coidar e respetar tanto ás persoas como á natureza e aos animais:

 

Con esta actividade non so aprendimos moitas cousas sobre a Creación de Deus e o respeto aos demáis, senón que tamén desenrolamos a nosa conciencia ecolóxica, centrándonos sobre todo no tema que dende Axenda 21 propón este ano: o aforro enerxético. O longo da actividade falamos i explicamos distintas formas de aforrar auga e enerxía e nos comprometimos a levalas a cabo nas nosas casas e na escola: non ter aberta a billa da auga deseguido mentres nos lavamos os dentes, non poñer a calefacción moi alta, apagar sempre as luces cando saímos dun cuarto, non ter prendido o televisor ou o ordenador senón lle estamos facendo caso, nos ser preguizeiros na ducha mentres está correndo a auga, debemos andar lixeiros e darnos duchiñas curtas... De todas estas cousas falamos na clase e aprendimos moitas cousas sobre o coidado da natureza pero quizáis o máis importante e que nos demos conta de que como nós sendo nenos podemos facer moitas cousas na nosa vida diaria que axudan a que vivamos nun mundo mellor.

A continuación vos mostramos as galerías de fotos sobre a actividade:

Galería 1,escolas de Pazo, Rañó, Abuin, Quintáns e Vacariza:

 

Galería 2, escolas de Capela, Cruceiro, Cuvide e Outeiro:

 

Bueno pois esperamos que vos gustase a nosa actividade, mandámosvos moitos bicos e ata a próxima!

Distribuir contido