A RELIXIÓN NATURAL DOS HABITANTES DOS CASTROS
Os nenos e nenas de Relixión de 2º de Primaria seguimos coa nosa viaxe a través do tempo coñecendo a espiritualidade e as crenzas dos nosos ancestros. Despois de presentarvos a figura do Druida, nos gustaría contarvos un pouco do que descubrimos a cerca da sua relixión. Desgraciadamente dende o punto de vista histórico sabemos moi pouco da súas crenzas, pois non se conserva ningún tipo de monumento relixioso ou de carácter funerario. As hipótesis nos levan a pensar que compartían moitas crenzas, tradicións e costumes co mundo celta. Por iso se cree que a súa relixión era de carácter natural ao igual ca dos celtas, isto xustificaría a falta de monumentos relixiosos. Adoraban ao Sol, á Lúa, aos ríos, aos montes, e a divinidades relacionadas co vento, coa auga, coa natureza... e os lugares onde daban culto aos seus deuses eran espazos naturais. En Galiza se consideran como lugares sagrados da relixión castrexa o cabo de Finisterre onde ían en peregrinación para adorar a saída do Sol, ou o monte Pindo cargado dunha enorme simboloxía.
Así mesmo se pensa que buscaban a protección dos seus deuses a traves dos amuletos que levaban e que sí se conservan, como son os torques ou as fíbulas, que a parte de seren elementos propios da súa vestimenta e ornamento, se cree que tamén tiñan este significado relixioso de protección.
No que se refire aos seus ritos funerarios tampouco sabemos demasiado e non se conserva ningún tipo de enterramento ou monumento, polo que se pensa que, tamén ao igual que os celtas, incineraban aos seus mortos. Creían na vida despois da morte e entendían o lume como unha forma de purificación que axudaba aos difuntos a emprender o seu novo camiño.
Como homenaxe aos nosos devanceiros, xa que non tiñamos ningún tipo de edificación de carácter relixioso para reproducir, decidimos representar unha parte da súa construcción máis característica, o fogar das familias que habitaron as nosas terras: fixemos a reproducción da vivenda dun castro:
Empezamos por facer uns bocetos, debuxamos a vivenda a lápiz e a repasamos con rotulador negro:
Logo realizamos un traballo de carácter plástico: pegamos palla a modo de teito, pegamos papel de pedra para facer os muros da casa, repasamos a forma das pedras con rotulador permanente e pintamos a porta con témpera de cores e o fondo con acuarela. Para rematar recortamos a vivenda e a pegamos nuhna cartulina xunto cunha ficha explicativa. Este foi o resultado:
Bueno pois ahí tendes o resultado do noso traballo, esperamos que vos gustase moito, e que tamén, ao longo das nosas noticias vaiades coñecendo un pouquiño da cultura e espiritualidade dos nosos ancestros. Nós pasámolo moi ben facendo esta vivenda, e queremos despedirnos coas fotos da actividade. Moitos biquiños e ata a próxima!
CURIOSIDADES LINGÜÍSTICAS:
O LUAR: sabías que existe a crenza popular de que as mulleres se quedan embarazadas coa forza do luar?
Según Rof Carballo esta crenza popular de que a Lúa co seu luar preña as mulleres pervive dende a época pre-romana. A explicación a encontramos na relixiosidade dos pobos castrexos, porque na tradición castrexa e celta a Lúa non era unha deusa feminina como na tradición romana, senón que era un deus masculino chamado Gealach, e aínda que o termo que chegou ata nós para referirnos ao gran astro nocturno ven do latín lux, lucis (luz), sendo lúa un termo de xénero feminino que significa "luminosa" ou "a que ilumina", o xénero masculino seguiu pervivindo nas nosas conciencias a través da masculinidade que lle atribuimos ao luar.
- APIs de Blogue