Educación Relixiosa
O cazo de Lorenzo
El cazo de Lorenzo é un conto marabilloso de Isabel Carrier que nos conta a historia dun neno moi especial. A través deste conto metafórico os nenos e nenas de Relixión do CRA traballamos conceptos tan importantes como a empatía, a igualdade entre as persoas, o respeto hacia os demáis.... e comprendimos que no fondo todos somos únicos e diferentes sendo a propia diferencia unha das marabillas da Creación de Deus, que nos ama a cada un de nós tal e como somos.
Agora vos queremos presentar a nosa versión do conto:
O cazo de Lorenzo
Lorenzo é un neno que sempre arrastra un cazo detrás del...
O cazo lle caeu un día enriba da cabeza, non se sabe moi ben por qué, pero a raíz disto Lorenzo xa non é de todo como os demáis...
É moi sensible, lle encanta escoitar música...
Lle encantan os animais, ten un montón de cualidades...
Pero o cazo lle complica moito a vida, atáscase en todas partes....
Moi pouca xente se da conta de que Lorenzo ten que facer o dobre de esforzo para chegar, incluso para subir ao tobogán. Sempre se queda atrás ...
Afortunadamente existe xente marabillosa que o axuda e lle ensina os seus puntos fortes...
Que lle axuda a superar as dificultades.....
E Lorenzo séntese agradecido....
Por fin Lorenzo pode xogar cos outros nenos, o cazo xa non se engancha en todas partes, segue estando ahí, pero é mais discreto...
Agora todo o mundo lle encontra moitas cualidades, e moito talento...ainda que Lorenzo segue sendo o mesmo de sempre.
FIN
Esperamos que vos gustase a versión que fixemos sobre o conto. A continuación queremos ensinarvos unhas galerías de fotos para que vexades canto talento temos os nenos e nenas do CRA, primeiro vos mostramos as versións máis "realistas" que fixemos sobre Lorenzo:
E en segundo lugar vos vamos a mostrar as versións máis libres e artísticas, ides quedar coa boca aberta:
Os máis peques (3 anos) todavía non empezaron a debuxar en Relixión pero si colorearon uns debuxos de Lorenzo que lles quedaron preciosísimos, Aquí tedes algúns:
Bueno, pois todo isto o fixemos traballando co conto de Isabelle Carrier, esperamos que vos guste.
Moitos biquiños a todos e a todas e ...¡ata a próxima!
- APIs de Blogue
Memoria visual de Relixión Católica. Curso 2011-2012
Ao longo deste curso na área de Relixión traballamos moito e aprendimos moitas cousas, por iso vos queremos mostrar con imaxes un resumen do que fixemos.
Traballando cos nosos libros de fichas, aprendimos moitas cousas sobre Deus e Xesús, e tamén sobre os valores cristiáns e as tradicións da nosa Igrexa:
Tamén aprendimos moitas cousas sobre a Biblia, lendo e xogando cos libros das historias da Biblia que a profe Celia nos trae polas escolas:
Cando rematábamos o traballo a profe nos deixaba debuxar o que nos quixéramos, pero moitos días preferíamos xogar un pouquiño polo que non fixemos demasiados debuxos:
Pero bueno sí que fixemos algún, nalgunhas escolas como estábamos traballando o tema do mar, a profe Celia nos propuxo que podíamos debuxar animais mariños inventados pola nosa imaxinación, e o pasamos moi ben! Aquí tendes unha mostra dos nosos debuxos:
Tamén traballamos co ordenador e coa pizarra dixital, ben para ver ou facer actividades no Portal Educativo do CRA, ou ben para aprender xogando cos CD-Rom interactivos de "Historias de la Biblia" que a profe Celia nos leva as escolas:
E despois se vos lembrades, porque aparece todo recollido no portal, fixemos moitas "cousiñas" para levar para a casa e poder agasallar aos nosos seres queridos: polo Nadal fixemos un intercambio de postais entre todas as escolas do CRA, para conmemorar o Día da Paz aprendimos de onde ven o símbolo da pomba e fixemos uns colgantes de pombas da paz. En Semana Santa felicitamos ás nosas familias cunhas tarxetas e aprendimos de onde ven a tradición de agasallar con ovos de chocolate pola Pascua, e cal é o postre típico de Galicia nesta data. E por último, os nenos/as de Primaria fixeron uns bonitos cadros do mar pero de "un mar moi especial", con este mar traballamos os valores cristiánas da educación para a paz , a igualdade e o respeto entre as persoas. A continuación vos mostramos unha pequena selección dos nosos traballos:
Bueno, pois todo isto fixemos en Relixión, agora, ao igual que o ano pasado, só nos queda desexarvos a todos unhas moi boas vacacións. Descansade moito, desfrutade moito e recargade enerxía.
Moitos, moitos pero que moitos bicos de todos os nenos e nenas de Relixión, vémonos en setembro ¡ata o curso que ven!
- APIs de Blogue
UN MAR MOI ESPECIAL
Ao longo de todo este curso no CRA de Rianxo nos mergullamos nunha viaxe maravillosa para coñecer o mar. En Relixión, os nenos e nenas de Primaria tamén traballamos este tema pero dándolle un enfoque moi especial: a través dunha divertida actividade plástica sobre o mar, traballamos os valores cristiáns sobre a amizade.
Dende o punto de vista cristián este concepto é algo fundamental xa que nos remite directamente ao concepto do “amor ao próximo” do que tanto falaba Xesús, por iso cada ano procuramos crear unha actividade na que traballamos valores tan importantes como o amor, o respeto, a tolerancia… e procuramos traballar en grupo, axudándonos uns aos outros compartindo o material.
Con esta actividade aprendimos como facer un mar moi especial en 5 pasos moi sinxelos que agora vos mostramos:
1. 1. Nunha cartulina branca debuxa o fondo do mar e repasao con rotulador negro. Nun folio a parte debuxa os animais mariños que máis che gusten e rapásaos tamén con rotulador negro. E despois colle unha blonda de papel e píntalle os bordes de dourado:
2. A continuación pensa un nome para o teu mar, escríbeo e repásao con rotuladores de cores. Dentro dos peixes escribe palabras que reflictan os valores da amizade como amor, cariño, respecto, paz… e repásaos tamén con rotuladores:
3. 3. Con ceras brandas colorea o fondo do mar e os peixes. E despois colle un trozo de papel e frótao con forza por enriba para difuminar o color:
4. 4. Despois recorta os peixes e pégaos no fondo do mar como máis te guste, e a cartulina co fondo do mar e os peixes a pegas encima da blonda, deixando os bordes pintados de dourado a modo de marco:
5. 5. Por último decora con rotuladores dourados e prateados e con purpurina, e …tachán!, xa tes o teu “mar da amizade” para agasallar a quen ti queiras:
Bueno xa ves o fácil que resulta esta actividade, e cando remates non só vas acadar un precioso cadro do mar, senón que se te mergullas coa túa imaxinación neste mar poderás pescar amor e amigos, e todo o que ti queiras. Polo que te aconsellamos que si te lanzas o fagas en compañía dalguén querido porque dese xeito desfrutarás o dobre. Se non nos crees mira a galería de fotos sobre a actividade e xa verás que ben o pasamos nós todos xuntos:
Os nenos
e nenas de Primaria de Relixión do CRA de Rianxo vos envían moitos bicos ¡ata a próxima!
- APIs de Blogue
Felices Pascuas
A Semana Santa é unha das festas relixiosas máis importantes para os cristiáns. Comeza co Domingo de Ramos cando os fieis acuden as igrexas portando palmas e ramas de oliveira como símbolo da entrada triunfal de Cristo na cidade de Xerusalén; e culmina co Domingo de Pascua que significa Renacemento e Resurrección.
Na Semana Santa lembramos a paixón, a morte e a resurrección de Xesucristo. O día de Xoves Santo conmemoramos a Última Cea e o día de Venres Santo lembramos a súa morte. Estes días tan especiais de recollimento culminan no Domingo de Pascua e Resurrección onde celebramos o paso da morte á vida do noso Señor Xesucristo.
Neste día de festa e gran alegría é onde se asenta toda a vida do cristianismo. A súa tradición é moi antiga i é unha festa celebrada por máis de 1.000 millóns de fieis en todo o mundo.
O Domingo de Resurrección é un dos días do ano que máis chocolate se consume, xa que existe a tradición de agasallar a familiares e amigos con ovos de Pascua:
Dende as orixes da humanidade o ovo foi considerado como sinónimo de fertilidade, esperanza e renacemento; na Idade Media era costume durante as celebracións agasallar aos nenos con ovos de galiña ou de pato. Pénsase que os cristiáns adoptaron esta tradición a partires do século IX cando se decretou que non se podía comer ovos durante a Coresma. Os ovos se gardaban durante os días de axuno e para conservalos frescos se cubrían cunha fina capa de cera líquida creando así a costume de colorealos e decoralos. Reservábanse ata o día de Domingo de Pascua onde se entregaban como agasallo de amor e amizade.
A principios do século XIX en Europa os alemáns, os italianos e os franceses empezaron a facer ovos de Pascua de chocolate que contiñan agasallos agochados no seu interior, e ainda que as prácticas de axuno durante o tempo de Coresma se foron suavizando co tempo, esta tradición de regalar ovos pola Pascua perdurou ata os nosos días.
En Galicia a costume de agasallar aos nenos con ovos de chocolate o Domingo de Pascua e relativamente moderna. Na nosa terra o agasalllo típico que os padriños e as madriñas lle fan aos seus afillados e afilladas é a rosca ou o roscón de Pascua. Actualmente segue viva esta tradición, aínda que tamén se agasalla aos nenos con xoguetes e con ovos de chocolate.
Este ano os nenos e nenas de relixión do CRA para celebrar a Pascua decidimos facer como agasallo para as nosas familias unhas tarxetas de Pascua onde coloreamos e decoramos un ovo , mirade que bonitas nos quedaron:
A continuación podedes ver a galería de fotos sobre a actividade, como somos moitos a profe Celia fixo dúas tandas, coma sempre son un pouco longas, pero vale a pena miralas:
Galería 1: escolas de Pazo, Abuin, Rañó e Quintáns
Galería 2: escolas de Cuvide, Cruceiro, Vacariza, Capela e Outeiro
Os nenos e nenas de Relixión queremos desexarvos unhas moi Felices Pascuas , que o pasedes moi ben e por suposto que non falte nin a rosca nin o chocolote.
¡FELICES PASCUAS!
A POMBA DA PAZ, ORIXES DO SÍMBOLO
A POMBA, SÍMBOLO DA PAZ
O concepto de Paz é un tema fundamental dentro dos valores cristiáns, é un dos máis importantes. Según nos contan os Evanxeos é un concepto que utilizaba Xesús constantemente incluso cando saudaba ou se despedía adoitaba decir: "Que a paz sexa convosco", xa que o dereito a vivir en paz é un dos dereitos fundamentais do ser humano.
A pomba foi considerada dende moi antigo como un símbolo de paz e entendemento entre as persoas. No século XX despois das guerras mundiais que sufriu o mundo difundiuse o debuxo da pomba branca como Símbolo Universal da Paz.
No ano 1949 o xenial pintor español Pablo Picasso debuxou unha pomba para o Congreso Internacional da Paz celebrado en París. Posteriormente Picasso creou unha colección da grabados con este símbolo, que provocou que outros artistas o popularizaran e se convertera nun símbolo da paz a nivel mundial:
PABLO PICASSO POMBA DA PAZ, CONGRESO DE PARÍS 1949
A continuación mostramos dous dos grabados da Pomba da Paz máis populares de Picasso:
Pero cal é a orixe deste símbolo?
A pomba é Símbolo de Paz dende os tempos da "Arca de Noé", tal e como se nos relata na Biblia. Os textos sagrados contan que despois do gran diluvio, Noé mandou unha pomba para que, a través dela, se puidera coñecer en que condicións estaba a Terra despois do terrible suceso que os obrigara a encerrarse na Arca. A pomba regresou portando unha ramiña de oliveira no pico, signo de que as augas se estaban retirando e de que xa había árbores que non estaban cubertas pola auga, polo tanto podían abandonar a Arca para voltar a vivir en terra firme. A pomba anunciaba que o perigo desaparecera e que Deus voltaba a estar en paz coa humanidade. E moi común ver o símbolo da Pomba da Paz nas ilustracións dos relatos da Arca de Noé como a que vemos a continuación:
Aínda que o símbolo xurde da tradición xudeo-cristiana , na actualidade vai máis alá de calquera cultura, raza ou relixión, e ven sendo o símbolo da paz máis coñecido universalmente.
Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o Día mundial da Paz ,os nenos e nenas de Relixón do CRA para conmemorar este día decidimos, ao igual que Pablo Picasso, facer as nosas pombas da paz.
Nesta actividade visionamos unha presentación sobre as orixes do símbolo, limos os contos bíblicos sobre a Historia de Noé e fixemos uns colgantes da Pomba da Paz que nos quedaron moi bonitos. Aquí tedes unha mostra:
A continuación podedes ver a galería de fotos sobre a actividade, como somos moitos a profe Celia fixo duas tandas, son un pouco longas pero animádevos a velas. Estamos todos moi guapos. ¡Feliz Día da Paz 2012!
Galería de Fotos 1 (escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns, Vacariza e Outeiro:
Galería de fotos 2 (escolas de Cuvide, Cruceiro e Capela):
- APIs de Blogue
Un Nadal Viaxeiro
Chegou o Nadal ás nosas escolas e a tan pouquiño de iniciar as vacacións os nenos e nenas de Relixión do CRA de Rianxo queren desexarvos un moi BO NADAL a todos e a todas. Pero nestas datas tan entrañables os nosos nenos/as querían felicitar dun modo especial aos seus compañeiros e as súas familias, por iso nestes últimos días os bos propósitos navideños empezaron a viaxar por todo Rianxo de escola en escola.
Como xa sabedes aos nenos/as de Relixión gústanos moito facer agasallos , e este ano para poder celebrar o Nadal todos xuntos fixemos unhas tarxertas moi bonitas para intercambiar, polo que tivemos que facer tamén un sobres para llas enviar aos nosos compañeriros e compañeiras, podendo así transmitirlle o noso cariño e as nosas felicitacións. Ahí vos van as nosas mensaxes:
Os nenos e nenas de Pazo Infantil fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Cruceiro A: "Ola compis Bo Nadal e próspero ano novo. Esperamos que vos gusten as nosas postais que as fixemos con todo o noso cariño. Moitos biquiños. Vémonos no festival".
Os nenos e nenas de Pazo Primaria fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Cruceiro B: "Ola amigos, que tal? esperamos que teñades un Bo Nadal e que os Reis Magos vos traian moitas cousas , eso sí, si vos portástedes ben je, je.... Esperamos que vos gusten as nosas postais que as fixemos con moito cariño. Moitas apertas e bicos. Vémonos no festival"
Os nenos e nenas de Abuin fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Outeiro: "Ola Laura e Vicente somos Paula e Raúl, este ano tocóunos a vosa clase porque tamén sodes só dous nenos igual que na nosa. Esperemos que vos gusten as nosas postais e esperamos as vosas con moita ilusión que seguro que son preciosas, Bo Nadal de todo corazón, os vosos amigos de Abuin, moitos bicos. Vémonos no festival".
Os nenos e nenas de Rañó fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Capela Infatil: "Ola peques, fixémosvos estas postais con moito cariño para que as levedes para as vosas casas e vos lembredes un pouquiño de nós, moitos bicos e apertas dos vosos amigos de Rañó. Bo Nadal e boas festas. Vémonos no festival".
Os nenos e nenas de Quintáns fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Vacariza: "Ola veciños que tal vos vai? Os vosos compañeiros/as de Quintáns fixémosvos estas postais para vós con todo o noso amor, esperemos que vos gusten moito. Biquiños e amores .Bo Nadal e próspero ano novo. Vémonos no festival".
Os nenos e nenas de Vacariza fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Pazo Infantil: "Ola compis Bo Nadal e próspero ano novo. Fixemos estas postais con moito cariño para vós, a ver si vos gustan. Esperamos que os Reis Magos vos traian moitas cousas e tamén Papa Noel e tamén o Apalpador, pero para iso tedes que portarvos moi ben na casa e traballar moito no cole, os vosos amigos que vos queren. Vémonos no festival".
Os nenos e nenas de Capela Primaria fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Cuvide: "Ola compis Bo Nadal e boas festas. Esperamos que vos gusten as nosas postais que as fixemos con todo o cariño, pasádeo moi ben nestas festas pero non comades moito turrón que vos poden caer os dentes, bueno si é turrón de chocolate estades perdoados. Vémonos no festival".
Os nenos e nenas de Capela Infantil fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Rañó: "Ola compis Bo Nadal xa lle escribístedes a carta aos Reis? esperemos que sí porque a ver si despois non da tempo e nós non queremos que quededes sin regalos, pero como sodes moi bos seguro que vos traían algo aínda que fose sin carta. Moi Bo Nadal para todos e moitos bicos dos vosos amigos de Capela, a ver si vos gustan as nosas postais, biquiños. Vémonos no festival".
Os nenos e nenas de Outeiro fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as Abuin: "Ola Paula!, ola Raúl! somos Laura e Vicente Bo Nadal e boas festas. Esperamos que vos gusten as nosas postais que as fixemos con todo o noso cariño. Moitos biquiños. Vémonos no festival".
Os nenos e nenas de Cuvide fixemos as nosas postais para os nosos compañeiros/as de Pazo Primaria: "Ola compañeiros esperamos que vos gusten moito as nosas postais e tamén o sobre que fixemos para mandárvolas, que teñades moi boas festas e que o pasedes moi ben coas vosas familias, moitos bicos e todo o noso cariño dos vosos compañeiros de Cuvide. Vémonos no festival!"
Os nenos e nenas de Cruceiro A fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Quintáns: "Ola compis, fixémosvos estas postais con moito cariño esperamos que vos gusten moito. Moitos bicos e apertas dos vosos amigos de Cruceiro. Bo Nadal e boas festas. Vémonos no festival".
Os nenos e nenas de Cruceiro B fixemos as nosas tarxetas para os nosos compañeiros/as de Capela Primaria: "Ola compis, mandámosvos estas postais que esperemos vos gusten moito, celebrade estas festas con moito cariño e amor coas vosas familias e cantade moitas panxoliñas, con moito cariño dos vosos amigos de Cruceiro. Bo Nadal e boas festas. Vémonos no festival".
Se queredes ver como traballamos e o ben que o pasamos facendo estas postais non vos podedes perder a galería de fotos. Nesta ocasión como somos moitos a profe Celia agrupou as fotos por escolas e fixo dúas tandas, desfrutade tamén co son das panxoliñas:
O Nadal Viaxeiro 1 escolas de Outerio, Capela, Cruceiro e Cuvide
O Nadal Viaxeiro 2 escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza:
Esperemos que todos disfrutárades con esta actividade, dende o departamento de Relixión queremos desexarvos a todos un moi Feliz Nadal, vémonos no festival o día 21 ao que estades todos convidados. Felices festas e que o neniño Xesús coide de todos nós.
Memoria de Relixión Católica . Curso 2010- 2011
Ao longo deste curso na asignatura de Relixión Católica traballamos un montón e aprendimos moitas cousas, por iso querémosvos mostrar un resumen do noso traballo.
Aprendimos moitas cousas sobre Deus e Xesús, sobre os valores cristiáns e sobre a Igrexa traballando cos nosos libros de fichas:
Tamén aprendimos cousas sobre a Biblia, lendo e xogando cos libros das historias da Biblia:
Fixemos debuxos dos Reis Magos, de procesións, ou sobre a nosa familia...e cando rematabamos o traballo a profe deixábanos debuxar o que nos quixéramos, pero moitos días preferíamos xogar un pouquiño, por iso non fixemoa moitos debuxos:
Tamén traballamos co ordenador e ca pizarra dixital, ben para ver ou facer actividades no portal educativo do CRA, como cando fixemos un intercambio de tarxetas para conmemorar o Día da Paz, ou ben para aprender xogando cos CD-Rom interactivos de "Historias de la Biblia" que a profe Celia nos leva as escolas:
E despois fixemos "cousiñas" para levar para a casa. Polo Nadal fixemos uns adornos para colgar na árbore, que vos mostramos a continuación:
Cando estudiamos o Sacramento do Bautismo deseñamos a nosa propia Cuncha Bautismal:
E os compañeiros de primaria fixeron unhas bonitas "Flores da Amizade", que supoñemos xa vístedes:
Bueno pois todo isto fixemos en Relixión, agora solo queda desexarvos a todos unhas felices vacacións, todo o mundo a descansar e a recargar pilas para iniciar o próximo curso cheos de ilusión i enerxía. Moitos , moitos bicos de todos os nenos e nenas de Relixión, vémonos en setembro ¡ata o curso que ven!
- APIs de Blogue
Como facer unha flor da amizade
Os nenos e nenas de primaria de Relixión do CRA de Rianxo, ensinámosvos como facer unha flor da amizade.
A palabra amizade é unha das máis bonitas que ten a nosa lingua, o seu significado implica varios dos conceptos fundamentais que funcionan no noso modo de entender as relacións humanas. Dende o punto de vista cristián tamén é algo fundamental partindo de que a orixe da propia relixión cristiana está nun grupo de doce amigos que decidiron seguir a Xesús, e tamén porque nos remite directamente ao concepto do "amor ao próximo" do que tanto falaba Xesús.
Con esta actividade traballamos valores tan importantes como o amor, o respeto, a tolerancia, a paz... e aprendimos a facer unha flor moi especial en 5 pasos moi sinxelos que agora queremos mostrarvos:
1º Colles un folio e debuxas no centro con rotulador negro unha flor grande e escribes no medio a palabra amizade
2º Nos pétalos da flor vas escribindo palabras que remitan aos valores que expresa o concepto de amizade como amor, xustiza, prestar... e despois repásaas con rotulador negro. Escríbeas primeiro a lápiz para poder borrar si te equivocas ou decides cambiar as palabras elixidas
3º Con ceras brandas coloreas a flor como máis che guste. Procura non utilizar cores demasiado escuras para que se noten as palabras escritas a rotulador
4º Con rotuladores dourados e prateados repasas o contorno da flor, incluindo o centro e os pétalos
5º Recortaa flor do folio e decora con purpurina como máis che guste
E TACHÁN! xa tes unha bonita flor da amizade para regalarlla a quen ti queiras. Mira que bonitas quedaron e que ben o pasamos.
E aquí está a galería de fotos desta bonita e divertida actividade, e un pouco longa pero animádevos a vela toda enteira. Moitos bicos!
- APIs de Blogue
Tarxetas Día da Paz
Os nenos e nenas de Reli estamos facendo un intercambio de tarxetas para conmemorar o Día da Paz. Deste xeito comprobamos o gratificante que é facer algo para os demáis , aínda que sexa unha pequena cousa como pintar unha tarxeta.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5