O malvado Milisforo
Como cada ano na área de Relixión sempre adicamos unha unidade didáctica á familia. O concepto de familia que nun principio parece tan sinxelo e cercano, non é moi fácil de definir, se partimos de que é algo que vai variando ao longo do tempo segundo vai variando tamén a sociedade na que as familias se integran. Pero existen uns "principios básicos" que comparten todas as familias do mundo. Uns principios que se atopan en todas as familias cristianas: o amor e o respeto que se teñen os membros que as compoñen. Da igual cantos membros teña cada familia, a que se adiquen ou o nivel social do que procedan, si algo iguala a todas as familias do mundo é o amor. Esto non é nada novo porque xa é algo que promulgaba Xesús de Nazaret fai máis de dous mil anos, pero sí é algo impedecedeiro: o amor é o pegamento que une ás familias, sí este pegamento fallase algún día o mundo enteiro viríase abaixo... E os nenos e nenas de Relixión coñecemos a alguén que case o consigue, pero repetimos case... é a historia dun home chamado Milisforo. Se queredes coñecela non deixedes de ler:
O MALVADO MILISFORO
(versión do nenos e nenas de Relixión do CRA de Rianxo do conto El Malvado Milisforo)
Había unha vez un home que se chamaba Milisforo que era tan malo que decidiu facerse o amo do mundo.
E por encima de ser moi malo era moi intelixente xa que era capaz de crear máquinas e robots increíbles aos que por suposto utilizou para os seus malvados plans:
O primeiro que fixo foi inventar unha poción que quitaba as gañas de traballar, envenenou a auga e conseguiu arruinar a todos porque ninguen tiña gañas de ir a traballar:
Despois se lle ocorreu envenenar o aire cun gas tan cheirento que lle quitaba as gañas a xente de estar xunta, polo que conseguiu que se cortaran as comunicacións, soltando o seu gas no aire que contaminou a atmósfera.
Estaba moi contento Milisforo cando se deu conta de que só lle faltaba acabar cunha cousa para dominar o mundo por completo: AS FAMILIAS
As familias seguían xuntas e unidas a pesares dos seus inventos, das súas máquinas e dos seus venenos. Así que conseguiu que escaseara a comida, incluso el mesmo llela roubaba ás familias, pero estas compartían o pouco que tiñan:
Como vía que as familias seguían unidas tamén intentou separalas encollendo as casas:
Pero aínda así as familias se arrumbaban no pouco espazo que lles quedaba pero seguían unidas:
Entón Milisforo descubriu cal era o grande segredo das familias : o amor e o respeto que se tiñan as persoas que as formaban , e por moitas maldades que lles fixera non conseguía destruilas, porque non existe nada capaz de destruir o amor.
Fastidiado e contrariado por non poder dominar o mundo por completo abandonou o seus plans e deixou que o mundo volvera á normalidade. As familias voltaron a vivir felices despois de derrotar a Milisforo únicamente coa forza do amor:
E tan deprimido acabou Milisforo que só se lle ocorreu ir a chorar a casa dos seus pais:
Os seus pais correron a darlle unha aperta , lle perdoaron as súas maldades e o animaron a que fose máis bo. E que ata na familia do malo, máis malo todos se queren e se perdoan todo. Non é unha sorte ter unha familia?
FIN
Bueno pois que vos parece o noso conto? Como somos moitos non era posible meter na narración todos os debuxos que fixemos, así que a continuación podedes ver o resto na galería de fotos. En cada debuxo hai unha frase que o explica, porque cada un de nós tiña que debuxar a parte do conto que máis lle gustara e despois contarlle a profe Celia o que debuxara. Ela apuntou o que nos lle fumos dicindo.
Esperamos que vos guste moito o noso traballo. Moitos biquiños e... ata a próxima!
- APIs de Blogue