2013-2014
SAMAÍN: TEMPO DE MEDO E.....DE FESTA
CHEGOU O TEMPO DE SAMAÍN...
NOITE NA QUE OS ANTIGOS CELTAS DESPEDÍAN O VERÁN E DABAN A BENVIDA AO INVERNO...
NOITE NA QUE SE INICIABA UN NOVO ANO...
NOITE MÁXICA, E Á VEZ PERIGOSA, NA QUE AS PORTAS DO OUTROMUNDO SE ABRÍAN
E AS ÁNIMAS ERAN QUEN DE VIR VISITAR ESTE MUNDO E AOS SEUS MORADORES,
MOITAS VECES PARA RENDER CONTAS PENDENTES,...
PERO....ESTE ANO NON TODO FOI MEDO....
GRAZAS ÁS NOSAS FAMILIAS TIVEMOS UNHA GRAN FESTA DE SAMAÍN
- APIs de Blogue
O DÍA DE TODOS OS SANTOS
1 de novembro día de Todos os Santos
Todos os anos cando remata o mes de outubro coinciden dúas celebracións moi importantes dentro da nosa cultura. O día 31 de outubro celebramos o Samaín e o día 1 de novembro celebramos cada ano a festa relixiosa adicada aos nosos defuntos: o día de Todos os Santos.
Neste curso os nenos e nenas de Relixión do CRA, realizamos unha investigación a cerca do significado e das tradicións que se relacionan con esta data. Descubrimos que é unha festa que non só se celebra en Galiza, senón que ten moita tradición no resto de España e en outros moitos lugares de Europa e do mundo. A través dunha presentación de imaxes descubrimos cales son as costumes e tradicións deste día:
Repasamos as nosas tradicións e descubrimos cómo se celebra esta data nos países latino-americanos. xa que nesta zona do mundo ao igual que aquí é unha festa moi importante. Pero descubrimos que as súas costumes son diferentes ás nosas. Queredes saber cales son as diferenzas?
En Galiza ao igual que no resto de España, a tradición é de ir aos cemiterios a visitar aos nosos defuntos, rezar por eles e agasallalos con flores e candeas. Nos días previos as familias limpan e preparan os nichos e as sepulturas dos seus familiares para que estean ben bonitos cando chega o 1 de novembro. É unha celebración familiar de lembranza dos familiares xa falecidos.
Nos países latino-americanos é un día de moita festa e moi alegre, a xente acude aos cemiterios para pasar un día de festa en compaña dos seus defuntos. Tamén se engalanan as tumbas pero a diferenza das nosas costumes, non só se agasalla ao defunto con flores e candeas, senón que se preparan unhas pequenas ofrendas coa fotografía e a comida preferida do falecido.Tamén é costume rezar polos defuntos. Esta costume de agasallar aos defuntos con comida é moi antiga, vense facendo dende tempos ancestrais e se segue conservando hoxe en día.
Tamén descubrimos que existen unha serie de postres ou pratos típicos relacionados con esta data que teñen uns nomes moi singulares:
En Galiza é tradición comer nestas datas os
osiños de santo
e os bolicos, tamén moi tradicionias no resto de España onde reciben o nome de buñuelos
En Cataluña teñen un postre especial que se come nestas datas acompañado de viño novo e castanas: os panellets
En Latino América tamén existen tradicións culinarias relacionadas con este día. Por exemplo en México se comen as tradicionais caaveiriñas de zucre e o pan de morto:
E en paises como Ecuador ou Guatemala, por exemplo, son moi típicas as guaguas acompañadas da colada morada, unha bebida feita a base de viño novo e froitas de tempada.
Por último para celebrar este día tan especial decidimos elaborar unhas tarxetas conmemorativas para compartir coas nosas familias. Coloreamos os debuxos e as letras con rotuladores e decoramos con purpurina de cores. Mirade cal foi o resultado:
esta a fixeron os pequenos:
e os máis maiores fixemos esta:
Bueno pois isto foi o que fixemos o que descubrimos deste día tan especial para os católicos de todo o mundo. A continuación podedes ver as galerías de fotos da actividade.
Galería 1 : escolas de Pazo e Cruceiro
Galería 2: escolas de Cuvide, Capela, Quintáns e Rañó
Esparamos que vos gustase moito o noso traballo e que ao igual ca nós descubrisedes cousas interesantes doutras culturas e pobos. Desexámosvos que pasedes un Samaín "de medo" e un bo Día de Todos os Santos. Moitos biquiños dos nenos e nenas de Relixión. Ata a próxima!
- APIs de Blogue
Cores e emocións
Os nenos e nenas de Relixión de Primaria fixemos un experimento sensorial traballando coas emocións. A profe Celia tróuxonos á clase unha ficha con 12 debuxos de nenos aos que lle tiñamos que debuxar as caras. E as caras tiñan que expresar distintas emocións. Para rematar a actividade tiñamos que aplicarlle unha cor a cada emoción.
A continuación fixemos unha estadística para saber con que cores asociamos as distintas emocións, para elo seleccionamos as 5 emocións que máis se repetiron no debuxo das caras, e observamos as cores que lle fomos aplicando, anotamos cal se repetía máis segundo a emoción. Este foi o resultado:
LEDICIA : AMARELO
MEDO : MARRÓN
RABIA : VERMELLO
TRISTEZA: AZUL
VERGOÑA : ROSA
Que vos pareceu o noso experimento? Ti tamén asociarías estas emoción con estas cores? Nós non coincidimos ao 100% , houbo compañeiros que a LEDICIA, por exemplo, a asocian coa cor verde e outros a pintaron de coloríns. Ou no caso da TRISTEZA á profe lle sorprendeu que moitos de nós a pintaramos de azul. e cando nos preguntou o por qué, nos lle contestamos: "profe pintamos a tristeza de cor azul porque as bágoas tamén son azuis".
Pois nada so queriamos compartir co vos o noso experimento, esperamos que vos guste e vos animamos a que xoguedes nas vosas casas a asociar cores e emocións seguro que vos sorprendedes. Moitos biquiños e ata á proxima!
- APIs de Blogue
Happy Halloween and Samhain!!!
In Britain and other English-speaking countries, Halloween is celebrated the 31st of October.
In Galicia we celebrate Samhain, the celtic original festival marking the end of summer and the beginning of winter.
En Gran Bretaña e noutros países de fala inglesa celebran o Halloween o 31 de outubro.
En Galicia celebramos o Samaín, o festival celta orixinal que marca a fin do verán e o comezo do inverno.
This is how we celebrated both festivals:
Así é como celebramos ámbalas dúas festividades:
- APIs de Blogue
NOITE DE SAMAÍN
UN ANO MÁIS CHEGAN A NÓS, DENDE TEMPOS ANTIGOS, AS CAVEIRAS ACESAS DA NOITE DO SAMAÍN
ver
Festexamos: o Samaín
- APIs de Blogue
O PEIXE VERMELLO
NO DÍA DAS BIBLIOTECAS O PEIXE VERMELLO VOLVEU A ACOMPAÑAR A RAMIRO NA SÚA VISITA Á BIBLIOTECA DO AVÓ. E ERA SABIDO...
O PEIXE VOLVEU DESAPARECER DENTRO DUN LIBRO, E DOUTRO, E DOUTRO MÁIS... E FOINOS MERGULLANDO A TODOS EN NOVAS HISTORIAS DE HISTORIAS XA COÑECIDAS
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
TEÑO UNHA BONECA...
TEÑO UNHA BONECA DE MILLO,
AXUDOUMA A FACER A MIÑA FAMILIA, E CANDO A LEVO Á ESCOLA CÁNTOLLE CANTIGAS ANTIGAS, CANTIGAS DE CANDO OS NENOS E AS NENAS XOGABAN CON BONECAS DE MILLO
"A MIÑA NENA PEQUENA HEINA DE LEVAR Á ESCOLA
HEILLE DE MERCAR UN TROMPO E MÁIS UNHAS CASTAÑOLAS"
E TAMÉN PODO PASEALA NO CARRIÑO, OU FESTEXAR O SEU ANIVERSARIO...
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
XORNADA DE FOLGA
A folga convocada para o pasado día 24 de outubro no ensino público e concertado foi secundada no CRA de Rianxo polo 61,90 % do profesorado e o 91,54% do alumnado.
ARTE ENTRE TODOS
ESTA É A NOSA PRIMEIRA OBRA DE ARTE
E ASÍ COMEZOU O NOSO OBRADOIRO DE ARTE, CUNHA OBRA FEITA ENTRE TODOS E TODAS NÓS.
GUSTOUNOS TANTO QUE QUIXEMOS FACER UNHA PARA CADA UN,
PREMEDE SE QUEREDES VER:
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- seguinte ›
- última »