XORNADA DE FOLGA

A folga convocada para o pasado día 24 de outubro no ensino público e concertado foi secundada no CRA de Rianxo polo 61,90 % do profesorado e o 91,54% do alumnado.

MOITO ÁNIMO!

Moitas grazas e moito ánimo a todas as familias e profesionais que loitamos porque as nosas fillas e fillos teñan unha escola digna. Todas as nenas e nenos merecen ter as mesmas oportunidades e que se atendan as súas diferenzas. Sen unha escola pública de calidade para todos e todas, isto non é posible.