O DÍA DE TODOS OS SANTOS

1 de novembro día de Todos os Santos

Todos os anos cando remata o mes de outubro coinciden dúas celebracións moi importantes dentro da nosa cultura. O día 31 de outubro celebramos o Samaín e o día 1 de novembro celebramos cada ano a festa relixiosa adicada aos nosos defuntos: o día de Todos os Santos.

Neste curso os nenos e nenas de Relixión do CRA, realizamos unha investigación a cerca do significado e das tradicións que se relacionan con esta data. Descubrimos que é unha festa que non só se celebra en Galiza, senón que ten moita tradición no resto de España e en outros moitos lugares de Europa e do mundo. A través dunha presentación de imaxes descubrimos cales son as costumes e tradicións deste día:

 

Repasamos as nosas tradicións e descubrimos cómo se celebra esta data nos países latino-americanos. xa que nesta zona do mundo ao igual que aquí é unha festa moi importante. Pero descubrimos que as súas costumes son diferentes ás nosas. Queredes saber cales son as diferenzas?

En Galiza ao igual que no resto de España, a tradición é de ir aos cemiterios a visitar aos nosos defuntos, rezar por eles e agasallalos con flores e candeas. Nos días previos as familias limpan e preparan os nichos e as sepulturas dos seus familiares para que estean ben bonitos cando chega o 1 de novembro. É unha celebración familiar de lembranza dos familiares xa falecidos.

Nos países latino-americanos é un día de moita festa e moi alegre, a xente acude aos cemiterios para pasar un día de festa en compaña dos seus defuntos. Tamén se engalanan as tumbas pero a diferenza das nosas costumes, non só se agasalla ao defunto con flores e candeas, senón que se preparan unhas pequenas ofrendas coa fotografía e a comida preferida do falecido.Tamén é costume rezar polos defuntos. Esta costume de agasallar aos defuntos con comida é moi antiga, vense facendo dende tempos ancestrais e se segue conservando hoxe en día.

Tamén descubrimos que existen unha serie de postres ou pratos típicos relacionados con esta data que teñen uns nomes moi singulares:

En Galiza é tradición comer nestas datas os

osiños de santo

e os bolicos, tamén moi tradicionias no resto de España onde reciben o nome de buñuelos

En Cataluña teñen un postre especial que se come nestas datas acompañado de viño novo e castanas: os panellets

En Latino América tamén existen tradicións culinarias relacionadas con este día. Por exemplo en México se comen as tradicionais caaveiriñas de zucre e o pan de morto:

 

E en paises como Ecuador ou Guatemala, por exemplo, son moi típicas as guaguas acompañadas da colada morada, unha bebida feita a base de viño novo e froitas de tempada.

  

Por último para celebrar este día tan especial decidimos elaborar unhas tarxetas conmemorativas para compartir coas nosas familias. Coloreamos os debuxos e as letras con rotuladores e decoramos con purpurina de cores. Mirade cal foi o resultado:

esta a fixeron os pequenos:

e os máis maiores fixemos esta:

 

Bueno pois isto foi o que fixemos o que descubrimos deste día tan especial para os católicos de todo o mundo. A continuación podedes ver as galerías de fotos da actividade.  

Galería 1 : escolas de Pazo e Cruceiro

 

Galería 2: escolas de Cuvide, Capela, Quintáns e Rañó

 

Esparamos que vos gustase moito o noso traballo e que ao igual ca nós descubrisedes cousas interesantes doutras culturas e pobos. Desexámosvos que pasedes un Samaín "de medo" e un  bo Día de Todos os Santos. Moitos biquiños dos nenos e nenas de Relixión. Ata a próxima!