Hoxe, o alumnado de primaria, realizou unha saída didáctica organizada pola Comunidade de Montes Cruz de Avelán na que visitaron os petróglifos de Bouza Badín donde a arqueóloga Nerea lles explicou os motivos gravados na pedra. Tamén fixeron unha plantación de frondosas donde Verónica, a axente forestal a cargo da zona onde está situada a masa forestal desta Comunidade de Montes, faloulles de prevención de incendios.
Nos petróglifos Nerea, Elena e Darío,arqueólogos da Sociedade Cooperativa Galega Árbore Arqueoloxía e Restauración de Campo Lameiro que fixeron unha brillante presentación dos petroglifos para os nenos, explicaronlles a importancia desta parte do noso patrimonio desde hai 4000 anos, alá na idade do bronce. Puideron observar motivos xeométricos, animais, puntos, círculos que aparecen representados nas pedras. Nerea contoulles que a mellor hora para visitalos é ao amencer ou ao anoitecer xa que a luz é máis axeitada para recoñecer as formas e que a mellor técnica é utilizando un espello. Tamén viron algún petróglifo medieval e escoitaron a lenda do cabalo do apóstolo Santiago, que pisou nas pedras de Bouza Abadín.
Elena aprendeulles a facer lume con seixo e pirita e con madeira de hedra e Darío explicoulles como é o proceso de estudo e conservación dos petróglifos.
Durante a plantación desfrutaron dando unha oportunidade de crecemento a varias árbores que tan xenerosamente nos regalou a Escola de capataces forestales de Lourizán, e recibiron unha moi interesante charla sobre prevención de incendios forestais grazas a membros do Distrito forestal de Noia que axudaon coa plantación e lles ensinaron aos nenos e nenas como funciona unha motobomba.
Unha vez rematada a xornada foron merendar o parque da Cruz do Avelán.
Todo isto, mentras gozamos da marabillosa contorna que temos en Dodro.
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!