ROTEIRO CULTURAL OS DÍAS OLVIDADOS

 O martes 21 de xaneiro o alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria acompañados de Nando, o técnico deportivo do concello, percorremos o roteiro Os días olvidados, para coñecer a vida e obra de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Aquí nos tendes ao lado do pozo do Conxeiro, sabedes para que se utilizaba?

 Parte da andaina pola Braña, lugar de inspiración de Eusebio.

 

  Fixemos unha paradiña para coñecer a casa onde naceu e viviu  o poeta que procurou nos espellos os nomes exactos da luz, como di a placa situada na fachada.

 

 E aquí a nosa proeza:

 

Moitas grazas a Nando por acompañarnos e explicarnos.

GALERÍA DE FOTOS

NADAL NO COLE

Xa chegou o Nadal e, coma todos os anos a creatividade ponse a  proba. Na conserxería poñemos a nota navideña con esta orixinal árbore....

E o alumnado de primaria decora este curso a árbore colocada no patio interior. A árbore contén corazóns con palabras e citas en portugués..lembrade que o noso proxecto de centro ten como temática a lusofonía!

 

 O alumnado de 6º fixo tamén unha preciosa cheminea para decorar o patio de primaria  onde celebramos o festival. Quedou xenial!!!.  Fixeron os calcetíns en cartón e o alumnado de 1° pintounos, porque como os alumnos e alumnas de 6º son padriños e madriñas lectoras, pareceulles boa idea facer un traballo conxunto. A maiores puxeron, pola parte posterior dos calcetíns, unha recomendación de libros para os seus "afillados" e "afilladas".

 

O festival deste ano mostrou uns talentos que ata o de agora estaban ocultos...1º de primaria deleitounos cun baile e a canción "Quérote máis cá tortilla de patacas con xamón" interpretada con lingua de signos. Fixéronno xenial!!

 

2º de primaria cantou unha panxoliña titulada "Ímonos xa pra aldea"

O programa de actuacións foi o seguinte:

 

Deixámosvos aquí as galerías de fotos e vídeos para que lles botedes un ollo...

 

GALERÍA DE FOTOS

VÍDEOS

BO NADAL

 

 

SAÚDE BUCODENTAL

O venres 13 de decembro  Vanessa e Eva, traballadoras da clínica dental Mares en Taragoña, viñeron ao cole para explicar ao alumnado de 1º e 2º  de Primaria como se realiza unha boa hixiene bucodental. Ademáis diso faláronnos sobre as partes do dente e contáronnos moitas curiosidades relacionadas coa boca, por exemplo: o peixe gato ten 9280 dentes, o tiburón balea ten máis de 4500, canto traballiño para o ratiño Pérez!

Sabías que o mosquito tamén ten dentes?

 

 

Para facer a práctica agasalláronnos cun estoxo cos útiles de aseo diario.

Moitísimas grazas á clínica dental Mares por este labor de difusión da hixiene e a saúde. 

VISITA DO CRA

O luns, 2 de novembro, as nenas e nenos do C.R.A., xunto as súas mestras, visitaron a nosa biblioteca e fixeron varias actividades. Esperamos que o pasaran estupendamente e queden con ganas de volver.



 

VIDA ACTIVA

Ao longo destas dúas semanas sacamos tempo para saír a correr por fóra, cada quen ao seu ritmo, uns andando e outro correndo. Aquí nos vedes preparados para o inicio.

 

E aquí unha captura do percorrido realizado

  

 

Grazas a todo o alumnado e profesorado de Primaria por estas xornadas deportivas.

6º DE PRIMARIA EN IGUALDADE

 

O alumnado de 6º de primaria realizou un estupendo traballo para conmemorar o 25 N e lembrar a necesidade de loitar contra a violencia de xénero. Aquí queda unha mostra...

TÍRALLE DA LINGUA

O xoves 28 de novembro, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia celebrouse o XVIII certame de relato oral "TÍRALLE DA LINGUA". E quen actuou? Pois as mozas e mozos de 3°ESO, que nos contaron unha historia orixinal, pseudo-auto-biográfica e tráxico-cómica a un tempo, titulada "BIG BANG". Porque se o marabilloso mundo que habitamos naceu do caos e dunha colosal explosión, por que non había ser a caótica clase de 3°ESO a mellor clase do mundo? Historia sensacional, chea de humor do bo e con banda sonora e todo, que nos demostrou que este grupo é un gran grupo que sabe TRABALLAR EN EQUIPO. GHAAAAAS! 
PARABÉNS!

25 DE NOVEMBRO

CANDO UNHA MULLER MORRE VÍTIMA DA VIOLENCIA MACHISTA, COMO SOCIEDADE MORREMOS TO@S.
 
Esta foi a mensaxe e a reflexión que o alumnado e o profesorado de Secundaria quixo trasladar para conmemorar o Día Mundial contra a Violencia de Xénero. Unha reflexión que tentamos plasmar nun proceso creativo: a construción dunha silueta de muller conformada coas nosas imaxes. Porque no momento en que unha muller é asasinada fracasamos como sociedade e un pouco de nós morre canda ela.
 
 
No Eusebio Lorenzo Baleirón condenamos a violencia e volvemos abrir a porta violeta da Igualdade, que atravesaron tanto o alumnado como o profesorado novos, xunto con algúns /has representantes do Concello; e lemos poemas escritos polo alumnado de 2° ESO sobre o que é vivir "Nunha casa en Igualdade"; e escoitamos as reflexións dos pequechos e pequechas de Primaria sobre a Igualdade que nos deixaron, para que as teñamos ben presentes, colgadiñas no tendal violeta de Rosalía. Tamén escoitamos a Declaración institucional do Concello e todo isto na compaña dos anciáns e anciás do Centro de Día e mais da veciñanza que por aquí se achegou.


 
O 25 de novembro estivemos todos e todas. Agora toca seguirmos TRABALLANDO cada xornada, clase a clase, proxecto a proxecto, TODOS OS DÍAS.

12 NOVEMBRO, DÍA MUNDIAL CONTRA A OBESIDADE

Hoxe 12 de novembro día mundial contra a obesidade, tivemos connosco a Óscar e a Jose, director e técnico deportivo da piscina municipal de Rianxo. O alumnado de ESO, 5º e 6º de Primaria asistiu a unha interesante charla sobre hábitos de vida saudables e aspectos como: diferencias entre nutrición e alimentación, concepto de dieta, pautas de alimentación segundo as actividades a desenvolver,  a necesidade de hidratarse, a relación entre nutrición e actividade física, ... conceptos que xa nos soan das clases de CCNN e de E. Física pero que sempre convén lembrar. Tamén nos adiantaron que para a semana que vén levaremos á práctica un circuito saudable diario. Xa nos está tardando!

Mágoa que as dificultades técnicas nos impediran visualizar a presentación que traían preparada, pero o bo facer destes compañeiros deron como resultado unha charla amena e produtiva.

 

A continuación, todo o alumnado do CPI participou nunha actividade organizada polos mesmos monitores dentro do programa MOVE-T:HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES. Os maiores fixemos un circuito que nos fixo reflexionar sobre os contidos da charla e os máis pequenos participamos nunha sesión de movemento con música dirixidos por Carmen.

Velaquí nos tendes en distintos momentos da xornada.

 

 

Agradecemos á piscina municipal de Rianxo a  oferta desta actividade. Estaremos pendentes de novas propostas!

SAÍDA DIDÁCTICA DE 3º E 4º DE PRIMARIA

 

Onte o alumnado de 3 e 4 de Primaria asistimos  Auditorio de Abanca en Santiago a ver GAIA.  Un espectáculo onde a voz e a danza nos achegaron ós coñecementos do medio ambiente dende unha óptica imaxinativa.


Powered by Drupal - Design by artinet