O venres 13 de decembro Vanessa e Eva, traballadoras da clínica dental Mares en Taragoña, viñeron ao cole para explicar ao alumnado de 1º e 2º de Primaria como se realiza unha boa hixiene bucodental. Ademáis diso faláronnos sobre as partes do dente e contáronnos moitas curiosidades relacionadas coa boca, por exemplo: o peixe gato ten 9280 dentes, o tiburón balea ten máis de 4500, canto traballiño para o ratiño Pérez!
Sabías que o mosquito tamén ten dentes?
Para facer a práctica agasalláronnos cun estoxo cos útiles de aseo diario.
Moitísimas grazas á clínica dental Mares por este labor de difusión da hixiene e a saúde.