AS CLASES REANUDARANSE O MARTES 29 DE MARZO.
BOAS VACACIÓNS A TODOS.
AS CLASES REANUDARANSE O MARTES 29 DE MARZO.
BOAS VACACIÓNS A TODOS.
Recordades o canciño atopado por un alumno de 3º de ESO?....Chamárono Gonzo. Mirade como medrou e o guapote que se puxo!!!!...Na imaxe posa xunto ao seu pequeno compañeiro de xogos....
O MARTES, 8 DE MARZO, CELEBRAMOS NO CENTRO O "DIA DA MULLER TRABALLADORA... REPARTIMOS UNHAS PRANTIÑAS OS ALUMNOS, CUMHA FERMOSA MENSAXE.
NA GALERIA DE FOTOS PODEDES GOZAR DESTAS FOTOS COS NOSOS ALUMNOS!!!!
O día 29 de marzo remata o prazo para presentar reservas de matrícula nos centros de bacharelato e ciclos formativos de Padrón.
A PARTIRES DO DÍA 2 DE FEBREIRO O SERVIZO DE CONSERXERÍA DO CENTRO QUEDARÁ SUSPENDIDO ÁS 13:00 HORAS DEBIDO A UN CAMBIO ORGANIZATIVO ORDEADO POLO CONCELLO DE DODRO, POLO QUE NON SERÁ POSIBLE ATENDER CHAMADAS TELEFÓNICAS NEN REALIZAR A ATENCIÓN ÁS FAMILIAS COMO VIÑA SENDO HABITUAL.
ESPERANDO QUE SEXA ALGO TEMPORAL, DESCULPEN AS MOLESTIAS.
AGRADECEMOS A SÚA COMPRENSIÓN E PACIENCIA.
UN SAÚDO
Onte celebramos o día de Rosalía. Os alumnos de Secundaria "mobilizaron a Rosalía" a través dos teléfonos móbiles e dos ordenadores compartindo un verso da autora cos seus contactos. En canto ao alumnado de Primaria, escribiron poemas e fixeron preciosos debuxos para conmemorar este día. Ademais Martiño de 3º de Primaria e Saleta de 1º levaron a cabo unha extraordinaria actuación: Martiño interpretou cancións ao saxofón e Saleta recitou o poema "Cómo chove miudiño". Podedes ver algunhas fotos na galería.
Informamos de que este mércores 24 de febreiro imos celebrar no colexio o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, símbolo universal da cultura galega. Con este motivo sumámonos á celebración MobilizaRosalía, na que o alumnado da ESO, durante a Hora de Ler, e a través dos teléfonos móbiles ou dos ordenadores, vai compartir un verso de Rosalía cos seus contactos (sempre baixo a supervisión do profesorado). En canto ao alumnado de Primaria, levará para a casa unha sorpresa moi especial.
Así mesmo, convidamos ás familias do alumnado a que celebren este día difundindo un verso de Rosalía a través das redes sociais, acompañado da etiqueta MobilizaRosalía. A nosa proposta de envío é o seguinte verso da autora:
“Trocando en sonrisas / queixas e choros”
Outra homenaxe que está na man de todos nós é agasallar cun libro en galego e unha rosa neste Día de Rosalía, como mostra de compromiso activo coa literatura que ela axudou a nacer.
Moitas grazas pola vosa colaboración e Feliz Día de Rosalía!
Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior: ENLACE
Xa están na "Galería" as fotos do Entroido!!!
Convócanse probas para a obtención do título de BACHAREL para maiores de vinte anos e para a obtención do título de ESO para maiores de dezaoito anos.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |