CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Onte celebramos o día de Rosalía. Os alumnos de Secundaria "mobilizaron a Rosalía"  a través dos teléfonos móbiles e dos ordenadores compartindo un verso da autora cos seus contactos. En canto ao alumnado de Primaria, escribiron poemas e fixeron preciosos debuxos para conmemorar este día. Ademais Martiño de 3º de Primaria e Saleta de 1º levaron a cabo unha extraordinaria actuación: Martiño interpretou cancións ao saxofón e Saleta recitou o poema "Cómo chove miudiño". Podedes ver algunhas fotos na galería.

 

                                     

Powered by Drupal - Design by artinet