SAÍDA A SANTIAGO 5º E 6º PRIMARIA

 
O pasado xoves día 2 de febreiro o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de viaxar ata Santiago para gozar dunha mañá diferente. En primeiro lugar, dirixíronse ata o Auditorio Abanca, para ver a obra teatral en inglés "What's a monster". Despois, merendaron nas escaleiras da Praza da Quintana, e, finalmente, aprenderon un pouco máis sobre a historia da Catedral de Santiago grazas a Lola, profesora da Facultade de Xeografía e Historia e especialista en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (USC), que nos acompañou durante boa parte da xornada. A verdade é que foi un día moi completo que nos deixou a todos e todas con ganas de máis.
 
No seguinte enlace podedes ver o vídeo da saída.
 
 
 

  

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ.

 
Hoxe, luns 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz coa interpretación da canción Aquarela do compositor brasileño Toquinho, nunha versión multilingüe e inclusiva coa proxección da letra de dita canción en Lengua se Signos Española (LSE) e pictogramas de ARASAAC.
 
 
 
Aquí tedes o vídeo da actividade. No Facebook do colexio tedes máis información e vídeos do acto. 

FESTIVAL DE NADAL

A celebración do festival de Nadal deste ano resultou marabillosa. Tivemos con nós a alumnado e familias do CRA e unhas actuacións dignas de mención.

 

Co fin das clases, o alumnado de 5º de Educación Primaria  dá por finalizado o traballo arredor da obra teatral “Conto de Nadal” traballada durante máis dun mes. Foi un proceso moi interesente e enriquecedor para todos e todas. Nun inicio comezamos a repartir os papeis e a ler o guión na aula, trantando de mellor a entonación para que se axustase ao máximo a cada personaxe. Despois comezamos a interpretalo de pe na aula, para finalmente, o 12 de decembro iniciarnos cos ensaios diarios no escenario central. Pouco a pouco foi mellorando o dominio do guión, a escenografía foi variando ata parecerse cada vez máis ao resultado final, aparecendo o mobiliario e os decorados. Foi un proceso longo pero que o alumnado de 5º soubo aproveitar.  

Sen a axuda do profesorado e especialmente da mestra de música Carolina, nada sería posible. 

O camiño da nosa compañía teatral de 5º acaba de comezar,mais, que será o seguinte?....

O resto do alumnado e profesorado tamén traballou arreo para que puideramos ofrecer á nosa comunidade educativa un festival co que poder desfrutar despois de tanto tempo sen realizar este tipo de celebracións.

 

 

Nos enlaces deixamos, fotos e vídeos:

VÍDEOS ALUMNADO DO CRA

VÍDEOS ALUMNADO DO CPI

VÍDEO ENSAIO OBRA TEATRAL 5º

OUTROS VÍDEOS

FOTOS

VÍDEO REMATE FESTIVAL

Desexamos a toda a nosa comunidade educativa unhas Felices Festas e un Próspero Ano.

Premio "Tíralle da Lingua"

A nosa alumna de 2° ESO Uxía Ríos García acadou o Primeiro Premio no Certame "Tíralle da Lingua" de Relato Oral coa súa historia "O trasno do río Vello". Que orgullo!
Moitos parabéns, Uxía, polo traballo rigoroso e serio á hora de preparar esta fermosa e divertida historia e, sobre todo, polo teu TALENTO.
Aquí tedes o enlace ao traballo e tamén á publicación da AS-PG.

Exposición e Premio Eusebio Lorenzo Baleirón.

O sábado 10 de decembro celebrouse no noso centro a cerimonia de entrega do XXXV Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Este ano a galardoada foi a poeta lucense Brenda Mondelo. Tamén recibiu o Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón o noso alumno de cuarto da ESO Xian Rial. Parabéns!

Nese acto presentouse tamén unha exposición do traballo do alumnado de 2º da ESO dirixido pola profesora Ana Ledo coa colaboración dos alumnos de 3° da ESO e do profesor Xiao Somoza. Un traballo que Ana Ledo explicou así: "En xaneiro de 2022, data na que Eusebio Lorenzo Baleirón cumpriría 60 anos, comezou unha apaixonante andaina por Dodro na procura de información sobre o noso poeta. Máis alá do que nos ofrecía a Wikipedia e a rede, queriamos coñecer ao Eusebio veciño e ser humano. E qué mellor maneira de facelo que acudindo ás fontes directas que partillaron con el tempo e vivencias: VÓS. O froito das nosas pescudas ficou plasmado na exposición "EUsebio", que inauguramos na cerimonia de entrega do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de Poesía. Nesta exposición, presentada polo alumnado voluntario de 2°ESO (grupo do que partiu o proxecto) podemos comtemplar todos os materiais atopados e todos os traballos desenvolvidos polos diferentes cursos nas áreas de Plástica, Tecnoloxía, Informática e Lingua Galega e Literatura. E agora EUsebio, xa é máis NÓS."

 
 
 
 


Aquí podedes ver os vídeos das presentacións: vídeo 1, vídeo 2, e vídeo 3 e tamén o enlace ao facebook do colexio.

25 de novembro: Día Internacional conta a Violencia Machista

O día 25 de novembro celebramos no centro o Día Internacional contra a Violencia Machista cunha actividade conxunta de Primaria e Secundaria. Para conmemorar esta data botamos man da volvoreta como símbolo da muller maltratada e cada alumno e alumna fixo a súa, personalizándoa cunha mensaxe ou debuxo. 

 

Aquí tedes o enlace ás fotos da actividade e aquí o enlace ao Facebook do colexio.

ENTREGA DO XXXV PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

Información sobre o acto de entrega do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón convocado polo Concello de Dodro que terá lugar o vindeiro 10 de decembro:

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2022-2023

O xoves 7 de xullo publicaremos, na cristaleira interior do centro, as listaxes de alumnos/as que teñen dereito ás axudas para adquirir libros de texto e material escolar (1º e 2º Primaria) e os admitidos no fondo de libros (3º a 6º de primaria e 1º a 4º da ESO). As reclamacións a estas listaxes poderán facelas nos dous días seguintes á publicación é dicir, o 8 e 11 de xullo, despois deses días non se admitirán reclamacións. Deberán achegarse ao centro para consultar as listaxes, nelas figura o/a  alumno/a que solicitou participar no fondo de libros co número de libros que recibirá en préstamo e no caso de 1º e 2º de primaria as axudas que recibirá. Os vales de material para todos os cursos entregaranse neses días. Os que non sexan recollidos entregaranse en setembro.
 
As listaxes definitivas cos libros que recibirá cada alumno/a publicarase o martes día 12.
 
O horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00 horas.

LIBROS DE TEXTO 22-23

Nos enlaces poden acceder ás listaxes dos libros de etxto para op curso 22-23:

LIBROS DE TEXTO PRIMARIA

LIBROS DE TEXTO ESO

Powered by Drupal - Design by artinet