SOLIDARIOS COS ANIMAIS

Este curso realizouse unha micromovie e un cartel solidario coa idea de concienciar á sociedade no trato que se lle dá aos animais de compañía.

Ter un can (gato) supón ter que adicarlle tempo e atencións para evitar futuros problemas. Esto é algo que a nosa sociedade aínda non asumiu.

A nosa campaña pretende axudar a comprender que, se tes un animal, tes que darlle non só alimento, senon cariño, atención veterinaria e educación. Moitos dos casos de abandono xurden por non sermos conscientes do esforzo que supón educalos e coidalos.

                                

                                               Alumnos de 2º de primaria que participaron na realización da foto para o cartel da campaña.

Máis información no apartado de Plan Proxecta 2013-2014- Rede de Centros Escolares Solidarios.

VÍDEO

Os alumnos de 3º de ESO, coordinados polos profesores dos departamentos de Música e de Plástica e coa colaboración do departamento de Tecnoloxía, realizaron un magnífico vídeo musical ao que podedes acceder picando no enlace.....

JUDO NA ESCOLA

O Departamento de Educación Física  organizou unha actividade de Judo cos alumnos de primaria. Tedes máis información na sección correspondente de E.F.- Primaria.

 

ROSI MARTÍNEZ

 

Chámome Rosi Martinez, teño 22 anos e son corredora de descenso, que é unha modalidade de ciclismo, son tres veces campiona de España nesta modalidade e seis veces campiona Galega.

O venres 14 de Febreiro estarei convosco para contarvos como foi a miña carreira deportiva ata agora. 

 

 

 

 

FELICES FESTAS

BO NADAL !!!!!!!

INFORMACIÓN SOBRE O PLAN PROXECTA

Entrando en Plan Proxecta 2013-2014 podedes acceder a Rede de Centros Solidarios e ver algunhas das novidades deste primeiro trimestre!!

GRAZAS!!!

GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORÁCHEDES ENVIANDO DONACIÓNS PARA A CANCEIRA!!!!!

SOBRE O MALTRATO ANIMAL

 

 

Continuando co tema sobre o maltrato animal, os alumnos de 4º de ESO fixeron unha exposición co material aportado pola asociación ANDA (Asociación  Nacional para la Defensa  de los Animales) e material recadado polo alumnado a través de internet. Esta mesma asociación estará no noso centro o 13 de xaneiro para impartir unha charla sobre o maltrato aos animais e á que estades todos invitados. A charla estará dirixida a 6º de Primaria e todos os cursos da ESO e, previamente, as profesoras de Tecnoloxía e Ciencias naturais faran un traballo didáctico co alumnado de ESO e, en Primaria, cada titor encargarase de que os seus alumnos visiten a exposición e reciban a información correspondente a cada curso.

CHEGA O NADAL!!!!

Coma outros anos o vindeiro venres día 22 celebraremos o festival de Nadal ao que estades todos invitados. Haberá actuacións musicais e chegarán as Súas Maxestades os Reis Magos para recoller as cartas dos nenos e repartir caramelos e os adorniños da árbore que foron feitos con moito cariño polos alumnos do centro.

Aquí podedes ver unha mostra dos traballos feitos polos alumnos de 6º de Primaria.

                                           

 

A NOSA AMIGA.........

................XA TEN NOME: MIKI

MOITA SORTE MIKI!!: Esperamos que teñas unha vida longa e feliz!!!

Powered by Drupal - Design by artinet