SOBRE O MALTRATO ANIMAL

 

 

Continuando co tema sobre o maltrato animal, os alumnos de 4º de ESO fixeron unha exposición co material aportado pola asociación ANDA (Asociación  Nacional para la Defensa  de los Animales) e material recadado polo alumnado a través de internet. Esta mesma asociación estará no noso centro o 13 de xaneiro para impartir unha charla sobre o maltrato aos animais e á que estades todos invitados. A charla estará dirixida a 6º de Primaria e todos os cursos da ESO e, previamente, as profesoras de Tecnoloxía e Ciencias naturais faran un traballo didáctico co alumnado de ESO e, en Primaria, cada titor encargarase de que os seus alumnos visiten a exposición e reciban a información correspondente a cada curso.

Powered by Drupal - Design by artinet