GONZO

Recordades o canciño atopado por un alumno de 3º de ESO?....Chamárono Gonzo. Mirade como medrou e o guapote que se puxo!!!!...Na imaxe posa xunto ao seu pequeno compañeiro de xogos....

8 DE MARZO, DIA DA MULLER TRABALLADORA

O MARTES, 8 DE MARZO, CELEBRAMOS NO CENTRO O "DIA DA MULLER TRABALLADORA... REPARTIMOS UNHAS PRANTIÑAS OS ALUMNOS, CUMHA FERMOSA MENSAXE.

NA GALERIA DE FOTOS PODEDES GOZAR DESTAS FOTOS COS NOSOS ALUMNOS!!!!

RESERVA MATRÍCULA

O día 29 de marzo remata o prazo para presentar reservas de matrícula nos centros de bacharelato e ciclos formativos de Padrón.

AVISO URXENTE!!!

A PARTIRES DO DÍA 2 DE FEBREIRO O SERVIZO DE CONSERXERÍA DO CENTRO QUEDARÁ SUSPENDIDO ÁS  13:00 HORAS DEBIDO A UN CAMBIO ORGANIZATIVO ORDEADO POLO CONCELLO DE DODRO, POLO QUE NON SERÁ POSIBLE ATENDER CHAMADAS TELEFÓNICAS NEN REALIZAR A ATENCIÓN ÁS FAMILIAS COMO VIÑA SENDO HABITUAL.

ESPERANDO QUE SEXA ALGO TEMPORAL, DESCULPEN AS MOLESTIAS.

AGRADECEMOS A SÚA COMPRENSIÓN E PACIENCIA.

UN SAÚDO

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Onte celebramos o día de Rosalía. Os alumnos de Secundaria "mobilizaron a Rosalía"  a través dos teléfonos móbiles e dos ordenadores compartindo un verso da autora cos seus contactos. En canto ao alumnado de Primaria, escribiron poemas e fixeron preciosos debuxos para conmemorar este día. Ademais Martiño de 3º de Primaria e Saleta de 1º levaron a cabo unha extraordinaria actuación: Martiño interpretou cancións ao saxofón e Saleta recitou o poema "Cómo chove miudiño". Podedes ver algunhas fotos na galería.

 

                                     

DÍA DE ROSALÍA

Informamos de que este mércores 24 de febreiro imos celebrar no colexio o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, símbolo universal da cultura galega. Con este motivo sumámonos á celebración MobilizaRosalía, na que o alumnado da ESO, durante a Hora de Ler, e a través dos teléfonos móbiles ou dos ordenadores, vai compartir un verso de Rosalía cos seus contactos (sempre baixo a supervisión do profesorado). En canto ao alumnado de Primaria, levará para a casa unha sorpresa moi especial.

 

Así mesmo, convidamos ás familias do alumnado a que celebren este día difundindo un verso de Rosalía a través das redes sociais, acompañado da etiqueta MobilizaRosalía. A nosa proposta de envío é o seguinte verso da autora:

 

        “Trocando en sonrisas / queixas e choros”

 

Outra homenaxe que está na man de todos nós é agasallar cun libro en galego e unha rosa neste Día de Rosalía, como mostra de compromiso activo coa literatura que ela axudou a nacer.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e Feliz Día de Rosalía!

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior: ENLACE

ENTROIDO 2016

Xa están na "Galería" as fotos do Entroido!!!

CONVOCATORIA PROBAS

Convócanse probas para a obtención do título de BACHAREL para maiores de vinte anos e para a obtención do título de ESO para maiores de dezaoito anos.

AVISO IMPORTANTE!!!


Estimadas familias, comunicámoslles que as clases de reforzo das tardes (PROA) comezarán o vindeiro martes día 2 de febreiro e rematarán o día 16 de xuño.

Recordarlles que serán impartidas os martes e os xoves de 16:00 a 18:00 e que o alumnado non contará con transporte.

Powered by Drupal - Design by artinet