PRIMARIA CELEBRA O DÍA CONTRA A VIOLENCIA

 

 

 

Os alumnos e alumnas de 1º de primaria sumáronse ao acto celebrado para conmemorar o día da non violencia....na sección de actividades de primaria podedes ver

  algunha galería de fotos.

CONCURSO DE HAIKUS

 

Como complemento ás actividades do centro sobre a violencia de xénero os departamentos de Galego e Lingua Castelá propoñen un concurso de Haikus en Secundaria.

Animádevos que haberá premios!!!

As bases foron explicadas polas correspondentes profesoras nunha reunión co alumnado na biblioteca...aquí tedes unha mostra do cartel:

MÁIS ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

 

O venres 25 de novembro fixemos unha actividade para concienciar ao alumnado sobre a violencia de xénero. A idea partiu dos Departamentos de Castelán e Galego de Secundaria e participou todo o alumnado do centro. Consistiu na simulación dun muro no que se escribiron as estrofas do poema do noso ex-compañeiro Carlos Negro e que leva por título "O Muro" e que foron lidas polo alumnado de 3º de ESO, para despois cubrir esas frases sexistas con pedras que reflexen os bos desexos e atitudes das novas xeracións ao respecto deste tema.

OS MÁIS PEQUENOS VISITAN A NOSA BIBLIOTECA

 

O  venres  día 25 de novembro o alumnado do CRA visitou a biblioteca do noso centro. Ademais dunha explicación sobre como é a mesma, desfrutaron dun conto lido e representado por alumnos e alumnas de 3º de ESO...depois poideron examinar os libros infantís e facer unha actividade manual que consistiu na elaboración dun marcapáxinas.

A experiencia foi moi satisfactoria e esperamos que se repita.

ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar a semana contra a violencia de xénero O EQUIPO TÉCNICO DO PROGRAMA SOCIOEDUCATIVO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO impartiu charlas sobre o tema para o alumnado de 3º e 4º de ESO dentro dun programa que leva por título "Suprime o control". Estas charlas terán continuidade no 2º e 3º trimestre.

PISCINA E MUSEOS

O alumnado de primaria realizou, o xoves día 10 de novembro, unha saída didáctica organizada polo departamento de Educación Física que consistiu nunha actividade na piscina de Rianxo que non só contou con baño e actividade física (creo que algún/a moveu moito o esqueleto nas clases de Zumba) senon con visita ás instalacións da piscina. Os monitores/as foron encantadores polo que damos as grazas de corazón. Está previsto que veñan ao centro facer recreos saudables para este mesmo alumnado.

Aproveitando que estaban nesta preciosa vila visitaron tamén a Aula Activa, o Museo do Mar e a casa de manuel Antonio.

No ENLACE tedes unha pequena galería de fotos epicando en PRIMARIA accededes á páxina do cole onde tedes máis información sobre a actividade.

PITUSA SEMIFUSA

O día 3 de novembro os alumnos de 1º e 2º de primaria desfrutaron dun divertido concerto en Santiago de Compostela: "Pitusa Semifusa e as familias de instrumentos".

Nos enlaces tedes o acceso ás galerías de foto:   ENLACE1

ENLACE2

 

SAMAÍN, MAGOSTO, HALLOWEEN 2016

 

 

 O venres día 28 de outubro celebramos o Samaín, o magosto e halloween....houbo de todo: lectura de contos de medo, obra de teatro, exposición de cabazas, concurso de contos de misterio con premios incluídos (os premios tamén foron un misterio xa que non nolos ensinaron...sospeitamos que foron libros e cómics)....

 

 

As fotos poderedes velas nos enlaces adxuntos: enlace1 e enlace2

Grazas a todos por colaborar !!!!!

URXENTE!!!!!!

 

 

TRES CANCIÑOS DE RAZA PEQUENA PRECISAN FAMILIAS DE ADOPCIÓN. É MOI URXENTE. SE ALGUÉN ESTÁ INTERESADO PODE CONTACTAR A TRAVÉS DO NÚMERO DO COLEXIO 881867041. 

SER SOLIDARIOS NON IMPLICA TER QUE ADOPTAR, TODOS PODEMOS AXUDAR SIMPLEMENTE COMPARTINDO ESTA INFORMACIÓN.

Poñeremos fotos en breve.

Grazas pola posa colaboración

MAGOSTO E SAMAÍN

 

 

O vindeiro venres 28 de outubro celebraremos o Magosto, Halloween e o Samaín no colexio. Ás 9:15 haberá unha representación teatral e contacontos a cargo de alumnado de secundaria  e sobre as 10:30 participaremos en obradoiros de pintura de cara e xogos populares. Desfrutaremos ademais da exposición de cabazas feita polo alumnado de primaria que estará exposta no patio interior de primaria e na biblioteca.

Asaremos castañas pero, este ano, non poderemos ofrecer ao alumnado a degustación de chourizos que era costume asar nesta data xa que non contamos con persoal de conserxería para a organización e desenvolvemento da actividade.

O remate da celebración será PARA TODO O ALUMNADO ás 12:40 horas e recordamos ás familias que o luns 31  e o martes día 1 non serán lectivos.

Contamos coa vosa  participación, estades todos invitados!!!

Powered by Drupal - Design by artinet