ADMISIÓN DE ALUMNADO

No ENLACE poderán consultar a ORDE de 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria orligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.

DÍA DA PAZ

O luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz recitando poemas sobre Bob Dylan e rematando coa canción deste mesmo autor "Blowin´ in the wind" cantada en galego e en inglés. Acompañounos a nosa fabulosa auxiliar de conversa que tamén foi a responsable de traducir a letra da canción ao galego.

 Grazas Kalee pola túa participación!!!

BLOWIN´ IN THE WIND

Cantos camiños temos que avanzar

pra ter dignas as mans?

Canto unha pomba ten que boar

até que se saiba paz?

E cantas balas se han disparar

pra non as usar nunca máis?

The answer, my friend, is blowin´in the wind

The answer is blowin´in the wind

Cantos anos pode un monte existir

até disolver-se no mar?

Cantos anos pode a xente existir

até ter liberedade real?

Cantas veces podemos os ollos cubrir

pretendendo ver o que non hai?

 

The answer, my friend, is blowin´in the wind

The answer is blowin´in the wind

Cantas olladas debemos contar

até que saibamos mirar?

Cantas orellas debemos usar

pra ouvir á xente chorar?

Cantas persoas deben morrer

pra ver canto a vida ha valer?

 

The answer, my friend, is blowin´in the wind

The answer is blowin´in the wind

 

 

 GALERÍA DE FOTOS

 

SAÍDA DIDÁCTICA 4º, 5º E 6º

 

 

O xoves día  26 de xaneiro, o alumnado  de  4º,  5º e 6º realizou unha  saída didáctica a Santiago para visitar o Parlamento de Galicia, onde lles explicaron as súas funcións e o seu funcionamento .  

Aproveitando a estancia  en Compostela,  visitaron tamén  na Cidade da Cultura unha exposición sobre o Novel de Padrón Camilo José Cela, así como a Biblioteca e Arquivo.

A actividade resultou moi interesante. Grazas a todos !!

No ENLACE podedes ver algunhas fotos.

EXCELENCIA

Dentro dos Contratos Programa, este curso, o noso centro participa dentro da modalidade para acadar a excelencia. Dende o Deparatmento de Ciencias Naturais organizouse unha actividade que consiste nun concurso de enigmas sobre o mundo natural: facilítase quincenalmente ao alumnado unha foto relacionada co medio natural que debe investigar para dar unha solución ao enigma "Que ven sendo?".

Ao final do curso os alumnos/as con máis acertos recibirán un agasallo.

Sorte a todos os participantes!!!!

PROA

Estimados pais e nais, como en cursos anteriores solicitouse a modalidade de acompañamento escolar (PROA) nos Contratos Programa. A data de inico será o martes día 6 de febrero e impartirase os martes e os xoves de 16:00 a 18:00 horas (a  directora Ana Fernández no grupo de  Secundaria e a xefa de estudos Margarita Cobas no de primaria).

Como lembrarán non hai posibilidade de transporte escolar polo que será responsabilidade das familias traer e vir recoller ao alumnado participante no programa.

Grazas

 

 

 

CHARLAS SOBRE CIBERACOSO

O alumnado de ESO recibiu charlas sobre ciberacoso impartidas por membros do corpo da Garda Civil e promovidas polas responsables dos cursos de drogodependencias enviadas polo Concello. Foron moi interesantes e moi útiles. Grazas a todos!!

COEDUCACIÓN EN SECUNDARIA

Ao longo do curso o alumnado de secundaria recibe charlas sobre coeducación impartidas por persoal de DELOGA e promovidas pola Deputación de A Coruña nas que se sensibiliza aos adolescentes en temas como a igualdade e a violencia de xénero. Tamén teñen a posibilidade de participar en concursos a través de Instagram e proximamente nun concurso de microrelatos.

"Supime o Control" é o lema destas charlas.

Nas fotos podedes ver a alumnado de 3º e 4º de ESO durante unha das sesións impartidas.

 

SOLIDARIEDADE CO MEDIO AMBIENTE

 

 

JOSÉ LUÍS GALLEGO IMPARTE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA UNHA CHARLA DIVULGATIVA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E RECICLAXE

 

·         Organizada e promovida polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, terá lugar o vindeiro luns, 30 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Salón de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Área Central).

 

·         Dirixida a todo tipo de público, constitúe unha excelente oportunidade para tomar boa nota das prácticas a instaurar na nosa vida cotiá para consumir dunha forma máis sensata, racional e coherente, tanto a nivel medioambiental como económico.

 

·         A xornada eríxese, ademais, nunha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educación ambiental instaurados nos centros escolares que teñen  apostado de forma decidida por contribuír á protección do contorno e á mellora do benestar e calidade de vida das actuais e xeracións futuras.

 

·         Cunha longa traxectoria no ámbito da divulgación ambiental, Gallego foi considerado como unha das dez personalidades máis influíntes de España en temas de medio ambiente polo diario “La Vanguardia”.

 

Invitado polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, o célebre  naturalista e comunicador ambiental José Luís Gallego, impartirá  ás 12:00 horas do próximo luns, 30 de xaneiro, no Salón de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Área Central), en Santiago de Compostela, unha charla divulgativa que, baixo o título “Os residuos non son lixo, por qué é importante reciclar”, dirixirá a todo tipo de público co fin de fomentar as boas prácticas no consumo responsable.

 

Con tal fin, Gallego proporcionará as claves que deben rexer unha compra responsable, racional, sensata e coherente desde a dimensión ambiental e económica, que teña por obxecto producir menos lixo, á vez que insistirá na necesidade de poñer en práctica o principio dos tres erres como cimento fundamental de todo sistema de xestión de residuos: reducir a produción dos mesmos; reutilizar ao máximo os produtos para alongar a súa vida útil; e separalos por tipoloxías unha vez convertidos en refugallos, depositando cada fracción no contedor correspondente: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; recipiente específico para pilas; e contedor verde convencional, para fracción resto.

 

Facer unha lista da compra, incorporando á mesma o realmente necesario, diferenciar claramente data de caducidade de consumo preferente, levar  a nosa propia bolsa ao supermercado, priorizar a adquisición de artigos a granel, rexeitar os sobreembalados e optar por aqueles que se comercializan en envases reutilizables, constitúen, entre outros, algúns xestos que poden axudar en gran medida a diminuír a xeración de lixo, tendo en conta de que o mellor residuo é o que non se produce.

 

A xornada, que se aventura amena, divertida, clarificadora, reflexiva e moi ilustrativa, constitúe unha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educación ambiental instaurados nos centros escolares que teñen apostado de forma decidida por contribuír á protección do contorno e á mellora do benestar e calidade de vida das actuais e xeracións futuras.

 

TODA UNHA AUTORIDADE EN MEDIO AMBIENTE

 

Considerado como unha das dez personalidades máis influíntes de España en temas de medio ambiente polo diario “La Vanguardia”, José Luís Gallego foi distinguido en numerosas ocasións con diversos recoñecementos e premios.

 

Activo colaborador dos principais medios de comunicación do noso país, o seu labor céntrase en promover a participación dos cidadáns no coidado e mellora do medio ambiente. Ten publicado máis de 20 libros de divulgación ambiental coas principais editoriais a nivel nacional, e é director, presentador e guionista de documentais e series de natureza e medio ambiente. A súa presenza en radio tamén é destacable, sector no que leva 25 anos, podendo escoitalo actualmente  todos os venres no programa “Julia en la Onda”, que dirixe e presenta Julia Otero en Onda Cero.

 

A día de hoxe tamén desempeña unha gran actividade como blogger en diversos medios dixitais e páxinas web, podendo ler cada semana as súas reflexións persoais sobre a situación do medio ambiente no blog Ecogallego.

 

En definitiva, toda unha autoridade no ámbito medioambiental que paga a pena escoitar para descubrir todo o potencial humano que cabe na preservación do contorno, a xestión sostible dos residuos e a loita contra o cambio climático.

 

Prégase confirmación de asistencia a través do presente correo electrónico ou ben chamando ao teléfono 881 999 075.

CHARLA

Alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu unha charla de Manuel Núñez Singala, autoir do que xa leran varias obras no primeiro trimestre, sobre o tema da emigración, en concreto sobre a obra de teatro "Camiños na auga" lida no club de lectura.

SEMANA DA FROITA

Na foto podemos observar con que deleite saborean a froita os nosos alumnos de ESO.......

Powered by Drupal - Design by artinet