25 N

O noso centro súmase aos actos contra a violencia contra as mulleres coa elaboración dunha figura e a utilización de fragmentos dun poema de Eusebio Lorenzo Baleirón que expresa o sentir da nosa comunidade educativa fronte aos aínda non erradicados comportamentos de maltrato contra as mulleres.

Eu serei nesta hora

esa Ariadna que voa.

[...]

O meu ser ten a forma do meu

pensamento

e desexo envellecer aquí

e non dar co final do novelo.

Esta é a condena que pesa sobre min.

Non quero ser salvada.

 

 

 

O alumnado de 4º de ESO foi o encargado de construir a figura da nosa "Ariadna" e de presentar o acto coa lectura do poema de Eusebio, unha explicación sobre o mito de Ariadna e unha explicación de sobre a necesidade de sensibilizar ao respecto destas situacións de violencia machista. A actividade conmemorativa consistiu no traballo por aula, tras unha seria reflexión, dunha palabra que poidese ser un "lastre" para o bo da nosa figura de tal xeito que, unha vez cortados os fíos que retiñan a Ariadna, esta poidera voar libre, sen ataduras....

 

   


O alumnado de segundo de primaria leu un fermoso manifesto  a favor da muller..

Finalmente, o alumnado de 1º de primaria cortou o último fío ...........e Ariadna voou libre!

 Ademais, o alumnado e profesorado de nova incorporación ao centro, cruzou, coma cada curso, a nosa porta violeta

 


Ao lado da porta violeta tamén onde tamén repousará Ariadna  unha tempada para lembrarnos que esta non é unha loita dun so día

 

FOTOS DA ELABORACIÓN DA FIGURA

GALERÍA DE FOTOS DO ACTO

VÍDEOS DO ACTO

GALERÍA DE FOTOS DO ALUMNADO E PROFESORADO NOVO CRUZANDO A PORTA VIOLETA

FOTOS DE ARIADNA XUNTO Á PORTA VIOLETA

 

ENLACE AO FACEBOOK O NOSO EUSEBIO

 

 

SAMAÍN 2021

 

Este curso, igual que o pasado, a pandemia impídenos desfrutar completamente do Samagosto. Non haberá castañas nen chourizos pero sí celebraremos o Samaín coa tradicional exposición de preciosas cabazas decoradas polo alumnado de primaria e tamén cun desfile-concurso organizado para todo o alumnado do centro no que un tribunal composto por profesorado do cole valorará  a creatividade literaria do alumnado á hora de elaborar un poema de Rosalía de Castro que reflectirá os nosos medos na forma dunha " negra sombra"......

Haberá varias categorías de premios en función dos diferentes niveis, aínda que o agasallo máis importante será poder desfrutar dunha actividade diferente e divertida.

Unha pequena mostra do que xa se está a facer.

GALERÍA FOTOS

HABERÁ MÁIS, MOITO MÁIS........

 

Pois nada, xa celebramos , e agora toca compartir a nova con toda a nosa comunidade.

Houbo desfile de sombras e moitos disfraces fabulosos. Tamén concurso e gañadores. Aquí tedes unha mostra:

 


 

Alumnado e profesorado portaron as súas "negras sombras" sobre as que reflectiron os seus propios medos.

O concurso agasallou os textos máis orixinais. Incluso os houbo escritos na linguaxe de signos...

 

...e con pictos. Inclusivos que somos.

 O xurado deliberou moito...

......e, finalmente, os gañadores do concurso de poemas "negar sombra" foron:

PRIMARIA

O grupo de 1º

O grupo de 4º

O grupo de 5º

SECUNDARIA:

O primeiro premio foi para Manuel Boullón de 2º de ESO e o segundo premio para Naiara Vidal de 3º B.

NORABOA A TOD@S OS PARTICIPANTES E GAÑADORES!!!

UNha vez rematado o concurso, o alumnado de secundaria desfrutou das historias contadas polo noso sempre ben recibido Quico Cadaval. Grazas Quico pola túa presencia e por amenizar esta última etapa do noso Samaín.

 

Tamén houbo outras actividades realcionadas co Samaín. O alumnado de 1.° e 2.° de primaria realizou un terrorífico obradoiro de cociña. Elaborou receitas que metían medo; pero estaban ben saborosas. Fixeron vasoiras con queixo, arañas e mouchos con galletas.

GALERÍA DE FOTOS DA ACTIVIDADE DE 1º E 2º

 

 

 

ENLACE A "O NOSO EUSEBIO"

GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

 

BALONCESTO

Aproveitamos a sesión de EF para recibir a Finso, adestrador do clube Río Ulla de Pontecesures, que nos presentou este deporte e nos anima a practicalo no noso tempo de lecer.

Velaquí unhas imaxes de 5º de Primaria e 2º de ESO:

O venres volverán para presentar a actividade aos grupos de 1º ESO e 6º Primaria.

 Deixamos o contacto e animámosvos a que probedes. TODOS A PRACTICAR BALONCESTO!

BENVIDA AO ALUMNADO NOVO

O CPI de Dodro deu a benvida aos Novos alumnos chegados do CRA que xa deixaron a súa pegada no centro. Os máis pequechos mostraron moita disposición e ánimo para decorar a porta da aula coas formas das súas mans....coidamos que sí han deixar pegada no seu novo centro.

 

BENVIDOS!!!

 

FESTIVO LOCAL

O VINDEIRO LUNS DÍA 13 DE SETEMBRO O CENTRO PERMACERÁ PECHADO POR SER FESTIVO LOCAL.

Desculpen as molestias.

INICIO DAS CLASES

O alumnado de primaria inciciará as clases o día 9 de setembro de 2021 con horario de 9:00 a 14:20 e o de secundaria faráo nese mesmo horario o día 15 de setembro de 2021.

PROTOCOLO COVID ACTUALIZADO POLA CONSELLERÍA

No enlace poden acceder ao protocolofacilitado aos centros educativos no mes de xullo pola Consellería de Educación:

PROTOCOLO COVID 6 XULLO

PROBAS DE SETEMBRO

Lembramos que o alumnado que se presenta aos exames de setembro deberá seguir as normas do protocolo COVID igual que o curso pasado ( distancia de seguridade, máscara en todo momento e hixiene de mans).

Tamén, este alumnado terá que entregar os libros de texto o día que se presente ao último exame ( nunha bolsa co seu nome e apelidos).

A avaliación celebrarase o venres día 3 de setembro e as notas serán enviadas por ABALAR o día 6 de setembro a partires das 12:00 horas. O periodo de reclamacións será os días 6, 7 e 8 de setembro.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 21-22

As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros para 3º,4º,5º e 6º de primaria e para a ESO publicaranse o día 7 de xullo.

As reclamacións a estas listaxes poderán facelas os días 7,8 e 9 de xullo.  Nestas listaxes provisionais figura o nome do/a alumno/a que solicitou participar en dito fondo co número de libros que lle corresponden en empréstito.

Nas listaxes definitivas figurará, para  cada alumno/a, a relación de libros que se lle emprestará. IMPORTANTE: AS LISTAXES DEFINITIVAS PARA O ALUMNADO DE ESO NON SERÁN PUBLICADAS ATA SETEMBRO.

CHEQUES DE MATERIAL ESCOLAR:

Para comprobar se lles foi concedido o vale de material escolar, deberán achegarse ao centro e, no caso de telo adxudicado, poderán recollelo nese momento.

1º e 2º DE PRIMARIA:

As familias do alumnado de 1º e 2º de primaria deberán pasar polo centro para comprobar se lles foron concedidos os vales de  material escolar e /ou de libros de texto e, , no caso de telo/s adxudicado/s, poderán recollelo/s nese momento.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet