SEGUIMOS A TOPE!!

Os nosos vídeos" Chea de vida", "Benvidos ao mundo da legoña" e "Piñeiros no xardín" resultan nominados  na edición de Eticolmeiro Videoghit 2018!!!!

Mellor interpretación vocal:

Piñeiros no xardín

Chea de vida

Mellor vestiario e decoración:

Piñeiros no xardín

Mellor actor: 

Álvaro García -Piñeiros no xardín

Iván Ojea-Benvidos ao mundo da legoña

 

Mellor montaxe dirección de escena:

Benvidos ao mundo da legoña

Piñeiros no xardín

Mellor videoghit:

Benvidos ao mundo da legoña

A gala de entrega de premios será o venres día 25 de maio ás 20:30 no Auditorio da Feira Internacional.

NORABOA A TODOS, PROFES E ALUMNADO E MOITA SORTE!!!!

ENLACE Á PÁXINA ETICOLMEIRO

 

FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2018-19

Aberto o prazo para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de libros de texto e material escolar  destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en educación secundaria obrigatoria para o curso 2018-19.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibro (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Poden consultar a convocatoria nos enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180521_fondosolidario.pdf

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042

A DATA LÍMITE DE ENTREGA  É O DÍA 22 DE XUÑO E NON SE ADMITIRÁN  SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO.

 

de

GAÑADORA

 

A nosa alumna de 4º de ESO Xiana Collazo resultou gañadora da II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María que organiza a Casa-Museo Manuel María.  O premio foi recollido pola 

súa familia pora toparse ela ausente desfrutando das marabillas da cidade de Edimburga na excursión de final de etapa do noso centro.

Aquí a vemos centro da foto, con xersei branco de raias negras e con cara de auténtica felicidade...e iso que aínda non sabía o resultado do xurado!!!

NORABOA XIANA!!!!

ENLACES:

NOVA

FACEBOOK

VIAXE A EDIMBURGO

A viaxe de final de etapa con 3º e 4º de ESO foi marabillosa. Unha cidade preciosa con moita vida e, o mellor de todo, unha cidade que recibiu a visita do magnífico alumnado de Dodro.

Visitamos TOOOOODO Edimburgo...o castelo, museo da infancia (Museum of Chilhood), museo da ciruxía (Surgeon´s Museum), o museo do pobo (Peoples´Story Museum), subimos a  Calton Hill unha colina dende a que se pode ver toda a cidade, fixemos un tour Fantasma nun autobús horripilante, visitamos Mari King´s Close, desfrutamos dun concerto  e varias actuacións na rúa.....

 

 

E ata houbo quen mercou un Kilt...

 

Así de contentos viñemos....

Foi unha experiencia inolvidable para todos. Grazas rapaces por aportar tanto e portarvos tan ben!!!

 

ENLACE A GALERÍA DE FOTOS

APRENDENDO A SER XORNALISTAS

Hoxe veu visitarnos Manuel Rey, xornalista que traballa actualmente no portal GCiencia . Ilustrounos sobre como elaborar unha entrevista xeitosa e falounos sobre a súa tarefa como xornalista no portal da ciencia galega.

 

 

Velaquí temos o alumnado de 5º e 6º moi atento á exposición e con moitas preguntas para formularlle.

 

Manuel Rey falando sobre o amplo que é o mundo do xornalismo.

 

O alumnado decidiu entrevistar a Rosalía de Castro

 

Aprendemos cales son os erros máis comúns ao facer unha entrevista.

Foi unha exposición interesante e amena ao longo de dúas sesións de clase. E porque tocou o timbre do recreo e ese non o perdoamos, que se non... alí seguiriamos formulando preguntas!

 Agradecemos a Manuel a súa presenza no noso cole. 

Animádevos a visitar o portal GCiencia!! Clica aquí.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17-18

O martes día 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cun acto no que se realizaron diferentes actividades. O alumnado de 1º de primaria fixo un repaso pola vida da autora homenaxeada María Victoria Moreno, 2º de primaria cantaron cantigas populares e pandeiradas, 4º, 5º e 6º cantaron cancións populares coa letra adaptada para a ocasión, como non, sobre María Victoria e  tocaron o himno galego, 6º de primaria relatou o conto "A Volta de Fina" e  o alumnado de 2º de ESO tocou o  blues  do "Pantrigo meu amigo" con letras da obra da autora que trataban de imitar a estrutura das cantigas de amigo.

Os alumnos e alumnas de 3º de primaria representaron unha obra con títeres titulada "So coma un can", obra adaptada dun conto en castelán que fala sobre o maltrato animal e trata de sensibilizar ao respecto do tema da adopción, para a que realizaron os diálogos e recibiron a axuda dos seus compañeiros e compañeiras de 5º de primaria que elaboraron as marionetas e repararon o teatrillo. Quedou xenial!!!

E todo isto coa inestimable axuda dos nosos presentadores Xulia e Iago de 4º de ESO.

 

GALERÍA DE FOTOS DOS TÍTERES

FOTOS DO FESTIVAL NO ENLACE

DÍA DAS MATEMÁTICAS

I CERTAME DE POESÍA MATEMÁTICA DO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

Este curso, o Departamento de matemáticas, quixo conmemorar o Día das Matemáticas realizando unha actividade interdisciplinar: "Poesía Matemática". Consistiu na elaboración por parte do alumnado de Secundaria de poemas con contido matemático dos que algúns  foron seleccionados e lidos para o resto do alumnado.

 

No ano 2000 (Ano Mundial das Matemáticas) foi instituido o día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de España . Esta data foi elixida en honor ao profesor  Pedro Puig Adam, internacionalmente coñecido no campo do ensino das Matemáticas e que tivo entre os seus alumnos ao rei emérito Juan Carlos I , ao seu pai Juan de Borbón e ao seu irmán Alfonso.

As poesías máis destacadas de cada curso foron as seguintes:

1º ESO: Manuel Pimentel, Luis Pérez e Brais Magán

2º ESO: Carolina Calvo, Iván Fuentes

3ºESO: Alejandra Clavo, María Rial, David García e Pablo Pérez

4º ESO: Xiana Collazo e Jennifer Varela

Noraboa a todos pola vosa aportación ao campo da poesía e moitas grazas!

NON PERTENCE A  R

 

A nosa relación

carece de módulo,

dirección ou sentido.

 

Os días xuntos

non pertencen a R,

ó igual que as nosas promesas.

 

Porque aínda que ó unir as coordenadas

dos teus vértices,

as rectas perpendiculares

secantes

e cortantes

dos ángulos do teu nariz;

e dos eixes e parábolas dos teus beizos

aparezan os nosos nomes no ceo…

Coma unha raíz cadrada negativa,

ecuación continua

con cero no denominador:

é EVITABLE.

 

Quero ver un paralelo entre

a nosa infinita descontinuidade

e o noso amor.

Semella unha proporcionalidade indirecta:

cantos máis somos, máis baixa.

 

Oxalá volver ós comezos,

con menos incógnitas,

pero máis dúbidas,

desas simples de resolver de cabeza.

Das de:

dous e dous

son catro e

catro e dous:

seis.

Porque como sigamos así,

non nos vamos querer ver.

(Xiana Collazo 4º ESO)

 

 

Nos enlaces tedes unha mostra das fotos tomadas no momento da lectura e dos poemas seleccionados:

FOTOS

POEMAS

PREMIOS OLLOBOI

Novamente o alumnado de 3º de ESO obtivo un premio na convocatoria do Festival Audiovisual Escolar 2018  Olloboi 2018. Esta vez resultaron finalistas en DJ polo vídeo "Piñeiros no Xardín" e en Arte pola vídeo "Benvidos ao Mundo da Legoña" e gañaron o Primeiro premio DJ.

NORABOA A TODOS!!!!..ARTISTAS E PROFES QUE TRABALLARON ARREO!!!

ENLACE VÍDEO: "Piñeiros no Xardín"

ENLACE  VÍDEO:  "Benvidos ao mundo da legoña"

 

GALIÑEIRO DE 2º

O luns día 7 de maio, o alumnado de 2º de ESO interpretou a obra "Arboriña de nadal", da que xa desfrutaramos no festival deste ano de Nadal, pero esta vez fíxoo de xeito "profesional": no Teatro Principal de Santiago de Compostela dentro do Certame Teatro Intercentros. Toda unha experiencia!!!. Deixaron o pavillón moi alto porque son uns artistas.

NORABOA GALIÑEIRO!!!!!!!

CLUB DE DEBATE

O noso Club de Debate acadou o pasado día 5 de maio outra victoria en Ferrol, na fase final. Quedaron de terceiros pero fixérono coma para o primeiro posto. NORABOA GRANDES!!!!!

Noraboa tamén aos outros centros participantes!!.

Para o ano máis.


Powered by Drupal - Design by artinet