SAMAGOSTO 2018

    Pishhht!!!....Celebraremos o "Samagosto" o mércores día 31 de outubro.....publicaremos as novas relacionadas...   

 

CONVITE AOS VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

O 26 de outubro convidamos a un chocolate quente e unhas pastas ao alumnado voluntario da biblioteca. Axudarán durante todo o curso escolar a organizar a biblioteca, a explicarlle ás súas compañeiras e compañeiros máis novos o funcionamento da mesma.

Recibirán ademais un diploma homologado da Xunta. Bo traballo rapaces!!!

 

UNHA MIRADA A TRAVÉS DO MICROSCOPIO

   Núcleo, membrana, citoplasma,...

@s nen@s de quinto recurrimos ao laboratorio para observar no microscopio as células vexetais.

Unha mirada interesante...

 

 

 

SEMENTAMOS CENORIAS

Os nen@s de 4º aproveitamos a clase de ciencias naturais para sair ao horto a sementar cenorias e, de paso, plantamos tamén un par de verduras de inverno: coliflor e brócoli.

 

 

A chuvia desta noite vailles sentar fenomenal.

O PRIMEIRO RESCATE DO CURSO

Onte pola noite, Naira, unha alumna de 6º recolleu da estrada a esta cría de ourizo cacho. Estaba famenta e con algo de frío pero cunha mantiña e comida húmida para gatos cahorros conseguimos reanimala. Pasará un tempo na casa dunha das profes ata que recupere totalmente e chegue o momento de ceibala. Polo de agora non ten nome...haberá que buscarlle un!

 

Ben, xa temos nome; chámase Pinchi. É un macho.

Pasou uns días na casa dunha profe e foi desparasitado e alimentado. Hoxe, unha semana máis tarde, ceibarémolo nunha zona segura. Para isto contamos coa axuda de Xiao que o levará a un espazo natural libre de estradas para que non corra o risco de ser atropelado.

Durante a xornada lectiva de hoxe, e como despedida, visitou as aulas do alumnado de primaria. Algo estresado, é certo, pero feliz, non dubidou en comer o pienso de gatiños que lle trouxemos para ir rillando ao longo da mañán.

O alumnado de 6º despediuse del con pena pero sendo conscientes da necesidade de ceibalo xa que se trata dun animal salvaxe e en nengún caso debe vivir en catividade. Falamos tamén dos coidados básicos que require un animaliño como este e de cómo se debe actuar cando aparece unha cría de calquera especie, facendo fincapé na necesidade de deixala no seu sitio, asegurándonos de que non corre risco, e esperar a que os pais a recollan. No caso de Pinchi, Naira fixo unha labor excepcional xa que se atopaba na estrada e había moitas posibilidades de que morrera atropelada por un vehículo.

Por outra banda, o alumnado de 4º pesouno realizou un proxecto interdisciplinar para procurar información e datos sobre esta especie.

ENLACE Á PRESENTACIÓN DO PROXECTO

 

  

 

GALERíA DE FOTOS

Tamén saímos na prensa....Bo traballo rapaces!!

 

ENLACE A NOVA NO XORNAL

SORTE PINCHI!!. Que teñas unha vida longa e feliz!!!

 

RESPECTO POLOS ANIMAIS

As mozas e mozos de 6°, reflexionamos sobre a tenza responsable dos nosos animais, aproveitando que o centro participa no plan proxecta "Protexe aos animais". Decidimos decorar a nosa aula coas súas fotos baixo o lema RESPÉCTAOS e CÓIDAOS!

MOI BO TRABALLO!!!!

VISITA Á BIBLIO

Onte o alumnado novo de primeiro desfrutou dunha visita á biblioteca na que ademais de coñecer os libros, películas, xogos e ordenadores cos que contamos, aprenderon as normas e o funcionamento da nosa biblio. Recibiron tamén os seus carnés de usuarios cos que xa poden levar materiais para casa. Seguro que os veremos moitas veces por aquí!

MERENDA SAUDABLE

O luns, aproveitando as cebolas do noso horto e cuns tomates cherri e millo natural cultivados na horta de Jose, preparamos unha merenda saudable para degustar na clase.

Velaquí uns momentos durante a preparación

 

 

 

 Quedounos un pincho saudable. Como di un chef famoso: "rico e con fundamento".

 

CHARLA NA UNIVERSIDADE

 

A semana pasada o noso colexio foi invitado a dar unha charla acerca da "Sensibilización sobre refuxio dende os espazos educativos" na facultade de socioloxía. A profesora participante foi María Infante, Xefa do Departamento de Lingua Castelá e relatou o desenvolvemento do traballo no centro relacionado co tema dos refuxiados que fora realizado hai dous cursos.

Moi bo traballo, María!!!!


CHARLA SOBRE COEDUCACIÓN 18-19

Hoxe tivo lugar unha charla sobre igualdade e coeducación para o alumnado de 5º e 6º de primaria que está integrada dentro do programa "Plan estratéxico para a Igualdade Dodro 2018. Crecer en Igualdade é cousa nosa". Foi organizada polo departamento de Servizos Sociais do Concello,  impartida no noso centro e elaborada a partir de  retazos da película Billy Elliot.

A actividade desenvolveuse tamén para o alumnado de ESO. A película escollida neste caso foi "Quiero ser como Beckham"

Powered by Drupal - Design by artinet