CARREIRA PEDESTRE

Na imaxe poden obter información sobre a carreira pedestre organizada polo Concello de Dodro.

MULLER E CIENCIA

 O venres día 25 de outubro celebramos a 2º sesión con 3º e 4º sobre  MULLER E CIENCIA que promove o Concello de Dodro dentro do seu plan De Igualdade e elaborado por ARENARIA Coordinadora S.L.

Esta vez foi tratado o tema da muller no eido científico a través do exemplo de Maruxa Álvarez; bióloga de titulación e adicada a investigación, é docente na Universidade de Vigo ademais doutros cargos como responsable da área de emprego nesa mes universidade.

Falou da súa experiencia persoal como muller estudante e traballadora, explicou a súa relación no traballo cos seus equipos, de homes e mulleres e rematou con varias reflexións centradas en: conciliación, vocación profesional, compertir, desfrutar do que se fai e facer o que faga a un feliz, animando así a homes e mulleres a procurar o que lles guste e non deixarse llevar polas estatísticas que deixan as nenas fora do eido científico e aos nenos do das letras ou do máis artístico.

MOITAS GRAZAS MARUXA!!

 


 Tamén, ese mesmo día, con 2º de ESO, fixemos unha sesión de experimentos científicos coa que pretendíamos achegar o eido científico ao alumnado dun xeito ameno e divertido tratando de amosar que aquelo que parece difícil ou que a veces nos custa máis, se pode aprender tamén a través de xogos e outras propostas, que aprendizaxe e diversión son compatibles e sobre todo que  o pode facer un home (David) e unha muller (María). O programa que promove o concello trata de falar da igualdade pero a través do campo da ciencia, ensinando que máis alá dos datos, as nenas son totalmente válidas para afacer ciencia, e así o vemos cos exemplos de mulleres que visitan e visitarán o noso centro: Maruxa Álvarez e o vindeiro día 8 de novembro, Luisa Martínez da área de cultura científica, do CSIC.


A CORREEEEEEERRRR!

Deixámosvos o enlace para que poidades ver o video promocional da XVI carreira pedestre de Lestrove 2019 no que podemos ver á  compañeira Sabela, de 4º de Primaria, na compaña de dous grandes atletas veciños nosos,  a ver se os coñecedes...

Aproveitamos para informarvos que o vindeiro luns 4 de novembro teremos entre nós a Uxío  para darnos a coñecer o triatlon e falarnos sobre os beneficios da vida activa sobre a nosa saúde.

E agora... correndo a inscribirse para participar na carreira!!

SAÍDA DIDÁCTICA

O xoves día 17 de outubro o alumnado de 2°, 3° e 4°ESO  visitaron Santiago de Compostela para desfrutar da proxección "O que arde" de Oliver Laxe na sala Númax, un film que toca a delicada e triste temática dos incendios forestais que asolan o noso país ano tras ano.

Tamén visitaron o MUPEGA para ver a exposición sobre a evolución da escola na Galiza do século XX: a escola do ferrado, a escola na República, a escola na Ditadura...


 

ACTUACIÓN DE FANY TRIANA

No día de hoxe, o alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria, tiveron unha actividade, grazas á colaboración da concellería de igualdade do concello de Dodro, na que trataron a importancia da igualdade dun xeito divertido e  moi pedagóxico xa que foi a través dun magnífico espectáculo de maxia. 

Grazas pola colaboración.

Tomamos nota!


CIENCIA E IGUALDADE

Presentación da primeira xornada “Muller e Ciencia” levada a cabo pola concelleira de Igualdade Ana Muñiz, coa asistencia da técnica de Servicios Sociales Araceli Vázquez e impartidas por Maria e David da empresa ARENARIA COORDINACIÓN S.L. para o alumnado de ESO. Foi un obradoiro moi interesate, ameno e dinámico.



SAMAGOSTO

O día 29 de outubro celebraremos o SAMAGOSTO coa actuación de Raquel Queizás " O eco das pedras" e o noso desfile-concurso de carteis " Eu peno (que non fou pena) por:....", no que  alumnado e profesorado, disfrazados de Santa Compaña, terá que confesar por que pena segundo o modelo da foto....

Tamén haberá degustación de castañas asadas por cortesía da ANPA de Dodro.

Publicaremos fotos e os gañadores do concurso.

Ánimo e a darlle ao coco!!

 

Tamén a nosa biblioteca se viste de terror  con títulos realmente espeluznantes que o alumnado pode levar para casa e desfrutar pasando medo!!


XOGOS PARA OS RECREOS

O alumnado de 6º, coa axuda das profes Eva e Jose, preparamos o recanto de xogos para os recreos.

Mirade que chulo nos quedou o caixón, estamos feitos uns artistas!

Comprometémonos a usar e coidar o material e deixalo sempre ben limpo e ordenado.

 

 

Ao longo do curso procuraremos aumentar a dotación de xogos para facer máis amenos os nosos recreos.

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONCELLO

Nas imaxes poden consultar as actividades organizadas polo concello que pode sexan de interese para a comunidade educativa:

 

 

ACTIVIDADE DE CIENCIA

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS:

 

Powered by Drupal - Design by artinet