Aquí o enlace ao vídeo de alumnado de ESO. Unha regueifa do confinamento.
Desfrutádea!!!
Aquí o enlace ao vídeo de alumnado de ESO. Unha regueifa do confinamento.
Desfrutádea!!!
Adxuntamos un enlace ao marabilloso vídeo de graduación e despedida da etapa de primaria do alumnado de 6º.
Esperamos que vos guste!!!
O alumnado de 2º ESO, baixo a coordinación do Departamento de Galego, preparou SEIS ROSCOS para poñer a proba os nosos coñecementos sobre a lingua portuguesa e sobre a Lusofonía.
Estas dúas primeiras probas son de nivel doado pero iranse complicando con novas probas de maior dificultade.
A XOGAR!!!
Aquí tedes a nova completa publicada no Facebook "O noso Eusebio"
ENLACE AO FACEBOOOK (nivel doado)
O noso alumnado participa na convocatoria dos premios Olloboi 2020. Tres dos vídeos elaborados durante o confinamento foron seleccionados e agora toca votar!!
Os vídeos seleccionados foron:
"Viruspacito", de Xián Rial (1º ESO) e Adela Rial (2º Primaria).
"Confinamento nunha casa vs nun piso", de Adela Recarey (1º ESO).
"Desescalando poemas", dos grupos 2º ESO A e 2º ESO B.
Para votar teredes que entrar no enlace, baixar na páxina ata "Olloboi COVíD-eo doméstico", picar no/s vídeo/s seleccionados e votar.
Lembrade que hai dúas categorías: o Premio do Público e o Premio do Equipo Olloboi. Para o Premio do Público precisamos da vosa colaboración, pois recibirao o VÍDEO MÁIS VOTADO. Podedes votar por máis dun vídeo, mais un único voto por cada un.
Grazas a todos pola vosa colaboración!!
O Concello de Dodro organiza clases de reforzo educativo para o verán.
Poden ver a información no cartel adxunto.
FONDO DE LIBROS, AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS TEXTO, AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E MATRÍCULA:
Publicada a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200519_axudas_libros.pdf
Seguindo instruccións da consellería, para evitar desprazamentos e riscos innecesarios seguiremos empregando o teléfono, o tokapp e o correo electrónico como forma de contacto entre o persoal do centro e as familias.
ALUMNADO DO CENTRO
Enviaremos por tokapp as instruccións precisas de cómo se vai xestionar este trámite así como o trámite da matrícula e os prazos.
ALUMNADO DO CRA DE DODRO QUE RESERVOU PRAZA EN 1º DE PRIMARIA.
Informaráselles telefónicamente e mediante correo electrónico do procedemento a seguir para a matrícula e para a solicitude de axuda para a compra de libros e material escolar.
ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS DE FÓRA DO CONCELLO QUE SOLICITOU ADMISIÓN NO CPI.
Informaráselles telefónicamente e mediante correo electrónico do procedemento a seguir para a matrícula e para a solicitude de préstamo de libros e axuda para compra de material escolar.
LEMBREN QUE AS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO SON SÓ PARA O ALUMNADO DE 1º e 2º DE PRIMARIA. PARA O RESTO DO ALUMNADO, PODERÁN SOLICITAR FONDO DE LIBROS, AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.
Aínda que sexa de xeito telemático, continuamos a traballar o proxecto de centro.......o alumnado de 1º de ESO viaxa co seu maxín a diferentes lugares do mundo de fala portuguesa.
No enlace accederedes ao vídeo elaborado.
Moi ben feito 1º de ESO!!!
O noso marabillosos alumnado de 2º de ESO deléitanos hoxe, Día das Letras Galegas, cun recitado de poesía.
Moi bo traballo rapaces e rapazas!!!
Tamén o alumnado de 6º de primaria e de 3º e 4º de ESO realizou un traballo para conmemorar este día. Podedes acceder a el nos enlacse:
FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!!!!
Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión para alumnado que se incorpora procedente decentros de fóra do concello de Dodro desde o 11 ao 18 do mes de maio. O alumnado do centro e o alumnado do CRA de Dodro xa ten a praza asignada neste centro polo que terá que formalizar a matrícula cando se abra o prazo. Estarán puntualmente informados de todos os trámites, da súa xestión e dos prazos.
No caso de teren que formalizar os documentos de admisón de alumnado novo, pregamos soliciten cita previa chamando ao 881867041. Deste xeito tentaremos que a formalización da solicitude sexa feita de xeito telemático, na medida do posible. En caso de que non poidera ser feito deste xeito e tivera que ser presencial, chamen ao teléfono facilitado para concretar un día e unha hora para a entrega dos documentos no centro no que deberán presentarse coas debidas medidas de protección ( guantes e máscaras) e traer o seu propio bolígrafo para evitar manipular obxectos alleos.
Lembren que para o resto de trámites e/ou dúbidas, mentres se manteña a prórroga do estado de alarma, poden chamar ao 881867041 ou tramitalas a través do correo cpidodro@cpidodro.net.
Estarán puntualmente informados de todos os trámites e da súa xestión e dos prazos futuros como matrículas e solicitude de préstamo de libros a través desta páxina web e, no caso do alumnado xa pertencente ao centro, da aplicación TokApp.
Grazas, un saúdo e ánimo.
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA
Hoxe, 28 de abril de 2020, era unha data marcada no calendario de moitos centros para celebrar o “Día da Educación Física na Rúa”. Este ano, como non é posible saír a rúa, imos celebralo na casa. Para elo, abrimos a toda a Comunidade Educativa, o traballo que están a facer todos os nosos rapaces e rapazas na área de Educación Física a través duns pequenos vídeos.
Parabéns a todos e a todas polo voso traballo!!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |