PLAN PROXECTA

Un ano máis  participamos no Programa Rede de Centros Escolares Solidarios continuando  a labor comezada o curso pasado polo que colaboraremos coa canceira municipal de Santiago de Compostela  " O Refuxio de Bando", coa asociación ANDA (Asociación Nacional para la Defensa de los Animales) e a Coordinadora de Protectoras da Provincia de Pontevedra,  recibindo charlas sobre maltarto animal (ás que as familias están convidadas e cuxas datas serán publicadas na nosa web) e recollendo obxectos de segunda man e manualidades feitas polos propios alumnos que serán vendidos polos voluntarios das canceiras en diferentes mercadiños solidarios coa idea de recadar cartos para o mantemento dos cans e gatos dos refuxios. Tamén colaboraremos recollendo obxectos e enseres vellos ( mantas, toallas, útiles caninos e "gatunos" como correas, pienso, comedeiros.....) e medicamentos que os encargados da canceira utilizarán para ofrecerlles unhas mellores condicións aos animaliños alí refuxiados.

No apartado de Plan Proxecta 2013-2014 tedes o listado de medicamentos de humanos que pode ser usado en animais.

GRAZAS POR SER SOLIDARIOS!!!

 

MAGOSTO EN DODRO

HOXE CELEBRAMOS O MAGOSTO E, COMA TODOS OS ANOS, DESFRUTAMOS DOS XOGOS TRADICIONAIS E A DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS E CHOURIZOS ASADOS.

                   

 

                            

 

 

Máis fotos na galería.....

 

SAMAÍN

Celebramos un Samaín "de medo" cunha historia arrepiante contada por Carlos, o noso profe de galego, e unha canción en inglés interpretada polos alumnos máis xóvenes do cole con José e Lois como acompañamento musical.

                                    

 

(A decoración correu a cargo dos alumnos de 4º de ESO PDC).

Accedendo á galería podedes ver máis fotos!

 

FOLGA DE ESTUDIANTES

O seguimento da folga por parte do alumnado foi un éxito no noso centro. En Secundaria foi dun 90% e preto dun 75% en Primaria.

Noraboa a todos os pais e nais que loitan por un ensino público de calidade!!!

VÍDEO

No ENLACE poderedes ver un fantástico vídeo para toda a familia.

NOVIDADES!!

No departamento de Educación Plástica e Visual podedes ver os vídeos realizados polos alumnos do centro na área de Plástica. Esperamos que disfrutedes!!!.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

XA PODEN CONSULTAR OS HORARIOS DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS E HORARIOS DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN DE SECUNDARIA EN "XEFATURA DE ESTUDOS".

MICROMOVIE

No enlace podedes acceder á micromovie realizada polos alumnos de 4º de ESO a finais do curso pasado. O proxecto levouse a cabo dentro do programa de Rede de Centros Solidarios do Plan Proxecta.

Esperamos que vos guste

ENLACE

LIBROS DE TEXTO 2013-2014

 Xa se poden consultar os libros de texto para o vindeiro curso. Pregámoslles presten atención ás notas ao pé. Poden consultar os listados picando no enlace ou accedendo a "Secretaría-Libros de Texto".

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 4º DE ESO

Aí vai unha foto da visita ao oceanográfico de Valencia con algúns dos seus habitantes

Máis fotos en Galería, "Valencia"

Powered by Drupal - Design by artinet