FESTIVAL DE NADAL

Xa podedes ver as fotos do Festival de Nadal na Galería de Fotos!!!!

LEMBRA!!!

Se tes pensado regalar un can lembra:

Non é un xoguete

Fai pis e caca, ladra e medra

Tes que ensinarlle, educalo

Morde e rompe cousas

Ocasiona gastos: comida, veterinario...

Necesita que lle presten atención e coidados

Pode vivir máis de 15 anos

Non ten botón de apagado

Se tes pensado regalar un can pensa nas súas necesidades, e lembra que non é un xoguete

 

CESTA DE NADAL

 

Os agraciados coa cesta de Nadal que sorteamos co gallo de recadar fondos para a excursión culltural de 4º ESO, curso 2015-2016 son:

   Gabriel  Cerqueiras Couselo (4º Primaria)

   Claudia Cerqueiras Couselo ( Infantil)

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e noraboa aos premiados.

Felices Festas !!

VIAXE Ó ÁRTICO

O xoves 17 de decembro, visitou o Centro a bióloga mariña, Alba Aguión. As 9:00 h, impartiu unha conferencia sobre o seu traballo no Artico, estudiando o comportamento das bacterias en climas extremos e como é a súa vida nesas latitudes con clima polar.

Despois os alumnos de Secundaria fixeron na aula, un taller dirixido por Alba: un experimento con manteiga de porco!!!

 

 

CONTACONTOS

O día 10 de decembro, os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria disfrutaron dunha sesión de contacontos da man de Paco Nogueiras.

Esta sesión foi un agasallo da Editorial Kalandraka.

Podedes botar unha ollada ás fotos en "Galerías".

FESTIVAL DE NADAL

 

O vindeiro venres 18 de decembro, haberá un Festival de Nadal ó que estades todos convidados.

HORARIO

- As 10:00 h comezará o Festival con panxoliñas e bailes.

- Despois haberá un pequeno descanso e... CHEGAN OS REIS MAGOS!!!!!

- As 12:30 h rematará o Festival.

OUTRA ADOPCIÓN SOLIDARIA

Hai uns poucos días apareceu un canciño abandonado. Por sorte o noso alumno Cristián atopouno e puido evitarlle unha morte segura....Agora xa ten familia!!!. Grazas a toda esa xente amante dos animais, de corazón, grazas Cristián e grazas familia de Lalín!!!!.

Esperaremos novas da súa evolución...

 

DÍA 7 DE DECEMBRO

Recordamos ás familias que o luns 7 de decembro non haberá clase xa que é un dos días escollidos como non lectivos polo centro.

Grazas

PLAN PROXECTA (RCES)


Estimadas familias coma en anos anteriores o noso centro participa no Programa de Rede de Centros Escolares Solidarios (no Plan proxecta) realizando labores solidarias cos animais. Para colaborar co refuxio de animais “ Refuxio de Bando” recolleremos útiles diversos  que estean en bo estado e que poidan ser vendidos no mercadiño que farán os voluntarios do refuxio en decembro. Os obxectos que se poden donar son libros, adornos, roupa, útiles domésticos…..Os cartos obtidos con esta venda serán íntegramente destinados ó mantemento dos animais do refuxio.

Tamén serán ben acollidos medicamentos de humanos  e enseres para os propios animaliños tales como mantas ou recipientes para auga e comida, xa que poden ser de grande utilidade.

 

 

 

Grazas a todos pola súa colaboración.

DOSSIER INFORMATIVO DO CLUBE DE RUGBI DO BARBANZA

Aquí tedes a información do Clube de Rugbi. Pra acceder preme no seguinte link: Dossier Clube de Rugbi do Barbanza.

Pra acceder ós comentarios, visitade o Departamento de Educacón Física de Primaria.

Powered by Drupal - Design by artinet