Na foto podemos observar con que deleite saborean a froita os nosos alumnos de ESO.......
Na foto podemos observar con que deleite saborean a froita os nosos alumnos de ESO.......
Coma en cursos anteriores o centro solicita a participación no reparto de froitas en centros escolares para fomentar o seu consumo e os hábitos alimenticios saudables.
REPARTO DE FROITA CURSO 2016 - 17 |
|
1º PERIODO |
SEMANA DO 16 -20 DE XANEIRO |
2º PERIODO |
SEMANA DO 13 - 17 DE FEBREIRO |
3º PERIODO |
SEMANA DO 13 – 17 DE MARZO
|
Estimadas familias,coma todos os anos o noso centro realiza unha campaña contra o maltrato e abandono animal,e colabora cunha asociación protectora,neste caso a de Vilagarcía de Arousa,polo que os alumnos /as de 4º de ESO solicitamos a súa colaboración aportando a través dos seus fillos/as tanto cousas de segunda man que serán vendidas nun mercadillo xestionado por voluntarios da protectora (os cartos obtidos destinaranse ao coidado dos animais que alí habitan), enseres e útiles (mantas,toallas,comedeiros,piensos...) e tamén medicamentos de humanos que poidan ser administrados aos animais (poderán consultalos no ENLACE).
Agradecendo de antemán as súas donacións reciban un cordial saúdo.
NO ENLACE PODERÁN TER ACCESO A INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS PARA O ANO 2017
O día 21 de decembro celebramos o festival de Nadal no colexio con fantásticas actuacións dos nosos alunos/as e coa sempre esperada chegada das Súas Maxestades os Reis Magos. No ENLACE tedes algunhas fotos deste evento.
Os nenos e nenas de 4º de primaria crearon uns monstruos moi peludos con material de refugallo e herba.
Podedes ver máis fotos accedendo ao ENLACE
Os pasados días 7 e 14 de decembro o alumnado de primaria visitou o Concello de Valga para asistir a actividades moi interesantes: o Belén que montan todos os anos e as súas instalacións e os mecanismos, Radio Valga onde poideron grabar felicitacións de Nadal e escoitalas no momento e o Museo onde realizaron diversos obradoiros e visionado dunha proxección.
Coma sempre facemos galerías de fotos. Picade no ENLACE para acceder a elas.
Hoxe tivemos connosco a Manuel Parafita Mato, profesor titular de oftalmoloxía, que visitou o noso CPI para falarnos sobre saúde visual na infancia.
Ademáis de falarnos sobre a estructura do ollo, tanto interna como externa, falounos sobre problemas de visión e deunos moitos consellos e trucos para manter unha boa saúde visual.
Velaquí o temos en distintos momentos da charla, na que tamén tivemos ocasión de formular preguntas para resolver as nosas dúbidas e facer diferentes experiencias...
Probade a pechar os ollos e intentar xuntar dous dedos das mans...
Un dos consellos que nos deu é que practiquemos actividades ao aire libre, que implica a visión de lonxe e a visión periférica, intentando sempre estar pendente e ser consciente do que ocorre ao noso arredor. Non é isto o que vos digo eu sempre?
Correde e xogade moito por fóra!!
Por certo... hoxe, 13 de decembro, celébrase o día de Santa Lucía, patrona dos oftalmólogos. Moi oportuna esta visita.
Non esquezades visitar o oftalmólogo polo menos unha vez ao ano!!!
Aquí temos o grupo de 4º, 5º e 6º co doutor Parafita.
Moitas grazas pola información e polos consellos!!!
Hoxe tivemos un recreo saudable por cortesía da Piscina Municipal de Rianxo: contamos con Paula,monitora desta instalación, que nos veu axudar a mover o esqueleto a ritmo de zumba.
Aquí vos deixamos unhas fotos testemuña do ben que o pasamos:
Agradecemos a Paula a súa presenza e entusiasmo e agardámola de novo noutro recreo saudable!!
Na clase de 2° propuxemos un diálogo sobre o importante que é para a nosa saúde levar unha dieta equilibrada e facer exercicio físico diario.
Como actividade complementaria elaboramos entre todos o "prato do bo comedor". Nesta actividade ilústrase a agrupación dos alimentos, así como a súa porcentaxe diaria necesaria.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |