O mércores 23 de marzo recibimos en 5º a visita de Marina Losada, poeta rianxeira, que veu a lernos os seus poemas sobre o medo e outros máis de temáticas diferentes.
Marina explicounos como era o seu proceso creador e animounos a escribir.
Nós agasallámola cuns acrósticos que fixemos co seu nome. Agardamos que lle gustaran. Velaquí algún exemplo:
Clica no enlace para acceder ao seu video-poema 200 nenas galegas, xurdido a raíz do secuestro en Chibok por parte do grupo Boko Haram. Esperamos que vos guste.