RESOLVENDO O TEMPO

RELOXO MATEMÁTICO (curso 2016-2017)

 

    Dentro do contexto do proxecto de centro do presente curso académico "O Misterio", dende o Dpto de Matemáticas, animámonos a elaborar un reloxo matemático.

 

    Foi unha actividade de carácter obrigatorio para todo o alumnado de Secundaria na que tratamos de obter cada hora do reloxo cunha expresión matemática recoñecible  cos contidos estudados ao transcorrer os diferentes cursos académicos.

 

    O título do proxecto "Resolvamos o tempo" foi ideado por Adalía(4º ESO), mentras que os números foron por:

 

  • Marcos, Sandro e Brais de 1º ESO

  • Iris, Roberto, Guillermo e Pablo de 2º ESO

  • Yanira, Sergio Feroo e Iván Ojea de 3º ESO

  • Aldara e María Gil de 4º ESO



Moitas grazas a tod@s pola vosa participación

Aquí tedes unha mostra gráfica do proceso de elaboración:

 

 


PREPARANDO O PROXECTO DE FINAL DE CURSO

 

Os alumnos de 1º de primaria seguimos a traballar no proxecto de centro, esta vez elaboramos unhas preciosas bruxiñas móbiles.

 

RAFTING

O xoves día 6 de abril alumnos e alumnas de ESO realizaron unha baixada en balsa polo río Ulla coa empresa Arrepións. Foi moi gratificante e emocionante. Puideron ver incluso a mamá pata coa súa prole.

No ENLACE  podedes ver máis fotos

 

 

TÍTERES

"A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo” é unha obra da compañía Duende Sico SL que pretende fomentar a lingua galega na infancia, estimular a creatividade e a imaxinación, transmitir o interese pola lectura e  faavorecer a socialización en galego entre os máis pequenos.

O venres o alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria asistiron a este espectáculo ofrecido no CPI Dices de Rois e organizado pola Concellalía de Cultura dos concello de Rois e Dodro.

Despois de ver a obra merendaron e realizaron un obradoiro relacionado coa animacion a lectura.

Aquí podedes ver algunhas fotos do evento e no ENLACE tedes algunhas máis.

 

 

 

INFORMACIÓN DE INTERESE XERAL

 

Convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017

 

ENLACE

CLUB DE DEBATE

Por fin chegou o día! Despois de moitas semanas preparando as súas intervencións, o alumnado do club de debate de 3º e 4º de ESO acudiu o pasado sabado 4 a Pontevedra para competir con outros centros. Tiveron unhas actuacións moi destacables (quedamos na 6ª posición) e disfrutamos dunha xornada interesantísima. Sobre todo, quédanos o bo sabor do ter realizado un traballo extraordinario!

 

VISITA DE AHMAD E LETICIA

O venres 3 de marzo tivemos entre nós a Leticia e Ahmad.

Leticia foise a traballar de voluntaria a Grecia por sete días,... e quedouse sete meses!! Alí coñeceu a Ahmad, nacido en Raqqa (Siria).

Ahmad contounos a experiencia da súa fuxida, os recordos que ten do seu país antes da guerra, o seu paso por Turquía e Grecia, o traspaso das diferentes fronteiras, a estancia en campos de refuxiados (en Idomeni, con capacidade para 1500 persoas vivían 15000), as noites durmindo na rúa, a fame, a indiferencia por parte de moita xente,...

Falounos tamén das filas:

Para ir ao baño: en fila.

Para un prato de sopa: en fila.

Para unha medicina: en fila,....

Horas e horas de estar en fila...

Mediante pequenos xogos, Ahmad e Leticia axudáronnos a poñernos na pel dos refuxiados.

 

 

 

 

Tamén nos contou que cando chegou a Europa sentiu que só era un número. Lembrades a charla de Maite?

Maite tiñanos dito que había cousas que non se podían cuantificar, pero Ahmar preguntounos: Canto custa unha vida? Vós sabédelo?

Ahmad ten moita sorte, agora vive na Coruña e gústalle a vida en Galicia,aínda que bota moito de menos a súa familia. Está agardando pola tarxeta vermella que lle permitirá traballar aquí, mentras tanto traballa como voluntario, e atopouse con persoas co CORAZÓN GRANDE. Desde Dodro dámoslle as grazas por vir visitarnos e lembraremos os seus consellos:

Seremos creativos.

Seremos críticos.

Daremos a coñecer estas situacións coas que non estamos de acordo.

Non esqueceremos.

Déixovos uns enlaces para que poidades ver diferentes videos con iniciativas que non nos esquecerán.

canción

Video

Presentación Primaria

Presentación ESO

El viaje de su vida

 

 

CONVOCATORIA PARA ALUMNADO

ORDE do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

A IMPORTANCIA DOS NÚMEROS

Hoxe tivemos de invitada en 5º a Maite, a mamá de Antía Méndez, profe de matemáticas. Veu a falarnos sobre a importancia dos números na nosa vida.

Explicounos que hai números bonitos, números moi pequenos, números moi importantes, cal é o rei dos números,... Falounos tamén sobre a relación entre os números e o tema que estamos a traballar este ano: 

 

O alumnado de 5º moi atento ás explicacións de Maite:

 

 

 E contounos o conto La pequeña Carlota, co cal vimos que hai moitos nenos no mundo que se sinten como a protagonista do conto: solos, con fame, con frío, sen ninguén que os protexa...

 Agradecemos a Maite a súa visita e  valoramos a aportación ao proxecto deste curso, sobre todo esta reflexión: non se pode cuantificar o mal que se pode sentir unha persoa cando se sinte rexeitada.

Déixovos aquí o enlace para que poidades ver o conto.

La pequeña Carlota

ENTROIDO

O venres día 24 celebramos o entroido. Pasarúas, música,disfraces, postres tradicionais, queima do meco....

O xoves anterior....algún que outro "friki"

 

Máis fotos no ENLACE

Powered by Drupal - Design by artinet