BATUCADA en 4º DE ESO

O pasado venres día 7 de febreiro o Departamento de Música organizou unha clase de batucada para 3º e 4º da ESO co grupo de percusión "Eco-percusión" para aprender unha batucada simple que depois usaremos no noso entroido a finais deste mes.
 
No enlace tendes un vídeo no que dirixe o combo o próprio Óscar de 3º da ESO:
 

O ESQUELETE DE 6º

Reutilizando o reutilizado: o grupo de 6º de primaria deulle un segundo uso ao cartón e traballo do Samaín... daquela estaban co esqueleto humano e despois completaron o traballo con todos os músculos que aprenderan na clase de ciencias, e fixeron un xogo-actividade para repasalos nos recreos.... que mellor maneira de coñecer o aparato locomotor!!.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

O día 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria. Nós celebrámolo hoxe, día 3 de febreiro,  pero non por facelo un día máis tarde é menos lucido...non vaiades crer!.

O alumnado de 1º de ESO e de 6º de primaria decoraron dous espazos (un no corredor de secundaria e outro no patio de primaria) onde colocaron imaxes de paxaros feitos por eles.

O alumnado de 6º colaborou co EDLG para celebrar o día da Candeloria facendo unhas tarxetas e corazóns con frases cheas de cariño dedicadas ás persoas a quen queren.. e tamén fixeron uns fermosos paxariños..  empregaron cartón para darlles outra vida aos residuos:


 

 

 

O resultado final:

 

 

O alumnado de 1º de ESO tamén foi o encargado de decorar o corredor das aulas de secundaria. Acompañando ás imaxes das aves expresións do noso refraneiro popular e escritos breves de todo o alumnado de secundaria sobre o amor...ás persoas e tamén aos animais:

 


 

Tamén en primaria tiveron un chisco para os animaliños:

 

GALERÍA DE FOTOS TRABALLO DE 6º

GALERÍA DE FOTOS EP

GALERÍA DE FOTOS SECUNDARIA

 O alumnado de 1º de primaria realizou un vídeo marabilloso no que interpreta a canción "Quérote máis" de O Sonoro Maxín con lingua de signos. Fantástico!!!


ENLACE AO VÍDEO

 

DÍA DA PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz cunha preciosa actividade musical. Dende os departamentos de Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés, Francés e Música elaborouse unha xenial versión da canción Aquarela de Toquinho en diferentes linguas ( galego, portugués, inglés, español e francés).

Nos enlaces podedes acceder á letra e á canción/vídeo versionada por nós e que foi  acompañada dunha proxección con pictogramas.

 

LETRA

VíDEO

Tamén foi creado un mapa da terra na materia de tecnoloxía coa axuda do alumnado de 2º de ESO sobre o que, durante o acto, o alumnado das diferentes aulas situou os diferentes países de fala lusófona no mundo:

O alumnado de 6° elaborou ademais un mural para conmemorar o Día da Paz, empregando material de refugallo..

 

 

 GALERÍA DE FOTOS

CHARLAS SOBRE DROGADICCIÓN

O pasado venres día 17 de xaneiro recibimos a vista dun axente da Garda Civil dentro do programa Plan Director para a Convivencia para falar co alumnado de 1º e 2º de ESO sobre o tema de drogas e alcol.

 Foi moi interesante e produtivo.

MUSEO DO POBO GALEGO e "VIDA DE CANS"

O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO visitou a cidade de Santiago de Compostela para realizar unha actividade no Museo do Pobo Galego.

O alumnado de 4º visitou a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia e realizou, coa profe de galego, unha produtiva tarefa sobre o tema da exposición e o resto do alumnado fixo un xogo de pistas sobre as exposicións permanentes do museo.

 

Unha vez rematada esta visita nos trasladamos ao Salón Teatro para desfrutar da obra " Vida de Cans" de Talía Teatro. Unha magnífica representación que , segundo a súa páxina web, mostra a "Tres actores. Tres cans. Ou tres actores que fan de can. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos  seus desacougos, seus incertezas, seus problemas, seus perigos... pero liberdadd. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa canalidad. E todo vai derivando cara unha traxedia... que nunca deixa de ser comedia. Comedia absurda. Comedia paródica. Comedia metafórica".

Xenial. Moi recomendable!

 

 

GALERÍA DE FOTOS

 

THEATRE



On January 15th the pupils of 5th and 6th Primary went to Santiago to the Auditorio ABANCA. We watched  “Alice in Wonderland”. The play was a bit strange and confusing because it  was about  online games where the actor and actress played against the characters of the famous book written by Lewis Carroll: the White Rabbit , The Queen of Hearts and so on. Some pupils volunteered to act in the play when they were asked to perform Alice and her friends.

After the play, we went for a walk around the old part of Santiago. We visited the gardens of San Martín Pinario Monastery; we had a snack at Praza da Quintana and we took photos at Praza do Obradorio, with the cathedral and its museum at the back. We also visited the gardens of Fonseca University and tried to guess what our  professional future will.

We had a great fun.

ROTEIRO CULTURAL OS DÍAS OLVIDADOS

 O martes 21 de xaneiro o alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria acompañados de Nando, o técnico deportivo do concello, percorremos o roteiro Os días olvidados, para coñecer a vida e obra de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Aquí nos tendes ao lado do pozo do Conxeiro, sabedes para que se utilizaba?

 Parte da andaina pola Braña, lugar de inspiración de Eusebio.

 

  Fixemos unha paradiña para coñecer a casa onde naceu e viviu  o poeta que procurou nos espellos os nomes exactos da luz, como di a placa situada na fachada.

 

 E aquí a nosa proeza:

 

Moitas grazas a Nando por acompañarnos e explicarnos.

GALERÍA DE FOTOS

NADAL NO COLE

Xa chegou o Nadal e, coma todos os anos a creatividade ponse a  proba. Na conserxería poñemos a nota navideña con esta orixinal árbore....

E o alumnado de primaria decora este curso a árbore colocada no patio interior. A árbore contén corazóns con palabras e citas en portugués..lembrade que o noso proxecto de centro ten como temática a lusofonía!

 

 O alumnado de 6º fixo tamén unha preciosa cheminea para decorar o patio de primaria  onde celebramos o festival. Quedou xenial!!!.  Fixeron os calcetíns en cartón e o alumnado de 1° pintounos, porque como os alumnos e alumnas de 6º son padriños e madriñas lectoras, pareceulles boa idea facer un traballo conxunto. A maiores puxeron, pola parte posterior dos calcetíns, unha recomendación de libros para os seus "afillados" e "afilladas".

 

O festival deste ano mostrou uns talentos que ata o de agora estaban ocultos...1º de primaria deleitounos cun baile e a canción "Quérote máis cá tortilla de patacas con xamón" interpretada con lingua de signos. Fixéronno xenial!!

 

2º de primaria cantou unha panxoliña titulada "Ímonos xa pra aldea"

O programa de actuacións foi o seguinte:

 

Deixámosvos aquí as galerías de fotos e vídeos para que lles botedes un ollo...

 

GALERÍA DE FOTOS

VÍDEOS

BO NADAL

 

 

SAÚDE BUCODENTAL

O venres 13 de decembro  Vanessa e Eva, traballadoras da clínica dental Mares en Taragoña, viñeron ao cole para explicar ao alumnado de 1º e 2º  de Primaria como se realiza unha boa hixiene bucodental. Ademáis diso faláronnos sobre as partes do dente e contáronnos moitas curiosidades relacionadas coa boca, por exemplo: o peixe gato ten 9280 dentes, o tiburón balea ten máis de 4500, canto traballiño para o ratiño Pérez!

Sabías que o mosquito tamén ten dentes?

 

 

Para facer a práctica agasalláronnos cun estoxo cos útiles de aseo diario.

Moitísimas grazas á clínica dental Mares por este labor de difusión da hixiene e a saúde. 

Powered by Drupal - Design by artinet