CHEGA O ENTROIDO

 

Programa  do Entroido 2013


- 11.30: Inicio

Educación Infantil: pitufos e pitufas

Primeiro Ciclo: os ananiños do bosque

Segundo Ciclo: coidamos a nosa saúde

Terceiro Ciclo: homenaxe ós pallasos da tele

 

- A partir das 12.40:

1º ESO: o abecé

2º ESO: a casa do pobre

3º ESO: personaxes

4º ESO: Blues Brothers


Un xurado decidirá cal é a comparsa gañadora.


NOVO DECRETO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Podedes consultar aquí o novo decreto de adminisión de alumnado.

NOVA SUSPENSIÓN DE CLASES

A Consellería acaba de anunciar, para o mércores, 23 de xaneiro, a suspensión da actividade docente e do transporte escolar nos centros escolares situados nas zonas de montaña de Lugo e de Ourense, entre os que se atopa este centro.

SUSPENSIÓN DAS CLASES

Mañá, día 22 de xaneiro de 2013, suspéndense as actividades docentes e o servizo de transporte por previsión de fenómeno meteorolóxico adverso.


 

CONCURSO DE NADAL

 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

 

 OBXECTIVOS:

- FOMENTAR O USO DO GALEGO NAS ACTIVIDADES DESTAS FESTAS.

- APRECIAR A CREACIÓN ARTÍSTICA E COMPRENDER A LINGUAXE DAS DISTISTAS MANIFESTACIÓS ARTÍSTICAS UTILIZANDO DIVERSOS MEDIOS DE EXPRESIÓN E REPRESENTACIÓN.

O Equipo de Dinamización da Lingua galega, en colaboración co Departamento de Lingua Galega, convoca aos alumnos/as do Centro a participaren neste concurso que se rexerá polas seguintes bases:

BASES DO CONCURSO

1) As postais han ser debuxadas ou feitas a man, e nelas deberán figurar mensaxes referidas a estas datas (Nadal e Aninovo) escritas en lingua galega.

2) Valorarase a orixinalidade das mensaxes e do deseño.

3) O tamaño da postal será a metade do DIN A4.

4) Pódense entregar ao Coordinador do EDLG ou profesorado do Departamento de Galego, escribindo o nome e curso do autor/a na parte posterior da postal.

5) O xurado de resolución estará composto polo profesorado de Galego, membros do EDLG e Dirección do Centro.

6) Concederanse un agasallo os mellores traballos nas seguintes categorías:

E.I

E.P.(agasallo por ciclo).

E.S.O.

7) O prazo de presentación das postais remata o día 10 de decembro de 2012.

 

EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

GAÑADORES/AS DO CONCURSO "A CASTAÑOLA MEIRANDE"

 

1º EP: MATÍAS

2º EP: AINOA

3º EP: ANA MARÍA

4º EP: ROBERTO

5º EP: BORJA

6º EP: ENRIQUE

1º ESO: PAULA P.

2º ESO: DIEGO

3º ESO: CARMEN R.C.

4º ESO: PEDRO

Noraboa a todos/as e grazas por participar.

CONSELLO ESCOLAR 2012

 

- O prazo de presentación de candidaturas será desde o día 13 ó 20 de novembro ata as 17.15 (ambos incluídos). Poderase solicitar o modelo de presentación de candidaturas na Secretaría do centro, e entregarase no mesmo lugar.

- O xoves, 29 de novembro, na biblioteca, terán lugar as votacións para a representación de alumnado, persoal de administración e servizos, pais/nais/titores,-as legais, no seguinte horario:

a) Persoal de administración e servizos: de 12.00 a 12.30

b) Alumnado: de 12.45 a 13.45

c) Pais/nais/titores,-as legais: de 17.30 a 20.30

- O sorteo dos membros das mesas electorais celebrarase, na biblioteca, o xoves, 22 de novembro, ás 15.20 horas.

Magosto

 

“A CASTAÑOLA”

 

CONCURSO: A CASTAÑA MEIRANDE.

OBXECTIVOS:

- SENSIBILIZAR OS ALUMNOS/A DA IMPORTANCIA DA CASTAÑA NA      NOSA LOCALIDADE.

- ENXALZAR ESTE PRODUTO TÍPICO DO OUTONO E  DA ZONA.

- DESTACAR A INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA DA CASTAÑA DE GALICIA.

- PROMOVER A CREACIÓN DE NOVOS SOUTOS DESTINADOS A PRODUCIR CANTIDADES IMPORTANTES, ADAPTADAS AOS PRINCIPAIS USOS ACTUAIS

CONCURSANTES: TODOS OS CURSOS E PROFESORES/AS.

PRAZO DE ENTREGA: ANTES DO 30 DE OUTUBRO.

BASES DO CONCURSO:

-  CADA ALUMNO/A,  PROFESOR/A  TRAERÁ Ó COLEXIO A CASTAÑA MEIRANDE QUE ATOPE NO SEU SOUTO ( UNHA CASTAÑA).

XURADO E RESOLUCIÓN:

OS PROFESORES/AS E TITORES/AS DE CADA CURSO ELIXEN A CASTAÑA MEIRANDE NA SÚA CLASE.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA FARÁ UNHA EXPOSICIÓN NO CORREDOR CENTRAL DO CENTRO COAS CASTAÑAS MEIRANDES ( UNHA POR CURSO ).

AGASALLO??? A CASTAÑA MEIRANDE DE CADA CURSO LEVARÁ UN AGASALLO SORPRESA, QUE SE ENTREGARÁ Ó ALUMNO/A, PROFESOR/A CORRESPONDENTE O 9 DE NOVEMBRO, NA CELEBRACIÓN  DO MAGOSTO.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

CONSELLO ESCOLAR 2012: SORTEO XUNTA ELECTORAL

O martes, 6 de novembro, ás 12.45, na biblioteca do centro, procederase ó sorteo público dos membros da Xunta Electoral, que estará formado, ademais de pola directora, por un membro do profesorado, un pai ou unha nai (ou titor/a legal), unha persoa representante do PAS e un membro do alumnado de ESO

FITOFALADOIRO: ACTIVIDADES DO CURSO 2023-24.

Seguindo este ENLACE pódense consultar ás actividades realizadas ao abeiro do Fitofaladoiro durante este curso 2023-24.

Tamén podes acceder con este código QR.

Powered by Drupal - Design by artinet