CONSULTA DO PLAN DIXITAL VIXENTE

Pódese consultar o Plan Dixital en vigor neste curso no seguinte ENLACE.

Día de Rosalía - 2023-24

Para conmemorar esta data, o alumando de Primaria e Secundaria elaborou uns poemas que se colocaron no taboleiro do centro.
Posteriormente, con motivo do Día da Poesía, o 21 de marzo, ese alumnado levou a cabo un recital deses poemas no equipo de radio do centro, Ponte nas Ondas. Facendo click neste ENLACE podes escoitalo.
O 22 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO visitou a Casa Museo de Rosalía, en Padrón e o Museo do Pobo Galego.

Letras Galegas - 2024

O pasado xoves 16 de maio celebramos o día das letras galegas con música e uns obradoiros de regueifas centrados na figura da homenaxeada este ano 2024, Luísa Villalta.

PROXECTO DE FOMENTO DE USO DO GALEGO - 2023-24

No documento adxunto pódese consultar o PROXECTO DE FOMENTO DE USO DO GALEGO do curso 2023-24.

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CORPORAL.

O pasado venres, o alumnado de 2° ESO desfrutou dun obradoiro de percusión corporal con Benito Buide.

 

  

Día da Muller: 8M

Branca Villares acudiu ao centro para celebrar o Día da Muller. Para isto, o alumnado levou a cabo a actividade Rap-Trap-Troupe, que consistiu na elaboración de composicións propias partindo de métrica da música tradicional (coplas, cuartetas,...).

Día de Rosalía de Castro - 2022-23

O 23 de febreiro, o alumnado de Primaria e Secundaria participou nunha actividade que consistiu na elaboración de poemas propios. O alumnado de Primaria tomou como base vocabulario de Cantares Gallegos e o de Secundaria partiu das coplas populares coas que a autora comeza a maior parte das composicións que integran o devandito libro.

Día da Lingua Materna

O 21 de febreiro visitounos Ana Carreira para facer un contacontos con Infantil e Primaria.

 

Programacións de INFANTIL (2023-24)

Achéganse as programacións deste curso 2023-24 nos ficheiros adxuntos.

Programacións de 1º e 2º de PRIMARIA (2023-24)

Achéganse as programacións deste curso 2023-24 nos ficheiros adxuntos.

Powered by Drupal - Design by artinet