Taboleiro

TEATRO DE MONICREQUES - 2023

O alumnado de Infantil a 4º de Primaria asistiu á representación dunha obra de teatro de guiñol do grupo Trécola.

BO NADAL E BOA LECTURA! (2023)

 

Desde o colexio desexamos que pasedes un bo Nadal: velaí vai o noso VÍDEO - POSTAL.

 

E tamén vos animamos a seguir lendo durante as vacacións. Mirade os libros que recomenda o equipo da biblioteca AQUÍ.

Novas sobre o pago do comedor escolar

Este curso 2023-24 haberá cambios no pago do comedor escolar no noso centro.

Faga click neste VÍDEO para informarse.

OS DEREITOS HUMANOS

Ao longo desta semana o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP conmemoraron o 10 de Decembro, Día dos Dereitos Humanos realizando xusto cos seus titores diversas actividades co obxectivo de que  coñezan a importancia da defensa e protección dos dereitos da infancia nas sociedades.

 

  • Primeiramente coñeceron cales son os dereitos fundamentais da infancia a través da á web da Asociación Rayuela que leva moitos anos realizando campañas de sensibilización. Comentando coa axuda dos seus profes en qué consiste cada dereito e debatendo si se cumplen ou non na realidade que eles viven, e que pasa cando non se cumplen. 

 

  • As nenas e nenos de 1º de primaria elaboraron o seu propio pasaporte de dereitos: dereito a unha identidade, unha nacionalidade, a recibir unha educación, a ter unha familia....

Esta actividade forma parte do programa do Departamento de Orientación O mundo que queremos, que ten como obxectivo sensibilizar ao alumnado sobre a realidade social, cultural e medioambiental na que medran.

CHARLAS AO ALUMNADO DA ESO DA ASOCIACIÓN AESLEME "TE PUEDE PASAR"

Esta última semana de Novembro o alumnado da ESO participou no programa de prevención de accidentes de tráfico "Te puede pasar" que leva a cabo a asociación Aesleme de Galicia a través desta campaña nos centros educativos.

A charla realizada por Juan, formador da asociación, contribuiu a fomentar entre o alumando a concienciación dos factores de risco nos acidentes, (consumo de susbtancias, incumplimento das normas....) qué facer no caso de presenciar un acidente, e as consecuencias que poden derivarse das imprudencias como condutores ou peóns (lesións medulares ou traumatismo craneoencefálico entre outros).

 

Asociación Española de Lesión Medular

CHARLA PARA PAIS E NAIS. Luns 30 de maio de 19 a 21h

O luns 30 de maio realizarase unha charla aberta a todas as familias do centro de 19 a 21h.

Será levada a cabo pola orientadora, e abordaranse diversos aspectos relacionados coa educación e o tipo de axuda que dende o ámbito familiar, se lle pode prestar aos fillos e fillas.

Animádevos a asistir!

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

 

Aberto o prazo para solicitude de becas ao alumnado con necesidades educativas especiais.

 

O prazo finaliza o 30 de setembro do 2022

Consulta aquí cómo solicitala

Se tes algunha dúbida ponte en contacto co servizo de Orientación

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E VOCACIONAL

09/05/2022 06:12

MATERIAS NA ESO CURSO 2022-23

 

 

TEST DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

Realizar algún test de orientación vocacional pode axudarte na toma de decisións sobre o teu futuro académico e profesional. No primeiro panel atoparás test xerais para axudarte a escoller materias e ramas de coñecemento en BAC. O segundo panel é específico para escoller grado de FP 

 

 

 

Se o que precisas é escoller FP:

 

NOVOS CAMBIOS NA AVALIACIÓN

A AVALIACIÓN E A TITULACIÓN NA ESO

Desprazade o rato polas imaxes en movemento para obter mais información. Fai clic na flecha da dereita para cambiar de páxina e consultar información sobre a titulación.

 

A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA

Move o rato polas imaxes en movemento para obter mais información

 

Powered by Drupal - Design by artinet