Orientación

SE TE LÍAN NON TE LÍES

Esta semana o alumando de 1º e 2º da ESO comezou cos talleres de Atención Integral á prevención do tabaquismo nos adolescentes "Se te lían non te líes" da REGAPS (Rede Galega de Promoción da Saúde) impartidos pola enfermeira e emfermeiros da especialidade en familia comunitaria Candela Fraga e Manuel González, a residente de enfermería da mesma especialidade Sandra García e a psiquiatra do centro de drogodependencias de Lugo Gabriela Kleps

 

O obxectivo do programa é concienciar á rapazada da problemática do tabaquismo e doutras adiccións, e empoderalos para a toma de decisión axeitadas.

Nesta  primeira sesión, das 5 que se realizarán ao longo do curso, aproximouse ao alumnado aos mitos e conceptos erróneos interiorizados pola sociedade sobre as drogas, en especial tabaco e cannabis, e a través dun obradoiro participativo elaboraron slogans subliminais incitadores ao consumo coa finalidade de tomar conciencia sobre a influencia subliminal á que están de xeito cotiá sometidos.

Na próxima sesión abordarase a toma de decisións e a presión grupal a través de gafas de realidade virtual, co programa da Xunta de Galicia "Sanidade Mediaverso" e a aplicación "Nas túas mans"

SEGURIDADE VIAL

 

Te puede pasar". Charla sobre Seguridad Vial - Colegio EL ATABAL

 

Este mércores as alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO escoitaron de primeira man o testimonio de Félix, membro da Asociación Española de Lesión Medular Espinal, quen incidiu nos factores de risco e de protección que debemos ter en conta como usuarios da vía ou de calquera vehiculo de cara á prevención de accidentes. 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA

Este mes de setembro no marco do Plan Director, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla sobre os riscos dos videoxogos. 1º e 2º de ESO sobre os riscos do consumo de alcol e bebidas enerxéticas, e 3º e 4º de ESO as problemáticas asociadas ao comsumo de tabaco, vapeadores e canabis. 

 

 

Ao longo do curso, o alumnado destes grupos recibirá mais charlas sobre as temáticas que aborda o Plan Director: acoso escolar, violencia sobre a muller, delitos de odio...

A etapa da ESO

Familias, grazas a todas e todos por asistir á charla para pais e nais de 6º de primaria sobre a etapa da ESO, e aos que non puidestes vir, aquí tedes a guía onde se resumen as características mais importantes, materias que cursarán na etapa, avaliación e promoción, e os momentos nos que terán que tomar decisións sobre os seus estudos posteriores. 

 

Guía ESO Baralla de Noa Varela

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO

SOLICITUDE DAS BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

 

PRAZO

·       Do 30 de Abril ao 13 de setembro do 2024 (ambos inclusive)

ORDE DA CONVOCATORIA:

·       Resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024-2025

TIPOS DE AXUDAS

·       Axudas directas á reeducación logopédica ou pedagóxica (máximo 913 euros) (Discapacidade igual ou superior ao 25% e cumprir criterios de renda)

·       Axudas para programas específicos e complementarios á educación regrada para o alumnado con Altas Capacidades (Cumprir criterios de renda)

·       Subsidios familia numerosa (Discapacidade igual ou superior ao 25%)

·       Subsidio de contía fixa e carácter xeral (400 euros)(Independente da renda. Require acreditación de discapacidade igual ou superior ao 25% ou Altas Capacidades)

QUEN PODE SOLICITALA

·       Aquel alumnado, incluído o TDAH, que requira de determinados  apoios e axudas específicas derivadas de discapacidade, trastornos graves da conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

  •   Requírese acreditación de discapacidade igual ou superior ao 25%

·       Alumnado de altas capacidades para a realización de programas específicos complementarios á educación regrada

COMO SOLICITALA

·       A través da sede electrónica, cubrindo o formulario Aquí
·       Deberán cumprirse os requisitos establecidos na convocatoria anual

Día de concienciación do autismo

Ao longo desta semana o alumnado das etapas de infantil, primaria e ESO realizarán lecturas compartidas e visionado de varias curtametraxes co obxecto de sensibilizar e concienciar sobre o valor da diversidade e achegarse á realidade das persoas autistas.

TRABALLANDO A PRESIÓN DE GRUPO CO PROGRAMA QUÉROTE +

O profesorado de 3º de ESO continúa traballando co alumnado os retos sociais actuais que plantean a afectividade e a sexualidade.

Desta volta, nas clases de Xeografía e Historia da man do profesor Fernando Rosales, abordaron a presión de grupo na adolescencia coa dinámica "Cultivando habilidades", na que por parellas foron representando a través de rollplaying diferentes situacións sociais de presión ás que adoitan ter que enfrentarse os adolescentes (fumar, manter relacións sexuais, compartir fotografías non desexadas por instagram...) co obxectivo de aprender a artellar estratexias de negación e tomar decisións propias, independentes do grupo de pares.

Traballaron tamén o concepto de consentimento sexual visionando o vídeo de "Unha taza de té" e reflexionaron sobre cales son as condutas respetuosas ou cando se trata da sexualidade propia e da de terceiros.

Podedes consultar con mais detalle tódolos contidos e as actividades realizadas ao longo do curso en relación a este programa do Plan Proxecta, na Aula Virtual do centro, na sección Quérote +, e á que os vosos fillos e fillas teñen acceso dende o seu perfil.

TALLER DA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Desta volta para a ENAPA tocounos aprender en familia!.

O ano pasado tivemos con nós á nutricionista Ángeles Novo que nos deu consellos para comer saudable, e este curso propuxémonos como reto levalo á práctica da man do noso cociñeiro Adrián Domínguez, que nos ensinou con paciencia e sabiduría a preparar tres magníficas receitas cheas de saúde e diversión!

Grazas Adrián, prometemos practicar na casa! (Descargar aquí as receitas)

Obradoiro de cociña ENAPA Baralla Video de Noa Varela

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRADO MEDIO

Aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso aos ciclos formativos de Grado Medio dende hoxe 26 de febreiro a o 8 de marzo.

A celebración das probas será o 23 de Maio.

Poderase presentar aquel alumnado que o desexe con mais de 17 anos ou a cumplir no ano natural de celebración da proba.

Mais información en orientación, ou accedendo ao enlace da web de FP da Xunta: 

https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual 

Powered by Drupal - Design by artinet