Día da muller traballadora (08/03)

Obradoiro de regueifas con Sara Marchena

E para seguir conmemorando o Día Internacional da Muller, o 13 de Marzo veu ao centro SARA MARCHENA, muller galega, filóloga e regueifeira, para pór en valor un xénero pouco visibilizado entre a nosa mocidade que permitíu a alumnado e profesorado pasar unhas sesiósn moi entretidas.

Sara impartíu dous obradoiros de regueifas, un para 4º, 5º e 6º de Primaria e outro para Secundaria. Ademais de introducirnos neste xénero contounos varios trucos para iniciarnos na práctica.

A regueifa é un xénero de poesía oral improvisada galega. Consiste nunha contenda verbal cunha melodía fixa entre dous bandos xeralmente a través de cuartetas oitosilábicas con rima (asonante ou consoante) nos versos pares. A súa orixe etimolóxica remóntase ao árabe, co significado de “pan de voda ‟. A regueifa desenvolveuse no contexto dos casamentos, aínda que actualmente se extrapola a calquera contexto público ou semiprivado.

 

Obradoiro de Regueifas con Sara Marchena

Obradoiro de Regueifas con Sara Marchena

8 de marzo

Aproveitamos os textos de Anaír Rodríguez e as ilustracións de  Abi Castillo  do segundo volume de PIONEIRAS. GALEGAS QUE ABRIRON CAMIÑO, da Editorial Xerais, para poñer en valor o traballo de mulleres valentes e decididas, que se atreveron a desafiar as normas establecidas na sociedade galega na que vivían e acadar grandes logros que fixeron maís doado o camiño as que viñemos detrás.

A través do taboleiro do EDLG demos a coñecer á comunidade educativa a María Cardarelly (primeira fotógrafa con estudo propio), a Manuela Barreiro Pico (primeira licenciada galega), a Joaquina García (inventora dos primeiros traxes de auga), María Barbeito (pioneira da renovación pedagóxica), Concepción Pérez Iglesias (prmeira alcaldesa), a María Mariño (primeira actriz en escenarios americanos) a Elisa Patiño (primeira aeronauta), a Ángela Ruíz Robles (autora do primeiro prototipo de libro electrónico), a Antonia Ferrín (primeira astrónoma), a Antonia Sanjurjo (precursora do hockey sobre herba) e a Rita F. Queimadelos (primeira arquitecta galega).

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Aquí deixamos a proposta do equipo de normalización para celebrar este día, que tamén podedes ver na seguinte ligazón:

http://arredordemanuelmaria.blogspot.com.es/p/dia-da-muller-traballadora-0803_16.html

 

Día da muller traballadora (08/03)

 
En Remol, Manuel María dedica un poema á muller galega, muller traballadora e esquecida, á que non se lle renden homenaxes; aquí tedes un fragmento do poema:

 

As mulleres galegas -labregas,
mariñeiras, artesás, obreiras,
pasado, pobo, presente,
alma e futuro de Galicia-
non foron cantadas
polos poetas cultos e premiados,
pechados nas súas torres de almasí:
eles, tan sensibles, non podían
adicarlles rondós e madrigales,
sonetos perfetísimos
a donas que falan en galego,
que son a forza do pobo,
porque non teñen xeitos requintados,
deprendidos en colexos elegantes,
nin vestidos fermosos,
nin frases retorneadas
- nunca foron á escola,
nin alternaron tampouco en sociedade -
i as súas maus non se semellan
ás azas dos paxaros,
nin teñen soavidades de veludo:
están encallecidas polo traballo,
son duras como as pedras,
só tenras pro garimo,
con soavidades de mel
pra perdoar e comprender,
pra sementar tenrura e máis amor,
pra arrincar odios.
 
Habitualmente, lembramos neste día a mulleres que destacaron na historia, na ciencia, na literatura... que ben o merecen! Pero a nosa proposta, inspirada por este poema de Manuel María, é render unha homenaxe a esas mulleres que temos preto: as nais, avoas, irmás, tías, sogras, veciñas, amigas, compañeiras...
Cadaquén á súa maneira: dedicándolles uns versos, escribindo a razón de que sexan tan importantes para nós, redactando unha carta, enviándolles unha aperta... xa que tamén: ben o merecen!
Lembrade subir as vosas homenaxes á pestana correspondente ou envialas a bepeal1@gmail.com.

Powered by Drupal - Design by artinet