Quérote+

TRABALLANDO A PRESIÓN DE GRUPO CO PROGRAMA QUÉROTE +

O profesorado de 3º de ESO continúa traballando co alumnado os retos sociais actuais que plantean a afectividade e a sexualidade.

Desta volta, nas clases de Xeografía e Historia da man do profesor Fernando Rosales, abordaron a presión de grupo na adolescencia coa dinámica "Cultivando habilidades", na que por parellas foron representando a través de rollplaying diferentes situacións sociais de presión ás que adoitan ter que enfrentarse os adolescentes (fumar, manter relacións sexuais, compartir fotografías non desexadas por instagram...) co obxectivo de aprender a artellar estratexias de negación e tomar decisións propias, independentes do grupo de pares.

Traballaron tamén o concepto de consentimento sexual visionando o vídeo de "Unha taza de té" e reflexionaron sobre cales son as condutas respetuosas ou cando se trata da sexualidade propia e da de terceiros.

Podedes consultar con mais detalle tódolos contidos e as actividades realizadas ao longo do curso en relación a este programa do Plan Proxecta, na Aula Virtual do centro, na sección Quérote +, e á que os vosos fillos e fillas teñen acceso dende o seu perfil.

DIVERSIDADE SEXUAL

O alumnado de 3º de ESO continuou traballando sobre educación sexual no marco do programa Quérote +. Desta volta, abordaron coa profesora de inglés Ángeles, a importancia da diversidade sexual, e idearon varios slogans e cartazos para a súa reivindicación.

Quérote +

O alumnado de 3º de ESO realizou este luns a segunda sesión do programa Quérote + 

Desta volta abordamos a sexualidade como un concepto integral, un continuo na vida das persoas que abarca non só o sexo biolóxico ou a erótica, senón tamén a afectividade e a identidade. 

Aprendemos xuntas a través do traballo colaborativo, primeiro en parellas e en pequenos grupos despois, partindo dun torbellino de ideas individual inicial. E para rematar visionamos unha simpática curtametraxe (The Gift) para a reflexión.

QUÉROTE + . COMEZO DO PROGRAMA AFECTIVO SEXUAL CON 3º ESO

alumnado de 3º da ESO participa este curso no Programa Quérote + de educación afectivo sexual pertencente ao Plan Proxecta.

Este luns coñeceron da man da orientadora os  obxectivos, contidos e finalidade deste programa que se  desenvolverá ao longo de todo o curso de forma transversal a través de diferentes materias dende as que se abordarán, entre outros contidos, a diferencia entre identidade e orientación sexual, as influenzas negativas da idea do amor romántico e das redes sociais na construcción da identidade sexual, así como a prevención de enfermidades de transmisión sexual.

A súa finalidade é que mozos e mozas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio.

Tamén coñeceron a ubicación en Lugo do centro Quérote, onde poden  solicitar asesoramento afectivo sexual presencial ou consultar dúbidas a través das canles de wasap, telegram ou en liña a través da súa web. 

Familias, velaí tedes unha presentación do Programa.

Quérote+

As Unidades didácticas que vaiamos desenvolvendo iranse aloxando na Aula Virutal, e o alumnado poderá  acceder a elas en calquera momento.

Ao rematar o curso, o grupo de 3º compartirá o aprendido co alumnado de 2º de ESO, xa que na adolescencia o grupo de iguais con maior idade, adoitan ter unha maior influencia no espazo de relación, polo que se converten, moitas veces, en referentes e exemplos dos que gostan seguir.

 Aquí tedes un enlace con máis información sobre este programa pertencente ao Plan Proxecta 

 

IMAXE CORPORAL E AUTOESTIMA

O alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu este luns unha charla sobre Imaxe Corporal e Autoestima a cargo de Xose Mosteiro, traballador social do centro Quérote + de Lugo, con quen puideron abordar diferentes aspectos claves do desenvolvemento socioafectivo na adolescencia: a importancia da autoaceptación da propia imaxe, a diversidade corporal, a necesidade do fomento da autoestima, ou cómo desenvolver o sentido crítico ante os valores estéticos imperantes.

Os centros Quérote dispoñen dun servizo gratuito e anónimo no que poderás consultar mediante Whatsapp tódalas dúbidas que teñas en relación á sexualidade, a afectividade, ou problemáticas relacionadas coa conduta alimentaria ou e as adicións.

Escanea o seguinte código QR e garda o contacto no teu móbil para consultar cando o precises.

A charla forma parte do programa de orientación O mundo que queremos, no que se traballa co alumando da ESO temáticas de interese social e de actualidade. 

 

Foto

(Imaxe do Centro Quérote + en Lugo)

O MODELO DO AMOR ROMÁNTICO

Nesta sesión de traballo

A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL

A sesión comeza achegándose á diversidade sexual a través dun vídeo e de diferentes blogs de actualidade como o de "No Soy tu chiste" que poñen en valor a diversidade 

 

 

imaxe do Blogs: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpidiazmoreno/aulavirtual/mod/url/view.php?id=15583

Finalmente realizan por grupos unha tarefa: deseñar un cartel que poña en valor a diversidade sexual

A EDUCACIÓN SEXUAL

Nesta sesión o alumnado comeza o traballo da ficha 2 do proxecto " A educación sexual". Velaí a escolla que realizan sobre palabras relacionadas coa educación sexual

 

Despois na aula virtual cada un vai deixando as súas definicións sobre os conceptos clave que irán traballando:

Unha vez visionado o vídeo explicativo "A ecuación do sexo" o alumando modifica as definicións feitas en primer lugar.

RESOLVENDO DÚBIDAS SOBRE SEXUALIDADE

O alumnado aprendeu como poñerse en contacto con expertos, de xeito seguro e anónimo para solventar dúbidas sobre sexualidade.

 

QUÉROTE + nas redes

A EDUCACIÓN SEXUAL. REFLEXIÓNS PREVIAS SOBRE O PROCESO DE SEXUACIÓN

O proceso de sexuación é un proceso a través do cal nos imos convertendo en mulleres e homes diversos mais aló dos feitos biolóxicos.

Cómpre polo tanto achegar a visión da sexualidade no alumnado e favorecer actitudes e condutas saudables e respetuosas. Con esta finalidade o grupo de terceiro veu o video "A Ecuación do sexo" co seu titor, tralo que tiveron un pequeno debate de reflexión, antes de realizar as actividades de Redefinción de conceptos erróneos sobre a sexualidade.

 

Powered by Drupal - Design by artinet