O alumnado de 3º da ESO coñeceu da man do seu titor os obxectivos, contidos e finalidade do Programa Quérote + que desenvolverán ao longo de todo o curso.
As actividades terán un tratamento transversal, tanto a través das horas de titoría como de materias como Bioloxía e Tecnoloxía, dende as que se abordará a influencia das redes sociais na construcción da identidade sexual e prevención de enfermidades de transmisión sexual.
A súa finalidade é que mozos e mozas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa ssexualidade dun xeito positivo e satisfactorio.
Familias, velaí tedes unha presentación do Programa.
Ao rematar o curso, o alumando amosará o aprendido ao alumnado de 2º de ESO, xa que na adolescencia o grupo de iguais con maior idade, adoitan ter unha maior influencia no espazo de relación, polo que se converten, moitas veces, en referentes e exemplos dos que gostan seguir.
Aquí tedes un enlace con máis información sobre este programa pertencente ao Plan Proxecta