Lingua galega

INTERCAMBIO CO IES VAL MIÑOR (NIGRÁN)

O 30 de abril tivo lugar un intercambio entre o alumnado de 2º e 3º de ESO do noso CPI e o de 3º de ESO do IES Val Miñor, de Nigrán. Durante o mesmo levouse a cabo unha olimpíada deportiva pola mañá, logo comeron xuntos e pola tarde interpretaron varios sketchs na aula de audivisuais do colexio.
A experiencia foi moi satisfactoria para os alumnos/as de ambos centros.

Ver imaxes do evento AQUÍ.

Obradoiro de portugués

Esta semana fixemos un curso acelerado de portugués. Cos nosos profes Miguel Moreira e Irene López Batalha empezamos a coñecer as diferenzas e semellanzas que hai entre o portugués e o galego e as vantaxes de termos dúas linguas tan próximas. Esta actividade estivo organizada pola Deputación de Lugo e a AGAL (Associaçóm Galega da Língua).

 

Letras galegas 2023

Entra no blog da biblioteca

para ver o que fixemos no

festival das Letras Galegas.

Fai click aquí.

 

 

 

 

 

 

 

Día da Muller: 8M

Branca Villares acudiu ao centro para celebrar o Día da Muller. Para isto, o alumnado levou a cabo a actividade Rap-Trap-Troupe, que consistiu na elaboración de composicións propias partindo de métrica da música tradicional (coplas, cuartetas,...).

Día de Rosalía de Castro - 2022-23

O 23 de febreiro, o alumnado de Primaria e Secundaria participou nunha actividade que consistiu na elaboración de poemas propios. O alumnado de Primaria tomou como base vocabulario de Cantares Gallegos e o de Secundaria partiu das coplas populares coas que a autora comeza a maior parte das composicións que integran o devandito libro.

Día da Lingua Materna

O 21 de febreiro visitounos Ana Carreira para facer un contacontos con Infantil e Primaria.

 

Solsticio de inverno

No mes de xaneiro viñeron visitarnos residentes de San Vitorio para falarnos das diferentes tradicións relacionadas co solsticio de inverno, isto é, co Nadal e co Entroido. Este intercambio interxeracional foi moi satisfactorio para ambas partes.

25N

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Curso 20-21

No curso 2020-21 empregaremos a aula virtual, á que pode accederse a través da pestana "Aula virtual", desta mesma páxina (arriba).

Desde a aula virtual faranse as ligazóns necesarias ós distintos recursos que viñamos usando, entre eles:

- Blog "Ti dálle que malo será": https://tidallequemalosera.blogspot.com/

- Páxina de exercicios: http://www.linguagalega.org/

 

PROGRAMACIÓN 2020-21

Pódese consultar a programación no arquivo que se achega.

Powered by Drupal - Design by artinet