Letras galegas

Letras galegas 2023

Entra no blog da biblioteca

para ver o que fixemos no

festival das Letras Galegas.

Fai click aquí.

 

 

 

 

 

 

 

Novoneyra: o poeta do Courel.

Este ano, 2010, Uxío Novoneyra é o poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas. Aquí tedes algúns traballos elaborados polo equipo de biblioteca para resaltar a súa figura, así como ligazóns a outros sitios web que tratan sobre el.

  A continuación, poemas do outono,  con fotos do Courel e poemas de Novoneyra relacionados co tempo e, xa que logo, co tema do proxecto documental que estamos a traballar este ano: "A Astronomía". Incluímos  "Fontiña do Carabel", un poema  de "Os Eidos" que musicou o grupo coral "Sólo voces" no que canta a profesora Carmen Prendes.

 

 

Este calendario está feito con poemas de Novoneyra e fotos relacionadas co tempo ao longo do ano.


 

 

 

 

Manoel de Ribadaira foi unha vítima inocente do tempo que lle tocou vivir. Como en moitos outros lugares, no Courel tamén se practicaban "paseos" contra persoas que estaban baixo sospeita. Manoel foi unha delas. Con este poema de Novoneyra, se cadra pouco coñecido, recuperamos a memoria histórica.

manoel de ribadaira
View more presentations or Upload your own. 
Aquí tedes outra  actividade lúdica para aprender cousas sobre Novoneyra: datos da súa biografía, obras, termos dialectais...Todo cunha actividade en JCLIC (Entrar como convidado)

 

 

 Este traballo é un xogo con actividades sobre Uxío Novoneyra.  Está feito por un "cole" amigo: o CEIP "Condesa de Fenosa" de O Barco de Valdeorras.(Premer na imaxe)

 

 

 

 

.

Powered by Drupal - Design by artinet