A continuación, poemas do outono, con fotos do Courel e poemas de Novoneyra relacionados co tempo e, xa que logo, co tema do proxecto documental que estamos a traballar este ano: "A Astronomía". Incluímos "Fontiña do Carabel", un poema de "Os Eidos" que musicou o grupo coral "Sólo voces" no que canta a profesora Carmen Prendes.
Este calendario está feito con poemas de Novoneyra e fotos relacionadas co tempo ao longo do ano.
Manoel de Ribadaira foi unha vítima inocente do tempo que lle tocou vivir. Como en moitos outros lugares, no Courel tamén se practicaban "paseos" contra persoas que estaban baixo sospeita. Manoel foi unha delas. Con este poema de Novoneyra, se cadra pouco coñecido, recuperamos a memoria histórica.
Este traballo é un xogo con actividades sobre Uxío Novoneyra. Está feito por un "cole" amigo: o CEIP "Condesa de Fenosa" de O Barco de Valdeorras.(Premer na imaxe)
.