Visitas ó centro

INTERCAMBIO CO IES VAL MIÑOR (NIGRÁN)

O 30 de abril tivo lugar un intercambio entre o alumnado de 2º e 3º de ESO do noso CPI e o de 3º de ESO do IES Val Miñor, de Nigrán. Durante o mesmo levouse a cabo unha olimpíada deportiva pola mañá, logo comeron xuntos e pola tarde interpretaron varios sketchs na aula de audivisuais do colexio.
A experiencia foi moi satisfactoria para os alumnos/as de ambos centros.

Ver imaxes do evento AQUÍ.

25 DE NOVEMBRO

 

A semana pasada realizáronse diversas actividades no centro como conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Dúas charlas integradas dentro do Plan Director da Convivencia.

Para o alumando de 5º e 6º de primaria sobre a importancia da Igualdade, a libertade das mulleres e a loita contra os prexuízos de xénero. E para o alumnado de 1º e 2º de ESO con máis énfase na identificación dos signos da Violencia de xénero, o control, o abuso e características das relacións tóxicas.

Un taller didáctico para o alumando de 3º e 4º de ESO "Pola igualdade de xénero" impartidos por Candela Fraga e Sandra García, Enfermeiras de Familia e da comunidade, quenes de forma entretida e amena fixeron reflexionar ao alumnado a través do roll playing, videos, curtas e cancións sobre os estereotipos de xénero, o mito do amor romántico e a violencia de xénero ainda presentes na nosa sociedade.

 

 

Asemande, quixeron compartir con nós estes interesantes recursos cos que o alumnado poderá seguir reflexionando dende as horas de titorías no centro, e dende as súas casas, sobre a necesidade da eliminación da violencia contra a muller.

Moitas grazas polo voso traballo! Xuntas faise comunidade!

 

 

E como actividade final, o venres 24 o alumnado da ESO realizou un mural obituario cos nomes e a historia das mulleres asasinadas no que vai de ano.

 

 

 

AS 360 CURVAS DA FONSAGRADA

O pasado 21 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO puido coñecer da man dos creadores do documental 360 Curvas da Fonsagrada, Alejandro Gándara, Aridana Silva, Adrián Méndez e Manuel Lucas, os pasos a realizar nun proxecto artístico audiovisual, neste caso o proceso de creación dun  documental que mixtura pasado e presente, no que se relatan as protestas que nos anos 90 sacudiron as terras de Burón para esixir o mantemento dos servizos na comarca da Fonsagrada, actos de resitencia cívica que os creadores fan dialogar co momento actual.

O documental está nestes momentos en fase de producción, e durante a charla compartiron co alumnado a evolución que se foi producindo dende unha idea inicial, xurdida a raíz das imaxes de arquivo do fotógrafo fonsagradino Manuel Fernández, ata pasar polas diferentes fases de preproducción, documentación audiovisual, entrevistas á veciñanza, guión, ata chegar ás finais de edición e montaxe.

360 curvas chegará á pantalla o próximo verán, e o alumnado poderá desfrutar do resultado final, sendo coñecedores de todas as fases dunha producción orixinal e próxima á súa realidade rural.

 

SEGURIDADE VIAL

 

O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla este luns sobre Seguridade Vial a cargo de Daniel Prada, ponete e colaborador da asociación AESLEME de Galicia (Asociación para o Estudio da Lesión Medular), quen lles transmitiu a importancia da prevención de accidentes como peatóns, usuarios de bicicletas e monopatín, normas básicas de seguridade e hábitos incorrectos que debemos evitar.  

 

ENAPA

O pasado mécores tivo lugar a primeira sesión da escola de nais e pais Barallando Xunt@s deste curso. Recibimos información e consellos moi importantes sobre a promoción do uso responsable do móbil en familia, da man de Lorena e María de Alar Galicia.

Tal e como vos prometemos na sesión déixovos aquí uns interesantes enlaces sobre ferramentas para o control parental:

Vémonos na vindeira xuntanza cara finais do mes de novembro cunha actividade en familia (pais/nais e fillas/os) da que máis adiante vos daremos detalle.

VISITA DE ANTIGAS ALUMNAS E ALUMNOS AO ALUMNADO DE 4º DE ESO

Hoxe, no marco do Programa de Orientación Académico e Vocacional, Miguel e Bea -antigos alumnos do centro- visitaron ao alumnado de 4º de ESO para compartir a súa experiencia académica e profesional destes últimos anos.

De xeito natural e cercano, conversaron co noso alumnado sobre as dificultades e as oportunidades que lles agardan nas vindeiras etapas, consellos prácticos para afrontar os estudos de Bacharelato e de Grao, e a realidade actual do mundo laboral. 

Esta semana o foco de interese centrábase nos estudos superiores de Grao, e o vindeiro luns poderemos desfrutar da visita de antigos alumnos e alumnas que se formaron na Formación Profesional, e que actualmente traballan na contorna próxima ou continúan os seus estudos.

Moitas grazas Miguel e Bea por compartir o voso tempo e enerxía con nós! Sen dúbida, unha visita alentadora para o alumnado.

APUNTÁMONOS A NON BEBER

O alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu hoxe a segunda sesión formativa do programa Apúntome a non beber pertencente ao Plan Proxecta, e que impartiu novamente o médico Ángel Usero.

Inicialmente lembraron entre todas e todos qué é unha adicción, e os problemas e as contradiccións que o consumo de alcol conleva na nosa sociedade. Aspectos que tamén estiveron a traballar previamente nas sesións de titoría da man dos seus titores.

Na xornada de hoxe, abordáronse as estratexias que emprega a publicidade para promover o consumo de alcol, e a importancia de estar advertidos de cómo empregan valores positivos ou vinculados ao éxito ou ao deporte, para asocialos ás bebidas alcólicas e relativizar o seu consumo.

Finalmente, Ángel Usero deulles pautas sobre como desenvolver o proxecto final de aula, no que deberán deseñar baixo soporte libre -cartel, radio, web...- unha campaña contrapublicitaria sobre as bebidas alcólicas ou enerxéticas.

Tódolos centros participantes da comunidade poderán optar a un premio á mellor CAMPAÑA DE CONTRAPUBLICIDADE que consistirá nun día no parque acuático de Cerceda.

Mans á obra rapazada!! Ese premio pode ser voso!!

E a finais do mes de maio, Ángel Usero impartirá unha charla específica para familias na que se abordará a prevención do consumo de alcol en adolescentes e doutros consumos de risco vinculados ao alcol. Avisarémosvos cando esté fixada unha data.

 

RISCOS DE INTERNET

O xoves, 8 de maio, ás 15.00 horas, terá lugar o cuarto seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática dos riscos no uso de Internet.

Ramón Peña, membro da Garda Civil, será quen se encargue de impartir a charla e responder as dúbidas que teñan ó respecto.

NOVA CHARLA DIRIXIDA ÁS FAMILIAS

O próximo luns, 28 de abril, ás 15.00 horas, no CPI Luís Díaz Moreno, terá lugar o terceiro seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática de drogas e alcohol.

Ramón Peña, membro da Garda Civil, será quen se encargue de impartir esta charla, na que se poderán consultar as dúbidas e inquedanzas que xurdan.

 

CONVERSAS DE SEXUALIDADE CON PAIS E NAIS

O luns, 31 de marzo, ás 15.00 horas, terá lugar o segundo seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática de sexualidade.

Nesta ocasión, será Xosé Manuel Mosteiro, traballador social e sexólogo do centro de asesoramento afectivo-sexual "Quérote" de Lugo, quen se encargue de impartir a charla: "Conversas de sexualidade con pais e nais".

Ó igual que no primeiro seminario, vostedes poderán consultar as dúbidas e inquedanzas que teñan ó respecto.

Powered by Drupal - Design by artinet