Apúntome a non beber

APUNTÁMONOS A NON BEBER

O alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu hoxe a segunda sesión formativa do programa Apúntome a non beber pertencente ao Plan Proxecta, e que impartiu novamente o médico Ángel Usero.

Inicialmente lembraron entre todas e todos qué é unha adicción, e os problemas e as contradiccións que o consumo de alcol conleva na nosa sociedade. Aspectos que tamén estiveron a traballar previamente nas sesións de titoría da man dos seus titores.

Na xornada de hoxe, abordáronse as estratexias que emprega a publicidade para promover o consumo de alcol, e a importancia de estar advertidos de cómo empregan valores positivos ou vinculados ao éxito ou ao deporte, para asocialos ás bebidas alcólicas e relativizar o seu consumo.

Finalmente, Ángel Usero deulles pautas sobre como desenvolver o proxecto final de aula, no que deberán deseñar baixo soporte libre -cartel, radio, web...- unha campaña contrapublicitaria sobre as bebidas alcólicas ou enerxéticas.

Tódolos centros participantes da comunidade poderán optar a un premio á mellor CAMPAÑA DE CONTRAPUBLICIDADE que consistirá nun día no parque acuático de Cerceda.

Mans á obra rapazada!! Ese premio pode ser voso!!

E a finais do mes de maio, Ángel Usero impartirá unha charla específica para familias na que se abordará a prevención do consumo de alcol en adolescentes e doutros consumos de risco vinculados ao alcol. Avisarémosvos cando esté fixada unha data.

 

APUNTÁMONOS A NON BEBER

Neste curso, dentro do Plan Proxecta, temos un programa novo para o alumnado de 1º e 2º de ESO: APUNTÁMONOS A NON BEBER.

O obxectivo é a prevención do consumo de alcol en menores e o retraso na idade de inicio do seu consumo.

O consumo de bebidas alcohólicas xera cambios físicos e mentais e, ademais pode desenvolver dependencia e tolerancia. Estes riscos agrávanse cando quen consume alcohol é unha persoa menor de idade.

O alumnado recibirá 3 charlas ao ongo do curso da man de diferentes profesionais do ámbito sanitario, coa finalidade de tomar conciencia ante os riscos do alcol, así como a realización de diferentes actividades na hora de titoría.

Ao final do curso, cada grupo clase deseñará unha campaña publicitaria destinada á prevención do seu consumo, coa que participarán no concurso a nivel autonómico, na que o grupo ganador pasará un día no Parque Acuático de Cerceda. 

Hoxe o alumnado recibiu a primeira destas charlas de sensibilización a cargo de Ángel Usero, médico de Sanidade e un dos coordinadores do programa na provincia.

CARTEIS SELECCIONADOS PARA A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO

CARTEL SELECIONADO EN 1º ESO

 

 

CARTEL SELECCIONADO EN 2º DE ESO

 

CARTEIS DE 1º DE ESO

Estes son os carteis realizados para a campaña de contrapublicidade

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ELABORACIÓN DE CARTEIS DE CONTRAPUBLICIDADE EN 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO elaborando as súas campañas de contrapublicidade

 

 

ELABORACIÓN DE CARTEIS PARA O CONCURSO APÚNTOME A NON BEBER

O alumnado de 2º da ESO comeza a elaboración dos carteis para o concurso do programa Apúntome a non beber.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet