Neste curso, dentro do Plan Proxecta, temos un programa novo para o alumnado de 1º e 2º de ESO: APUNTÁMONOS A NON BEBER.
O obxectivo é a prevención do consumo de alcol en menores e o retraso na idade de inicio do seu consumo.
O consumo de bebidas alcohólicas xera cambios físicos e mentais e, ademais pode desenvolver dependencia e tolerancia. Estes riscos agrávanse cando quen consume alcohol é unha persoa menor de idade.
O alumnado recibirá 3 charlas ao ongo do curso da man de diferentes profesionais do ámbito sanitario, coa finalidade de tomar conciencia ante os riscos do alcol, así como a realización de diferentes actividades na hora de titoría.
Ao final do curso, cada grupo clase deseñará unha campaña publicitaria destinada á prevención do seu consumo, coa que participarán no concurso a nivel autonómico, na que o grupo ganador pasará un día no Parque Acuático de Cerceda.
Hoxe o alumnado recibiu a primeira destas charlas de sensibilización a cargo de Ángel Usero, médico de Sanidade e un dos coordinadores do programa na provincia.